Terceira Guerra Carlista

A terceira guerra carlista desenvolveuse en España entre 1872 e 1876 entre os partidarios de Carlos VII, o pretendente da dinastía carlista, e os gobernos de Amadeu I de Savoia, da I República e de Afonso XII.

Terceira Guerra Carlista
A partida mindoniense de David Cornejo.

O pretendente, que levaba meses preparando a insurrección dende o exilio, estableceu o 21 de abril de 1872 como a data para o comezo da sublevación.

Esta guerra carlista desenvolveuse sobre todo no País Vasco e Navarra. A restauración dos foros polo pretendente en xullo de 1872, abolidos polos decretos de Nova Planta por Filipe V influíu na forza do levantamento en Cataluña e en menor medida en Valencia e Aragón.

Terceira Guerra Carlista
A Batalla de Castellfollit tivo lugar en 1874. Pintura do coruñés Víctor Morelli.

Tras a proclamación da Primeira República Española en febreiro de 1873, moitos monárquicos isabelinos vanse pasar ao bando carlista, aumentando coa insurrección cantonalista. Pola contra o golpe de Pavía en xaneiro de 1874 e o pronunciamento de Serrano o 29 de decembro de 1874 que conduciu a restauración da dinastía caída en 1868 na persoa de Afonso XII contribuíu a restar forzas aos carlistas, así como tamén o recoñecemento de Afonso XII por Ramón Cabrera e o achegamento ao Vaticano do goberno español.

País Vasco e Navarra

Terceira Guerra Carlista 
Batalla de Treviño, 1875. Cadro de Morelli na Academia de Cabalaría de Valladolid.

O 2 de maio o pretendente cruzou a fronteira francesa en Navarra e púxose á fronte do alzamento, pero o 4 de maio o xeneral Domingo Moriones entrou por sorpresa no campamento carlista en Orokieta e o pretendente tivo que cruzar precipitadamente a fronteira francesa poñendo fin, momentaneamente, a insurrección no País Vasco e Navarra tras a sinatura do Convenio de Amorebieta o 24 de maio entre o presidente do goberno de Amadeu I, Francisco Serrano, e os líderes carlistas de Biscaia, o convenio foi mal recibido polas Cortes e Serrano tivo que dimitir, tampouco se aceptou o convenio dende o bando carlista e o pretendente considerou os asinantes como traidores.

Tras o fracaso do primeiro levantamento no País Vasco e Navarra, o pretendente destituíu á maioría dos xefes militares e estableceu o 18 de decembro como nova data para a sublevación, entre as numerosas partidas que se levantaron destacou a do cura de Santa Cruz. En xullo de 1873 o pretendente volveu entrar en España e en agosto os carlistas conquistaron Estella, que converteron na súa capital, pero fracasaron nas tentativas de conquistar Bilbao. En setembro de 1874 os carlistas mantiñan 24.000 homes armados e ocupaban case todo o País Vasco e Navarra, agás as capitais e no que se estableceu un verdadeiro Estado carlista que tiña nas deputacións forais a súa base e no que Carlos VII era o xefe de Estado e estaba á fronte dun goberno composto por tres secretarías de Estado: Guerra, Negocios Estranxeiros e Estado e Graza, Xustiza e Facenda. Posteriormente o número de carteiras aumentaría ata cinco. Existía tamén un Código Penal, Tribunal Supremo de Xustiza, Alfándegas, servizo de correos e en 1874 estableceuse unha universidade en Oñati.

Tras a fin da guerra en Cataluña en novembro de 1875, o exército gobernamental concentrouse na fronte do norte e en xaneiro de 1876 comezou unha grande ofensiva que levou a conquistar Estella en febreiro e o pretendente cruzou a fronteira o 28 de febreiro de 1876, o día que Afonso XII entraba en Pamplona.

Fronte leste

Terceira Guerra Carlista 

En Cataluña o levantamento realizouse mesmo antes da data que designara o pretendente, Joan Castell á fronte de 70 homes sublevouse en Gracia uns días antes. O pretendente nomeou o seu irmán Afonso Carlos como capitán xeneral de Cataluña, aínda que ata fin de ano non cruzou a fronteira e foi Rafael Tristany quen asumiu transitoriamente o posto, aínda que se formaron partidas guerrilleiras en case todas as comarcas catalás non se chegou a organizar unha estrutura militar común. A revitalización da insurrección na fronte norte e a chegada de Afonso Carlos en decembro de 1872 reactivaron as partidas carlistas en Cataluña, o tempo que a partida de Pascual Cucala conseguía o apoio popular no Maestrazgo e formábanse outras ata totalizar uns 3.000 homes, na provincia de Valencia os carlistas mantiñan 2.000 homes armados en diversas partidas e na provincia de Alacant uns 850.

Noutras zonas a mobilización carlista reduciuse a pequenas partidas illadas, destacaban uns 400 homes en Estremadura e as partidas de Castela a Nova, sobre todo na provincia de Cidade Real.

En marzo de 1874 as forzas carlistas, dirixidas por Francesc Savalls, puxeron sitio a Olot, que tras conquistar converten na súa capital, en xullo establécese en Sant Joan de les Abadesses a Deputación de Cataluña que presidía Tristany e que tentaba dotar dunha organización político-administrativa aos territorios controlados polos carlistas cataláns.

En marzo de 1875 Martínez Campos ocupou Olot, someteuse a sitio a La Seu d'Urgell que as tropas gobernamentais conquistaban en agosto e o 19 de novembro rematou a loita en Cataluña.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Canal, Jordi (2000). El carlismo: dos siglos de contrarrevolución en España (en castelán). Madrid: Alianza editorial. ISBN 84-206-3947-8. 
  • José Extramiana: Historia de las guerras carlistas, San Sebastián, 1978-1979
  • Melchor Ferrer: Historia del tradicionalismo español, Sevilla, 30 vol. 1941-1979
  • José María Jover(dir):Historia de España XXXIV. La era isabelina y el Sexenio Democrático (1834-1874), Madrid, 1988
  • Montero Diaz, Julio (1992). El estado carlista: Principios teoricos y practica politica, 1872-1876 (en castelán). Medellín: Aportes XIX. ISBN 9788486745073. 
  • Robert Vallverdú: El tercer carlisme a les comarques meridionals de Catalunya (1872-1876), Barcelona, 1997
  • Alfredo Comesaña: Hijos del Trueno. La Tercera Guerra Carlista en Galicia y el norte de Portugal, Madrid, Schedas, 2016

Tags:

Terceira Guerra Carlista País Vasco e NavarraTerceira Guerra Carlista Fronte lesteTerceira Guerra Carlista NotasTerceira Guerra Carlista Véxase taménTerceira Guerra Carlista

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Miguel MosqueiraÁreas sanitarias de GaliciaTeixugoBugalloCarmen Martín GaiteMaría GalianaBodystockingXosé Manuel PiñeiroMarta DoviroDornelas, MosTu quoqueFrancisco Fernández del RiegoMarta DarribaLondresAxoloteFran TorresAmeixa (froito)Manuel CabezasGaio (ave)WikiMona SimpsonÁcido oxalacéticoREC (filme)Grupo RompenteGrellaPoallaPobo galegoPedra de SconeAmanda LearXosé Luís Méndez Ferrínd91jvLagarto arnalDaniel AsoreyMáquina comecartosBenigno Lago EstévezÁngel García SeoaneJesús Peleteiro SuárezBatalla de CacheirasTamara CanosaCasa de AndradeBoimortoA Pedreira, Leiro, RianxoAlfonso MolinaKDolores O'RiordanCarballo comúnNoelia Rodríguez TraviesoAnxo Xoán Rajó PazóAlfabeto galego25Salman RushdieBoyanka Kostova (grupo musical)Saga da FundaciónCarlos SedesMúsica tradicional galegaÁ lus do candilTamar NovasMuxíaLista de nomes femininos en galegoCogomeloA FonsagradaCarbohidratoLonga noite de pedraAna RomaníMarraxoOs pronomes persoais galegosCaramelo (empresa)María Victoria de la Fuente AlonsoYouTube🡆 More