Atentados De Bruxelas De 2016

Os atentados de Bruxelas de marzo de 2016 tiveron lugar o día 22 de marzo de 2016 no aeroporto e varias estacións do metro de Bruxelas, onde finaron polo menos 33 persoas e 250 resultaron feridas.

Atentados de Bruxelas de marzo de 2016
Atentados De Bruxelas De 2016
Aeroporto de Bruxelas, Estación Maelbeek/Maalbeek
LugarAtentados De Bruxelas De 2016 Bruxelas Bélxica Bélxica
Coordenadas50°52′37″N 4°25′54″L / 50.876833333333, 4.43158333333334°25′54″L / 50.876833333333, 4.4315833333333
Data22 de marzo de 2016
8:00 a.m. -tempo aproximado- (Bruxelas, Madrid)
Tipo de ataqueAtaque terrorista suicida
Arma(s)Bombas
Mortos33 (31 vítimas e 2 terroristas)
Feridos250 persoas
Sospeitoso(s)Estado Islámico
Motivoxihadismo
editar datos en Wikidata ]

Ataques

Atentados De Bruxelas De 2016 
Imaxe do aeroporto de Bruxelas.

Aeroporto

Houbo dúas explosións no Aeroporto de Bruxelas pouco despois das oito da mañá. Unha delas na terminal internacional de saídas, preto dos mostradores de American Airlines e SN Brussels Airlines. Segundo os medios franceses, a outra explosión tivo lugar na pista. As autoridades belgas confirmaron que as explosións foron provocadas por un terrorista suicida.

Metro

Atentados De Bruxelas De 2016 
Imaxe da estación de Maelbeek.

Unha explosión tivo lugar no traxecto entre as estacións de metro de Maelbeek e Schuman, preto do Parlamento Europeo, ás 09:11 CET. O Metro de Bruxelas foi pechado como consecuencia da explosión.

Vítimas

Mortos por país de orixe
Nacionalidade Morte
Por determinar 30
Atentados De Bruxelas De 2016  Perú * 1
Total 31
* Algunhas vítimas teñen máis dunha nacionalidade. Os datos están baseados nos datos preliminares e poden estar incompletos.

Nos atentados, polo menos 33 persoas, incluíndo os dous terroristas suicidas, resultaron mortos e outras 250 persoas feridas, algunhas delas de xeito crítico. Trece persoas morreron no Aeroporto de Bruxelas, mentres que os outros 20 morreron na estación de metro. 81 persoas resultaron feridas no aeroporto, mentres que o resto, resultaron feridas no metro. Este atentado foi o máis grave sufrido en Bélxica en toda a súa historia.

Autores

Atentados De Bruxelas De 2016 
Fotograma dunha cámara de seguridade do aeroporto no que se poden ver os tres sospeitosos de realizar o atentado (Khalid e Brahim el-Bakraoui, e Najim Laachraoui (dereita).

Sospéitase que os irmáns, Khalid e Brahim el-Bakraoui, foron os terroristas suicidas que fixeron estoupar as bombas no aeroporto de Bruxelas. Un terceiro home, foi visto xunto a eles nas gravacións de seguridade do aeroporto, e foi identificado como Najim Laachraoui. A policía belga emitiu unha orde de captura contra el. Estes homes están relacionados coa mesma célula terrorista que perpetrou os ataques terroristas de París en novembro de 2015.

No vídeo de seguridade, os tres homes aparecen empuxando un carro con maletas, nas que se cre que estaban aloxadas as bombas. Segundo o taxista que os levou ao aeroporto, tratou de axudalos coas maletas, pero eles negáronse. Os irmáns el-Bakroui levan un guante na man esquerda, que segundo se cre, serviu para ocultar o detonador.

Horas despois dos atentados, a policía foi levada a un domicilio en Schaerbeek, situado ao norte de Bruxelas, polo condutor do taxi que levou aos sospeitosos ao aeroporto. Tras entrar no domicilio, atoparon restos de materiais químicos, unha bandeira do Estado Islámico, entre outros materiais explosivos.

Laachraoui foi arrestado no suburbio bruxelés de Anderlecht o 23 de marzo.

Reaccións

Bélxica

O Órgano de Coordinación para a Análise da Ameaza (OCAM polas súas siglas en francés) activou o nivel 4 de alerta en todo o territorio nacional de Bélxica.

Os voos, instalacións ferroviarias, metro e demais instalacións de transporte, así como colexios e instalacións públicas foron pechadas. Así mesmo, o Parlamento Europeo foi evacuado e todas as reunións foron canceladas. O campus da ULB (Universidade libre de Bruxelas) foi evacuado.

O Ministro de Interior belga anunciou que o nivel de alerta terrorista sería elevado ao máximo por mor dos ataques.

Israel

Pouco despois de coñecerse a noticia das explosións, Israel emitiu unha prohibición a todos os voos procedentes de Europa. A prohibición ten vixencia desde as 10:30 ata a media noite (hora de Israel). Esta prohibición non afecta aos voos saíntes do país.

Países Baixos

Na fronteira entre Bélxica e os Países Baixos viuse reforzada a presenza policial. A seguridade reforzouse no Aeroporto de Schiphol. A seguridade tamén se viu reforzada nas catro principais estacións de tren e nas estacións fronteirizas con Bélxica.

Francia

A fronteira entre Francia e Bélxica pechouse. O Ministro de Interior de Francia, Bernard Cazeneuve indicou que Francia aumentará a presenza policial nas fronteiras, e será obrigatorio levar tarxetas de identificación no transporte público.

O Primeiro Ministro Manuel Valls afirmou que Europa está en guerra desde hai varios meses. Pola súa banda, a alcaldesa de París Anne Hidalgo, anunciou que a Torre Eiffel iluminarase coas cores da bandeira de Bélxica a tarde do 22 de marzo.

A estación de tren parisiense, Gare du Nord que ofrece servizos ata Bruxelas foi pechada de xeito temporal.

Reino Unido

No Reino Unido a seguridade aumentou no Aeroporto de Gatwick. O Primeiro Ministro David Cameron convocou o comité de emerxencia para analizar a situación.

España

Unha primeira comparecencia do Ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, José Manuel García-Margallo responsabiliza ao grupo DAESH dos atentados.

Europa

Todas as bolsas europeas rexistraron fortes caídas tras coñecerse a noticia.

Redes sociais

Horas despois do atentado o cancelo #JeSuisBruxelles e imaxes de Tintín chorando foron utilizadas nas redes sociais como reacción dos cidadáns fronte ao masacre.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Atentados De Bruxelas De 2016 AtaquesAtentados De Bruxelas De 2016 VítimasAtentados De Bruxelas De 2016 AutoresAtentados De Bruxelas De 2016 ReacciónsAtentados De Bruxelas De 2016 NotasAtentados De Bruxelas De 2016 Véxase taménAtentados De Bruxelas De 2016201622 de marzoAeroporto de BruxelasBruxelas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Salvador DalíEmilio González AfonsoFederico Jiménez LosantosSabela (Operación Triunfo)CataluñaPablo EcheniqueO porco de péAeroporto de VigoAs Pontes de García RodríguezPampallínLuís SeoaneLista de ósos do esqueleto humanoComarca de SarriaMaruxa MalloContactorBidueiroConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesAC-211Antón LamazaresÁnxel CasalNacho CastañoMichael JacksonManuel MaríaXurxo AyánGalego-portuguésLeninismoBala (grupo musical)Antón Villar PonteLista de estacións de tren de GaliciaAdriano Correia de OliveiraMedoTarragonaSalvador IllaAmérica do NorteEva CárdenasLudwig van Beethoven1868Manuel RicoO Pedrouzo, Arca, O PinoRicardo BeirasWayback MachineJulio Iglesias RedondoGoogleDaniel de la TorreAC-101Reino UnidoHarvey WeinsteinCanle (comunicación)FingeringLesakaTradescantia fluminensisLista de ríos de GaliciaCharles WhiteJesús Vázquez AlmuíñaMoisés Rodríguez PérezVilalba, Vilalba, VilalbaOman AirPosición aconchegadaGabriel García MárquezPeer-to-peerXeración dos 80A gaita gallega (libro)HVacaFrida KahloDía das Letras GalegasMíster EspañaMaría PitaConvento do Carme de Padrón🡆 More