Teresa Abelleira: Futbolista española

Teresa Abelleira Dueñas, nada en Pontevedra o 9 de xaneiro de 2000, é unha futbolista galega, que xoga de centrocampista no Real Madrid.

Internacional coa selección española dende 2020, proclamouse campioa do mundo no Mundial de 2023. Disputou ademais a Eurocopa de 2022.

Teresa Abelleira
Teresa Abelleira: Traxectoria, Palmarés, Recoñecementos
Información persoal
Nome Teresa Abelleira Dueñas
Nacemento 9 de xaneiro de 2000
Lugar de nacemento Pontevedra
Altura 1,59 m
Peso 60 kg
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Real Madrid
Número 16
Carreira xuvenil
–2016 CD Lérez
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2016–2020 Deportivo da Coruña 47 (27)
2020– Real Madrid 80 (8)
Selección nacional
2017-2019 España sub-19 7 (0)
2017–2018 España sub-17 17 (3)
2020– España 21 (2)
2016– Galicia 1 (0)
Na rede
IMDB: nm14403861 Twitter: teresabelleira Instagram: teresabelleira UEFA: 250092098 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 20 de agosto de 2023.
Selección: actualizado a 20 de agosto de 2023.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Naceu nunha familia fortemente vencellada ao fútbol. Na súa etapa de cadete compaxinaba o fútbol sala, ao que xogaba no Poio Pescamar, coas categorías inferiores do CD Lérez. En 2016, e trala fundación da sección feminina do Deportivo Abanca, abandona a súa Pontevedra natal para unirse ás filas deste equipo na segunda división feminina. Foi, xunto con Raquel Béjar, a primeira licenza profesional do fútbol feminino en Galicia. Xogou catro tempadas no club branquiazul, logrando na terceira delas o ascenso á Primeira División, e obtendo un cuarto posto na súa primeira tempada na máxima categoría. Marcou dous goles. A continuación, a mediados de 2020, deixou o Deportivo para fichar polo Real Madrid Feminino, equipo acabado de crear tras un acordo do Real Madrid co Club Deportivo TACON. Co Real Madrid marcou 3 goles na tempada 2020/21 e 5 na 2022/23.

Selección española

O 27 de novembro de 2020 debutou coa selección española absoluta na vitoria por 10-0 fronte a Moldavia, correspondente á fase de clasificación para a Eurocopa de 2022, substituíndo a Aitana Bonmatí no segundo tempo.​ O seu primeiro partido como titular foi o 13 de abril de 2021 na vitoria por 3-0 fronte a México. En 2022 disputou a Eurocopa en Inglaterra, caendo nos oitavos de final contra a selección anfitrioa.

Teresa Abelleira: Traxectoria, Palmarés, Recoñecementos 
Presentación de Campioa. Pequena biografía de Teresa Abelleira, Polo Correo do Vento, no Teatro Principal de Pontevedra no nadal de 2023. Miguel Anxo Fernández Lores, Teresa Abelleira e Nieves D. Amil

O 30 de xuño de 2023 foi incluída na lista definitiva do seleccionador Jorge Vilda para a Copa do Mundo de 2023, disputada en Australia e Nova Zelandia. Foi titular en tódolos partidos do torneo e marcou un gol no segundo partido da primeira fase, na goleada por 5-0 sobre Zambia, cun espectacular disparo dende fóra da área. Nas semifinais contra Suecia, un córner sacado por ela foi rematado á portería pola súa compañeira Olga Carmona e serviu para clasificar a España para a primeira final da súa historia. Xogou completa a final, celebrada no Stadium Australia de Sydney, onde o conxunto español gañou o título ao vencer por 1-0 a Inglaterra. Foi a cuarta futbolista da selección española con máis minutos no Mundial (535) e a que máis recuperacións de balón conseguiu (55).

Palmarés

    Deportivo da Coruña
    Selección española sub-19
  • Campionato Europeo Sub-19 (1): 2018.
    Selección española

Recoñecementos

  • En 2019 recibiu o Premio á "Mellor deportista promesa" da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) no marco da VII Gala do Deporte Feminino Galego
  • 2024: Premio Cidade de Pontevedra

Vida persoal

É filla do adestrador de fútbol Milo Abelleira e irmá do futbolista Tomás Abelleira.

A súa moza é Patricia Curbelo, porteira de fútbol e xogadora do Viaxes Interrías de Vilalonga.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Polo Correo do Vento (2023). Campioa. Pequena biografía de Teresa Abelleira. Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. Edición do Concello de Pontevedra.

Tags:

Teresa Abelleira TraxectoriaTeresa Abelleira PalmarésTeresa Abelleira RecoñecementosTeresa Abelleira Vida persoalTeresa Abelleira NotasTeresa Abelleira Véxase taménTeresa Abelleira20009 de xaneiroFutbolistaGaliciaPontevedraSelección de fútbol de España

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Posicións sexuaisZeca AfonsoDodroLista de castelos de PortugalJude BellinghamCamiño de SantiagoRevolución galega de 1846Vento feridoTransformador San PetersburgoEva Iglesias MiguénsLista de paísesLista de exónimos en galegoBárbara ReyHenrique VIII de InglaterraSéculos EscurosValentín García GómezPontedeumeManuel Gago MariñoReino de GaliciaBilbaoAccidente de Chernóbil25 de abrilArxentinaMGoizuetaVicente RiscoLucie IdloutFernando Salgado VarelaPastora Dominga González ViéitezpdwqjAmaia Martínez GrisaleñaMadridTeoría de númerosJosé SaramagoDiego González RivasComarcas de GaliciaDaniel BasteiroRamón CabanillasDomingo García-SabellXosé Ramón GayosoFederico Jiménez LosantosGrupo RompentePortugalGonzalo MellaAbrilCataluñaAdolf HitlerTraxe galegoPanteón de Galegos IlustresCarrasco (planta)PaspallásA chave das nocesDavid MellaRede privada virtualAntonio López FerreiroEditorial GalaxiaPello OtxandianoCromosoma homólogoRicardo BeirasCambadosBubelaParroquias de GaliciaFrancisco Porto MellaSalvador DalíFran AlonsoHard GZCinema pornográficoGeorgia O'KeeffeGoogleVilagarcía de ArousaFalange EspañolaO incerto señor Don HamletÁnxel CasalMaría Jesús Montero🡆 More