Soiuz 5: Misión do programa espacial Soiuz

Soiuz 5 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 15 de xaneiro de 1969 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.

Soiuz 5
Soiuz 5: Características, Notas, Véxase tamén
TipoTripulada
Data de lanzamento15 de xaneiro de 1969, 7:04 GMT
Foguete portadorSoiuz 11A511
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur
Duración da misión3,04 días
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Soiuz 4.
Regreso18 de xaneiro de 1969, 7:58 GMT
NSSDC ID1969-005A
Masa6000,0 kg

Características

Soyuz 5, unha Soiuz modelo 7K-OK cos cosmonautas Boris Volinov, Aleksei Ieliseiev e Ievgeni Khrunov a bordo, foi unha nave lanzada para acoplarse coa Soiuz 4 no que sería o primeiro acoplamento soviético no espazo simulando un acoplamento en órbita lunar. A Soiuz 4 foi lanzada o día anterior á Soiuz 5, con Vladimir A. Shatalov a bordo. Tras sincronizar as órbitas as naves comezaron o achegamento automático o 16 de xaneiro ás 13:37 GMT ata que estiveron a 100 m de distancia, momento no que Shatalov tomou o control manual da nave e se acoplou suavemente no primeiro intento coa Soiuz 5. Khrunov e Ieliseiev, en traxe espacial, saíron da súa cápsula e entraron na Soiuz 4, mentres que Volinov quedou como único ocupante da 5. Tras 4 horas e 35 minutos acopladas a Soiuz 4 separouse da 5 e comezou o regreso á Terra cos tres cosmonautas a bordo mentres Volinov seguía en órbita. A Soiuz 5 comezou un regreso ao día seguinte que case lle costa a vida a Volinov: o módulo de servizo da nave non se separou antes da reentrada, como estaba previsto, e permaneceu unido á cápsula de reentrada, bloqueando o escudo térmico e, peor aínda, facendo que o conxunto, ao entrar nas capas máis altas da atmosfera, adoptara a posición máis aerodinámica para esa configuración, coa parte máis feble da cápsula de reentrada por diante e recibindo a maior parte da calor. Volinov, consciente do problema, non podía facer nada para solucionalo e pronto comezou a chegarlle o cheiro dos selos de goma que hermetizaban a portela da cápsula ao quentarse de máis pola reentrada. No último momento, antes de que a estrutura da cápsula cedera, o módulo de servizo liberouse, a cápsula reaxustouse na súa posición de reentrada a velocidades hipersónicas e o descenso, nunha traxectoria balística que alcanzou 9 G de deceleración e que danou os retrofoguetes de freado, o que lle custou a Volinov os dentes, aínda que sobreviviu á reentrada. O punto de aterraxe, no que a cápsula quedou ás 7:58 GMT do 18 de xaneiro, estaba a 2 km ao suroeste de Kustani. Volinov volvería a voar na Soiuz 21.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Soiuz 5 CaracterísticasSoiuz 5 NotasSoiuz 5 Véxase taménSoiuz 515 de xaneiro1969Cosmódromo de BaikonurSoiuz 11A511Unión Soviética

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Galicia estremeiraLeninBrad PittLince (zooloxía)Batalla de CovadongaJosé Luis GilPierre Simon LaplaceAWStatsCeroComarcas de GaliciaA PontenovaIuri GagarinA CoruñaThe BeatlesThais VillasVichelocregoIdade MediaFillas de CassandraOs demostrativos galegosNordés (vento)Trevo brancoIrene FerrerasGoretti SanmartínRicardo Carballo CaleroAires da miña terraFermin MuguruzaXabier DíazDomingo de AndradeConcha CostasMarçal MolinéHistoria de GaliciaMoucho comúnJulio IglesiasDavid VillaNikola TeslaArgimiro Marnotes FernándezMonforte de LemosAngelina MangoFidel CastroLista de episodios de O detective ConanMalores VillanuevaPenélope CruzAlianza Libre EuropeaAcrofiliaAndrés Martínez SalazarNintendo Entertainment SystemDaniel Castro GarcíaAdejeUnión EuropeaNancho NovoPhil CollinsCarlos AymerichLonga distancia RenfeCuntisLista de programas de Televisión EspañolaDiáspora galegaAntonio MingoteRomán Rodríguez GonzálezGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981Sólido platónicoCoordenadas xeográficasTeixugoAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoBAs Pontes de García RodríguezPaís VascoGalván en SaorGrândola, Vila MorenaJavier CasqueiroJorge Sanz Miranda🡆 More