Sophie Germain

Marie-Sophie Germain, nada en París o 1 de abril de 1776 e finada na mesma cidade o 27 de xuño de 1831 foi unha matemática francesa que fixo importantes contribucións á teoría dos números e á teoría da elasticidade.

Unha das máis importantes foi o estudo dos chamados números primos de Sophie Germain (números primos nos que o duplo incrementado nunha unidade tamén é un número primo). A pesar da oposición dos seus pai e as dificultades presentadas por unha sociedade sexista, logrou os seus coñecementos dos libros extraídos da biblioteca do seu pai e da correspondencia con coñecidos matemáticos contemporáneos como Lagrange, Legendre e Gauss.

Infotaula de personaMarie-Sophie Germain
Sophie Germain
Nome orixinal(fr) Marie-Sophie Germain
(fr) Sophie Germain Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de abril de 1776
París (Reino de Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xuño de 1831 (55 anos)
París, Francia
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de mama Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 16 48°51′34″N 2°23′39″L / 48.859451, 2.394212
Grave of Sophie Germain (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesAntoine Auguste Le Blanc Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeSophie Germain Francia
EducaciónUniversidade de Gotinga Editar o valor em Wikidata
Director de teseCarl Friedrich Gauss Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas
Ocupaciónmatemática , física , filósofa Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAmbroise-François Germain Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Sophie Germain Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Germain-601 Find a Grave: 44170845 Editar o valor em Wikidata

Debido aos prexuízos contra o seu sexo non puido establecer unha carreira nas Matemáticas, polo que traballou independentemente durante toda a súa vida.

Traxectoria

Germain naceu nunha familia parisiense e comezou a estudar Matemáticas aos trece anos. O seu interese pola matemática era tanto que facía todo o posible para demostralo aos demais.

Foi autodidacta e para poder incorporarse á escola de París tivo que roubar a identidade do alumno M. LeBlanc (nome co que asinaba os seus estudos e investigacións) e vestir coma un home. Deste xeito puido avanzar o seu coñecemento e expoñer e presentar novas ideas.

Correspondencia

Sophie Germain 
Récherches sur la théorie des surfaces élastiques, 1821

Germain tivo un interese especial nas ensinanzas de Joseph-Louis Lagrange e empregando o seu pseudónimo M. LeBlanc envioulle varios artigos. Lagrange quedou tan impresionado que lle pediu unha entrevista e Germain viuse forzada a revelar a súa identidade. Lagrange recoñeceu o talento por riba dos prexuízos e decidiu converterse no seu mentor.

En 1804, despois de ler as Disquisitiones Aritmeticae de Carl Friedrich Gauss decidiu cartearse con el, de novo con pseudónimo. Dous anos despois, durante a invasión napoleónica de Prusia, Gauss tamén coñeceu a súa verdadeira identidade, cando Germain intercedeu ante o xeneral Pernety, a quen coñecía persoalmente, para que o preservase de calquera dano ante a ocupación da súa cidade natal, Braunschweig. Germain temía que Gauss puidese correr un destino similar ao de Arquímedes e confioulle a Pernety os seus temores. Este localizou o matemático e díxolle quen era a súa protectora, o que confundiu a Gauss, xa que nunca oíra falar dela.

Foi entón cando Germain escribiu a Gauss unha carta na que admitía a súa condición feminina e que Gauss contestou:

Pero como describir a miña admiración e asombro ao ver que o meu estimado correspondente M. LeBlanc se metamorfosea nesta personaxe ilustre que me ofrece un exemplo tan brillante do que sería difícil de crer. A afinidade polas ciencias abstractas en xeral e sobre todo polos misterios dos números é demasiado rara: o que non me asombra xa que os encantos desta ciencia sublime só se revelan a aqueles que teñen o valor de afondar nela. Mais cando unha persoa do sexo que segundo os nosos costumes e prexuízos debe atopar moitísimas máis dificultades cós homes para familiarizarse con estes espiñentos estudos e non obstante ten éxito ao sortear os obstáculos e penetrar nas áreas máis escuras deles, entón sen dúbida esta persoa debe de ter o valor máis nobre, o talento máis extraordinario e un xenio superior.

Porén, cando en 1808 Gauss foi nomeado profesor de Astronomía na universidade de Göttingen, o interese do matemático derivou cara ás matemáticas aplicadas e deixaron de cartearse.

Etapa na Academia Francesa das Ciencias

En 1811 Germain participou nun concurso da Academia Francesa das Ciencias para explicar os fundamentos matemáticos desenvolvidos por un matemático alemán aplicados ao estudo de Ernst Chladni sobre as vibracións das superficies elásticas. Despois de ser rexeitada por dúas veces, gañou o concurso en 1816, o que a converteu na primeira muller que asistiu ás sesións da Academia (á parte das esposas dos membros) e a colocou xunta os grandes matemáticos da historia.

Últimos anos

Sophie Germain 
Tumba de Sophie Germain no cemiterio Père Lachaise

En 1829 Germain descubriu que tiña cancro de mama. A pesar da dor continuou a traballar e en 1831 o xornal de Crelle publicou un artigo seu sobre a curvatura das superficies elásticas e "unha nota sobre a busca de y e z en Sophie Germain ".

O 27 de xuño de 1831 faleceu no número 13 da Rue de Savoie.

Contribucións ás Matemáticas

Unha das maiores contribucións de Germain á teoría dos números foi o teorema que leva o seu nome e que se refire á divisibilidade das solucións da ecuación xp + yp = zp do Último Teorema de Fermat. Demostrou que o produto xyz debe ser divisible por p2 se se pode atopar un número primo θ que cumpra:

  1. Non existen dúas potencias p-ésimas que se diferencien en 1 módulo θ; e
  2. p non é unha potencia p-ésima módulo θ.

Unha das súas máis célebres identidades, coñecida como identidade de Sophie Germain di que para dous números x e y:

    Sophie Germain 

Véxase tamén

Bibliografía

  • De Marchi, Vichi (2020). Ellas son de ciencias : Historias, pasiones y sueños de 15 científicas. Madrid: Ediciones del Laberinto. ISBN 978-84-1330-038-2
  • Fermat’s Last Theorem. Simon Singh. ISBN 958-04-4865-5

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Sophie Germain TraxectoriaSophie Germain Contribucións ás MatemáticasSophie Germain Véxase taménSophie Germain1 de abril1776183127 de xuñoFranciaGaussJoseph Louis LagrangeMatemáticoNúmero primoNúmero primo de Sophie GermainParísTeoría dos números

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

TokusatsuJosé Luis Sanmartín MatoSuso DíazTomas DeLoreyAnxo QuintanaCalcioAníbal MalvarRafael DiesteAutismoReino de GaliciaBox Office MojoAlba CidXavier Suárez-VenceAbraham BobaMinia ManteigaTrackbackRosalía de CastroMarzo na cultura popular galegaNegreiraMarge SimpsonFoliadaLe MondePedro Barrié de la MazaFiúnchoMartiño de DumioMullerLista de nomes femininos en galegoSoajoGolfo de CádizSantiago AmorLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingLe VilliDaniel BasteiroBugalloMucha e NuchaQuintaLaura FalcóXogos popularesSexo analXenebra, SuízaAnselmo López CarreiraProteínaBlas García PiñeiroChimpínAvesGuadi GalegoFerreiriño abelleiroDiana AguavilEstrutura secundaria das proteínasCarbúnculoEvento MiyakeCedeiraAdolfo GacioGalipediaSobreiraLepa MladjenovicSantiago de CompostelaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoSantoalla, Santoalla do Monte, PetínFacebookLavandeira brancaRMS TitanicMadeiraVenresPenerbosa, Negrelos, RodeiroToxo arnalFrancisco Vázquez VázquezLingua francesaQueiroaLista de nomes masculinos en galegoCarlos Mouriz🡆 More