Santiago Cazorla González, nado en Lugo de Llanera (Asturias) o 13 de decembro de 1984, é un futbolista español.
Xoga de centrocampista no Oviedo, da Segunda División.
Santi Cazorla | |||
---|---|---|---|
Cazorla xogando co Arsenal en 2012 | |||
Información persoal | |||
Nome | Santiago Cazorla González | ||
Nacemento | 13 de decembro de 1984 (39 anos) | ||
Lugar de nacemento | Lugo de Llanera | ||
Altura | 1,68 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Oviedo | ||
Carreira xuvenil | |||
1992–1996 | Covadonga | ||
1996–2003 | Oviedo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2002–2003 | Oviedo B | ||
2003–2006 | Villarreal B | 40 | (4) |
2003–2006 | Villarreal | 54 | (2) |
2006–2007 | Recreativo | 34 | (5) |
2007–2011 | Villarreal | 127 | (23) |
2011–2012 | Málaga | 129 | (25) |
2012–2018 | Arsenal | 129 | (25) |
2018–2020 | Villarreal | 70 | (15) |
2020–2023 | Al Sadd | 55 | (23) |
2023– | Oviedo | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2004–2006 | España sub-21 | 7 | (0) |
2008–2019 | España | 81 | (15) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 16 de agosto de 2023. Selección: actualizado a 16 de agosto de 2023.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Foi 81 veces internacional coa selección española, coa que gañou as Eurocopas de 2008 e 2012.
Santi Cazorla iniciou a súa carreira nas categorías inferiores do Club Deportivo Covadonga e pasou logo nove anos no Real Oviedo e un ano cedido ao Astur Club de Fútbol. En 2003, logo do descenso do Real Oviedo, Cazorla ficha polo Villarreal. Pasou as seguintes tres tempadas no equipo. Marcou 4 goles na Copa da UEFA e xogou 2 partidos da Liga de Campións.
No verán de 2006 é traspasado ao Recreativo de Huelva con opción de recompra por parte do Villarreal. O 17 de xullo de 2006 é presentado no seu novo equipo, no que xogaría unha tempada. Na tempada 2007/08 Cazorla ficha novamente polo Villarreal.
No verán de 2008, varios clubs europeos interésanse polo xogador asturiano, como o AS Roma ou o Real Madrid, pero finalmente Cazorla opta por renovar o seu contrato por catro anos co Villarreal.
No verán de 2011 víñase especulando coa súa posible fichaxe polo Málaga CF, feito que se materializou definitivamente entre ambos os clubs o 26 de xullo. O prezo da fichaxe foi de ao redor de 20 millóns de euros.
Foi 7 veces internacional coa selección española sub-21. O 17 de maio de 2008, foi convocado por primeira vez por Luis Aragonés coa selección absoluta para a Eurocopa 2008 disputada en Austria e Suíza. Debutou o 31 de maio de 2008 en Huelva nun amigábel contra Perú, e o 10 de xuño debutou en partido oficial en Innsbruck contra Rusia. O xogador marcou nos penaltis do partido de cuartos de final e tamén disputou a final da Eurocopa na que España gañou a Alemaña con gol de Fernando Torres.
Unha lesión impediu que fora convocado para o Mundial de Suráfrica de 2010, pero foi novamente convocado para o amigábel contra México do 5 de agosto de 2010.
Tamén foi seleccionado para xogar a Eurocopa 2012 de Polonia e Ucraína, na que España volveu conquistar o título de campioa de Europa.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Santiago Cazorla, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.