Tódolos Homes Do Presidente: Filme de 1976 dirixido por Alan J. Pakula

Tódolos homes do presidente (en inglés: All the President's Men) é un filme estadounidense de 1976 dirixido por Alan J.

Pakula">Alan J. Pakula e protagonizado por Robert Redford, Dustin Hoffman, Jack Warden, Jason Robards, Martin Balsam, Hal Holbrook e Jane Alexander nos papeis principais.

All the President's Men
Ficha técnica
Título orixinalTódolos homes do presidente
DirectorAlan J. Pakula
ProdutorWalter Coblenz
GuiónWilliam Goldman
Baseado enAll the President's Men, de Carl Bernstein e Bob Woodward
IntérpretesRobert Redford
Dustin Hoffman
Jack Warden
Martin Balsam
Hal Holbrook
Jason Robards
MúsicaDavid Shire
FotografíaGordon Willis
MontaxeRobert L. Wolfe
EstudioWildwood Enterprises
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea9 de abril de 1976
Duración138 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento1,5 millóns de dólares
Recadación70,6 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt0074119 Filmaffinity: 780126 Allocine: 3690 Rottentomatoes: m/all_the_presidents_men Mojo: allthepresidentsmen Allmovie: v1613 TCM: 67091 Metacritic: movie/all-the-presidents-men TV.com: movies/all-the-presidents-men Netlix: 243547Editar o valor em Wikidata

Baseada no libro homónimo de Bob Woodward e Carl Bernstein publicado en 1974, relata a historia da investigación xornalística que conduciuo ao famoso "escándalo Watergate", que obrigou a Richard Nixon a dimitir como presidente dos Estados Unidos de América.

En 2010 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.

Foi emitido na TVG o 20 de marzo de 1992.

Argumento

Os xornalistas de The Washington Post, Carl Bernstein e Bob Woodward investigan un asunto de carácter político que aparentemente ten pouca importancia. Ao ver que nomeados avogados están traballando no caso, danse de conta de que detrás de todo iso pode haber algo moito máis importante. Intensifican as súas averiguacións seguindo todas as pistas que se van abrindo ante eles, ata que consegue a colaboración dun confidente. Ao final destapan un asunto sucio que implica a Casa Branca, e con iso ao mesmo presidente da nación.

A trama abrangue ademais dos sucesos políticos acontecidos durante o escándalo Watergate as discusións dos xornalistas cos seus xefes sobre a forma en que deben tratar as novas, as consecuencias de revelar graves actos ilegais dos asesores presidenciais, e as peripecias vividas por Bernstein e Woodward para sustentar os sseus informes e artigos.

A narración acaba abruptamente co xuramento de Nixon como presidente reelecto o 20 de xaneiro de 1973. Para non omitir a verdadeira conclusión da historia (a renuncia de Nixon en agosto de 1974), os sucesos posteriores en xaneiro de 1973 nárranse mediante notas mecanografadas de estilo xornalístico, filmados nas escenas finais. A última nota redúcese a dar conta da renuncia de Richard Nixon o 9 de agosto de 1974 e a asunción ao mando de Gerald Ford esa mesma data.

Diferenzas entre o libro e o filme

A diferenza do libro, o filme só cobre os primeiros sete meses do escándalo de Watergate, dende o momento da incursión no edificio Watergate (xullo de 1972) ata a toma de posesión de Richard Nixon en 1973. Pola contra, o libro cobre os sucesos dende a incursión no edificio Watergate ata xuño de 1973, cando se revela a existencia dun sistema de gravacións secretas dentro da Casa Branca en abril de 1973.

Nin o libro nin o filme relatan os acontecementos posteiores ocorridos durante a investigación do Senado contra o presidente Nixon nin a renuncia deste. Non obstante, no filme sálvanse estas omisións nunhas poucas escenas, revelando o efecto "bóla de neve" provocado por Woodward e Bernstein, e describindo de forma breve pero directa a forma en que terminou o escándalo Watergate.

Elenco

  • Dustin Hoffman - Carl Bernstein
  • Robert Redford - Bob Woodward
  • Jack Warden - Harry M. Rosenfeld
  • Martin Balsam - Howard Simons
  • Hal Holbrook - "Garganta Profunda/Deep Throat"
  • Jason Robards - Ben Bradlee
  • Jane Alexander - Judy Hoback
  • Meredith Baxter - Debbie Sloan
  • Ned Beatty - Martin Dardis
  • Polly Holliday - Secretaria de Martin Dardis
  • Stephen Collins - Hugh W. Sloan, fillo.
  • Penny Fuller - Sally Aiken
  • Robert Walden - Donald Segretti
  • Frank Wills - El mesmo
  • F. Murray Abraham - Sarxento de policía Paul Leeper
  • David Arkin - Eugene Bachinski
  • Henry Calvert - Bernard Barker
  • Dominic Chianese - Eugenio Martínez
  • Ron Hale - Frank Sturgis
  • James Karen - Avogado de Hugh Sloan
  • Basil Hoffman - Editor Asistente

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Goldman, William (1982). Adventures in the Screen Trade. Warner Books.

Ligazóns externas

Tags:

Tódolos Homes Do Presidente ArgumentoTódolos Homes Do Presidente Diferenzas entre o libro e o filmeTódolos Homes Do Presidente ElencoTódolos Homes Do Presidente NotasTódolos Homes Do Presidente Véxase taménTódolos Homes Do Presidente

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

VacaVíctor MosqueiraJanja Lula da SilvaCompromiso por GaliciaNarónContactorSandra GonzálezDornelas, MosChorimaOrtigueiraA EstradaYolanda DíazDugongoTreixadura (grupo musical)Juan Carlos Rodríguez CebriánBisemiaGheadaRastroAzoresXosé Antonio Ventoso MariñoIndiaDía da NaiMuiñeiraJosé Benito Pardo Rodríguez64Francisco FrancoLista das aves de GaliciaProduto interior brutoJosé Manuel LageGran Premio de Acerbaixán de 2023PoallaMoscovaO Alto do Castiñeiro, Narón, NarónCoalición GalegaArabia SauditaDía Internacional dos TraballadoresBetanzosOs ÁnxelesPedra de SconeJohn HerschelJosé María Bello ManeiroFauna de GaliciaCon pólvora e magnoliasO Barco de ValdeorrasPauletaMichelle PfeifferGalería de imaxes de arañas de GaliciaCicerónEva Iglesias MiguénsDavid RegadesUnión SoviéticaEsparragueiraFran TorresBuxoPíntega comúnLedicia CostasRío MiñoFreixoParques eólicos en GaliciaJosé Manuel Rodríguez PuenteBugalloLista de ríos de GaliciaJosé Manuel Pérez PenasAlternativa por ArzúaO PinoPosición do canTraxe galegoBoyanka Kostova (grupo musical)Mitoloxía galegaBukkakeOurense🡆 More