Anfibio Tritón: Nome común dunha familia de anfibios

Tritón é o nome común que se lles dá aos anfibios urodelos pertencentes á familia dos salamándridos, semellantes ás píntegas ou salamántigas, pero que se distingue delas porque fican nas charcas onde se reproducen durante moito tempo, até chegar a varios meses.

Anfibio Tritón: Características, Bioloxía, Xéneros concernidos
Triturus marmoratus.

Porén, esta distinción ten numerosas excepcións debido a que as palabras "tritón" e "salamántiga" son moi anteriores ao descubrimento de numerosas especies, aínda que continúa sendo válida en Europa.

Os tritóns son, pois, todos os membros da familia dos salamándridos excluíndo as "salamántigas verdadeiras", da subfamilia dos salamandrinos (xéneros Chioglossa, Mertensiella, Lyciasalamandra e Salamandra). Son pois, moitas das especies pertencentes á subfamilia dos pleurodelinos (algunhas delas, nalgúns idiomas, tamén se denominan salamántigas)

Están presentes en toda Europa, Asia, América do Norte e o norte de África.

Características

Como todos os membros da orde, os tritóns caracterízanse por teren:

  • catro extremidades con cinco dedos nas posteriores e catro nas anteriores, e unha cola que está presente en cada unha das etapas do seu desenvolvemento.
  • desenvolven aletas no dorso do corpo e na cola cando regresan a unha etapa acuática, aletas que están presentes todo o tempo nos tritóns adultos.
Anfibio Tritón: Características, Bioloxía, Xéneros concernidos 
Larva de Mesotriton alpestris, amosando as branquias externas.

Outros caracteres morfolóxicos deste grupo son:

  • os dentes vomerianos exténdense posteriormente nos bordos laterais do vómer,
  • o arco frontal-escamoso está presente,
  • as súas vértebras son anficélicas.

Nestas vértebras os dous extremos son cóncavos, e son eficientes para a natación, xa que confiren flexibilidade ao esqueleto axial. A maioría dos peixes teleósteos adoitan presentalas, e tamén os tetrápodos acuáticos.

As larvas, acuáticas, posúen dentes verdadeiros tanto no maxilar superior como na mandíbula, e branquias externas.

Bioloxía

Os tritóns teñen a capacidade de poder rexenerar un membro cortado. Parece que este novo crecemento depende dun sistema de proteínas, incluíndo a Prod-1, cuxa concentración varía coa posición anatómica, co eixe do corpo e a nAG, producida pola células de Schwann que rodean a neurona seccionada.

Moitos tritóns producen toxinas, que se encontran nas secrecións da pel, como mecanismo de defensa contra os depredadores. Os tritóns do xénero Taricha, do oeste de Norteamérica, son particularmente tóxicos; Taricha granulosa, das zonas costeiras do Pacífico noroeste, produce tetrodotoxina máis que suficiente para matar un ser humano adulto. Para provocar danos, as toxinas teñen que penetrar no organismo sendo inxeridas ou a través dunha lesión da pel.

Xéneros concernidos

  • Chioglossa
  • Cynops
  • Echinotriton
  • Euproctus
  • Hypselotriton
  • Lissotriton
  • Notophthalmus
  • Neurergus
  • Pachytriton
  • Paramesotriton
  • Pleurodeles
  • Taricha
  • Triturus
  • Tylototriton

Na taxonomía dos anfibios, só o xénero Triturus comprende es tritóns stricto sensu. Porén, a familia dos salamándridos divídese informalmente adoito en dous grandes grupos: as "salamántigas verdadeiras" (que comprenden os xéneros Chioglossa, Lyciasalamandra, Mertensiella e Salamandra) e os "tritóns" (que agrupan os xéneros restantes).

En Galicia

En Galicia poden verse tres especies:

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Tags:

Anfibio Tritón CaracterísticasAnfibio Tritón BioloxíaAnfibio Tritón Xéneros concernidosAnfibio Tritón En GaliciaAnfibio Tritón NotasAnfibio Tritón Véxase taménAnfibio TritónAnfibiosFamilia (bioloxía)PíntegaSalamándridosUrodelos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Deserto do SáharaThe ArtistPalauSanta CompañaTonhito de PoiBárbara ReyVangardasTraxe galegoO divino saineteConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesLista de episodios de Shin ChanHarvey WeinsteinA EstradaPrestigeVichelocregoManuel Otero MartínezO comparativo galegoNoelia ReyLuis Carrero BlancoLista de nomes femininos en galegoBilbaoGres, Vila de CrucesAlberte PagánArmando BlancoProvincias de EspañaZeca AfonsoDonicelaJacinto BenaventeNacho CastañoDelfínidosOTANHard GZIndiaDos arquivos do trasnoJosé María Barreiro GómezXosé Luís Méndez FerrínBidueiroDodroVoleibolRusiaClara CampoamorParroquias de GaliciaPobo palestinoAs Pontes de García RodríguezÁlvaro MorataPunta UmbríaXabier DíazParadigmas dos verbos irregulares galegos1928AC-456Roberto VerinoCangasCalorXeración do 36Carballedo, Cerdedo-CotobadeCarbohidratoPoesíaJosé López CamposForcareiCastro de Punta do BicoUniversidade de Santiago de CompostelaSecretaría Xeral de Política LingüísticaCanle (comunicación)MeteoGaliciaPablo EscobarColocación do pronome átono en galegoDavid BeckhamOs ÁnxelesBronceArxentinaSystem of a DownPontevedraDomingo🡆 More