Ulmaceae

As ulmáceas (Ulmaceae) son unha familia de árbores caducifolias e arbustos da orde Rosales.

Ulmaceae
Ulmaceae
Umeiro mediterráneo (Ulmus minor)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Rosales
Familia: Ulmaceae
Mirb.
Xéneros
  • Ampelocera
  • Aphananthe
  • Chaetachme
  • Hemiptelea
  • Holoptelea
  • Lozanella
  • Phyllostylon
  • Planera
  • Ulmus
  • Zelkova

Descrición

Teñen follas simples alternas, a miúdo asimétricas, con estípulas caducas. Flores na súa maioría hermafroditas; monoclámideas; cáliz con 4 - 9 sépalos soldados; con 4 - 6 estames episépalos; xineceo bicarpelar, sincárpico, con dous estigmas patentes; comunmente agrupadas. Froito en sámara ou en drupa arredondada.

Sistemática

Está composta por unhas 140 especies das zonas tépedas subtropicais e tropicais do hemisferio norte, dous xéneros en Europa.

O nome da familia Ulmaceae provén desde 1815 Charles François Brisseau de Mirbel en Elem. Physiol. Veg. Bot., 2, S. 905. O xénero tipo é Ulmus L. (os umeiros). A familia das Ulmáceas durante moito tempo só tivo dúas subfamilias: Ulmoideae e Celtidoideae dentro da ordo Urticales. Estudos de xenética molecular revelaron que as seis ou sete familias e 2.600 especies da anterior ordo Urticales pertencían á orde Rosales. Resultou que a subfamilia Celtidoideae, cos xéneros Aphananthe, Celtis, Gironniera, Pteroceltis e Trema non se asocian xa á subfamilia Ulmoideae, senón que eses xéneros que se enmarcaban na subfamilia Celtidoideae pertencen en realidade ás Cannabaceae.

Familias relacionadas dentro da orde Rosales:

Rosales

Rosales s.str.

ex‑Urticales

Ulmaceae

Cannabaceae

Moraceae

Urticaceae

Na familia das Ulmáceas hai actualmente só sete xéneros con preto de 35 especies

  • Ampelocera Klotzsch: Con polo menos tres especies no Neotrópico.
  • Hemiptelea Planch.: Co seguinte tipo:
    • Hemiptelea davidii (Hance) Planch.: É orixinario da China e Corea..
  • Holoptelea Planch.: Con arredor de dúas especies na África tropical.
  • Phyllostylon Capan. ex Benth. & Hook. f.: Con dúas especies no Neotrópico.
  • Planera J.F.Gmelin: O único tipo:
    • Planera aquatica J.F.Gmelin: Procede do sueste dos Estados Unidos. É o "Falso sándalo".
  • Ulmus L.: Con 20-30 especies. Os seus froitos son sámaras, onde a semente está no centro da á.
  • Zelkova Spach: Con cinco a sete especies.

Notas

Véxase tamén

Tags:

Ulmaceae DescriciónUlmaceae SistemáticaUlmaceae NotasUlmaceae Véxase taménUlmaceaeArbustoCaducifoliaRosales

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Antón Villar PonteLista de estacións de tren de GaliciaFigueresSri LankaAC-141Leopoldo RubidoRetorno a Tagen AtaNoelia ReyPosición do misioneiroClint EastwoodFoca monxe25 de abrilGres, Vila de CrucesPeer-to-peerPaís Vasco (rexión histórica)María PitaGerardo Pardo de VeraRaffaella CarràCaraveleira1928Teresa González CostaRibadeoLino LópezIker MuniainJesús Hidalgo BermejoGaliciaRafael NadalXosé Manuel PiñeiroAeroporto de VigoPastora Dominga González ViéitezPornografíaEstados Unidos de AméricaLareiraLiteratura galegaConvento do Carme de PadrónMarta Fernández-TapiasInstagramRomariz, Riós, RiósLuisa CarnésPecados capitaisLalínFederico García LorcaCarballoSalgueiro MaiaRebeliom do InframundoBella ciaoRevolución dos caraveisExaculaciónVangardasJorge PeteiroProxyFrancisco AsoreyVento feridoNightmare Alley (filme de 2021)OTANFentoEva Iglesias MiguénsSantiago de CompostelaGrupo SargadelosNoiaFernando AlonsoLista de exónimos en galegoAdriano Correia de OliveiraParadigmas dos verbos irregulares galegosDavid PerdomoXosé Luís Méndez Ferrín2024Álvaro CunqueiroFrancisco FrancoMucha e NuchaLiteratura infantilRoko (actriz)Ramiro CarregalMiss Vaca (certame)Panteón de Galegos IlustresJosé Luís Valladares FernándezAgustín Fernández PazPampallín🡆 More