Socioloxía Solidariedade

En socioloxía, solidariedade refírese ao sentimento de unidade baseado nas metas ou intereses comúns, é un termo que se refire a axudar sen recibir nada a cambio a aplicación do que se considera bo.

Así mesmo, refírese aos lazos sociais que unen aos membros dunha sociedade entre si. Algúns sociólogos introduciron definicións específicas deste termo. Entre eles, un dos máis famosos foi Émile Durkheim.

Socioloxía Solidariedade
Bandeira de Bélxica con palabras de solidariedade polos Atentados de Bruxelas de 2016.

A Real Academia Galega define o concepto de solidariedade como:

Axuda ou apoio que, por un sentimento de obriga moral, se lle presta a quen o necesita.

Tipos de solidariedade segundo Durkheim

A solidariedade é o aspecto social que se entende como a capacidade de entregarse a outros individuos pensando nestes como semellantes; é dicir, poder compartir un fogar, alimentos, sentimentos, etc, con outro ser vivo sen pensar na súa situación económica, tomando en conta tamén que os bens non son só o material. Existen dous tipos fundamentais de solidariedade:

  • Solidariedade mecánica: Dáse con moita máis frecuencia e presenza nos países pouco desenvolvidos, xa que a mesma caracterízase por unha total competencia de cada individuo na maioría dos traballos, dándose tan só unha mínima diferenciación a razón de idade e xénero.
  • Solidariedade orgánica: Durkheim afirma que a forte especialización de cada individuo orixina unha gran interdependencia, base da cohesión e solidariedade grupal, das persoas coa súa sociedade. A esta clase chámaa solidariedade orgánica. Así, cada membro posúe unha parte dos coñecementos xerais e os seus recursos, polo que todos dependen de todos. Este tipo de solidariedade adóitase presentar nas sociedades desenvolvidas. Atopamos nesta concepción a parte negativa na que unha excesiva especialización podería desembocar nun estado de desorganización social ou nun illamento do individuo como consecuencia da falta ou da incongruencia das normas sociais.

Emerxe por mor da diferenciación de funcións e da división do traballo. Na medida en que os individuos especializan as súas funcións requiren doutros individuos para sobrevivir. Por exemplo, a familia. A familia que antes era auto suficiente, era capaz de servir entrelazada. A familia moderna require doutros, é dependente do resto dos individuos da sociedade. Nas formas de solidariedade orgánica os individuos desmárcanse do grupo, formando unha esfera propia de acción, pero ao mesmo tempo a división do traballo e a separación de funcións é a fonte ou condición de equilibrio social.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía en castelán

  • DURKHEIM, Émile. Escritos Selectos. Introducción y selección de Anthony Giddens. [Trad. Ricardo Figueroa]. Buenos Aires: Nueva Visión, 1993.
  • DURKHEIM, Émile. Les regles de la methode sociologique 'Paris: Presses Universitarires de France.
  • Durkheim, É. (2013). La división del trabajo social. (A. J. Ribes, Ed.) (1.a ed.). Biblioteca Nueva Minerva.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Socioloxía Solidariedade Tipos de solidariedade segundo DurkheimSocioloxía Solidariedade NotasSocioloxía Solidariedade Véxase taménSocioloxía SolidariedadeSociedadeSocioloxíaÉmile Durkheim

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Emilio Aragón BermúdezVigoGalaicosManuel MurguíaFentoO comparativo galegoCharles WhiteCayetana Álvarez de ToledoDepartamento de ApurímacLeninRicardo BeirasMucha e NuchaParlamento de GaliciaMaría Antonieta de AustriaPalauAbrilVietnamReino UnidoLuis Mateo DíezLingua casteláEl Correo GallegoMondoñedoBrasilRetorno a Tagen AtaRevolución galega de 1846Revolución dos CaraveisPortolamoso, Curtis, CurtisUcraínaGuerraNormativa oficial do galegoConcellos de GaliciaNordés (vento)IndonesiaFerroAtlánticaEnsaio (literatura)PontevedraPalmaVento feridoEduardo PondalNacho VegasMaría Xosé QueizánXosé Manuel PiñeiroDelfínidosMergullón cristadoRebeliom do InframundoAntónio de Oliveira SalazarMarcelo Rebelo de SousaMeigaDiego González RivasFigueresParroquias de GaliciaSete SabiosXosé Luís BernalRepública ChecaAgustín Fernández PazSobreiraMexacánVerbos galegos ser, estar e irMiguel SolísGolfiño comúnHLA-DMFernando Salgado GarcíaRosario DúrcalPaís VascoMauro ScaloniFesta da Palabra SilenciadaMalena AlterioMerloMimosaChatGPTRebel MoonXavi HernándezLuís CíliaRamón María del Valle-Inclán🡆 More