Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca, nado no castelo de Monterrei contra o ano 1495 e finado no mesmo lugar en 1559, foi un nobre galego da Casa de Zúñiga, III conde de Monterrei, señor de Biedma, de Ulloa, da casa da Ribeira, pertegueiro maior de Santiago, adiantado maior de Cazorla, que serviu ao emperador do Sacro Imperio Carlos V, a quen acompañou á súa coroación en Boloña e ao socorro de Viena, sitiada polo sultán turco Suleiman I.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Alonso de Zúñiga y Acevedo Fonseca 1495 (Gregoriano) Monterrei |
Morte | 1559 (Gregoriano) (63/64 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Outro | |
Título | Conde |
Fillo de Francisca de Zúñiga e Sánchez de Ulloa, II condesa de Monterrei, señora de Biedma, Ulloa, da casa de Ribeira e do seu esposo Diego de Acevedo e Fonseca, fillo natural de Alonso de Acevedo e Fonseca, arcebispo de Santiago de Compostela, patriarca de Alexandría, e María de Ulloa, señora de Cambados, señor de Bavilafuente e dos lugares de Moriningo, Sandomingo, Buenabarba, Garcigalindo e outros moitos en Castela e Estremadura, pertiguiero maior de Santiago e herdeiro dos Acevedo y Fonseca.
Alonso casou con María Pimentel de Mendoza, filla de Alonso Pimentel e Pacheco, V conde e II duque de Benavente, e da súa esposa Inés de Mendoza e Zúñiga, filla de Pedro González de Mendoza e Luna, I conde de Monteagudo, e da súu esposa Isabel de Zúñiga e Avellaneda. A súa avoa Isabel era filla de Diego López de Zúñiga e Guzmán, I conde de Miranda del Castañar, e da súa esposa María Ochoa de Avellaneda.
Do seu matrimonio tiveron catro fillos:
Ademais, Alonso deixou tres fillos naturais, un deles Diego de Zúñiga e Acevedo, capitán de lanzas, guerreiro de fama, a quen seu pai enviou, cunha compañía, ao seu custo, para socorrer a cidade de Perpiñán sitiada polos franceses.
Alonso acompañou o rei Carlos I de España á súa coroación como emperador do Sacro Imperio Romano polo papa Clemente VII en Boloña. Saíron de Barcelona a finais de xullo de 1529, arribaron a Xénova o 6 de agosto, e o 6 de decembro entraron en Boloña.
O Emperador recibiu o 22 de febreiro de 1530 a Coroa de Ferro da Lombardía e o 24 do mesmo mes a Coroa e as Insignias do Sacro Imperio Romano de mans do papa Clemente VII. Asistiu co Emperador Carlos V ao auxilio de Viena en 1532, sitiada polo sultán turco Suleiman I "O Magnífico".
Na basílica de San Lourenzo "o Maior" de Nápoles encóntrase na sala de entrada á basílica o seu escudo de armas en recordo das obras de reconstrución que durante a súa estada nesa cidade se fixeron.
En 1539 mandou erixir o monumental palacio de Monterrei en Salamanca, que foi deseñado polo arquitecto Rodrigo Gil de Hontañón. O palacio é de planta cadrada con torres nos ángulos e patio central. A obra comezouse a construír o 18 de xaneiro de 1539 e foi executada polos mestres Pedro de Ibarra e Pedro Miguel de Aguirre. En vida de Alonso só se construíu unha cuarta parte do proxecto. Por concesión real de 17 de febreiro de 1540 obtivo poder para vender ou establecer censo sobre os bens do seu morgado. O seu segundo neto Manuel Alonso de Zúñiga Acevedo e Fonseca tratou en 1640 de realizar o plano orixinal, pero non tivo éxito.
O edificio, obra cumio do renacemento español consta de tres andarfes. A galería do último corpo ten arcos renacentistas. Os balcóns e ventás están adornados con decoración plateresca. Frei Martín de Santiago deseñou os ornamentos do conxunto con leóns e animais fantásticos, que sosteñen os escudos coas armas dos Zúñiga, Fonseca, Acevedo, Soutomaior e Ulloa. O palacio foi declarado o 6 de maio de 1929 Monumento Histórico Nacional.
O conde Alonso, residente en Valladolid, humanista, mecenas e amigo de Francisco de Borja, superior dos conventos xesuítas de España, decidiu fundar un Colexio xesuíta na súa vila natal. A escritura de fundación do Colexio da Compañía de Xesús San Xoán Bautista de Verín foi asinada en 1555 e as obras de edificación estaban rematadas en 1556.
Foi tamén patrón do Colexio de Santiago Alfeo, ou de Fonseca, de Santiago de Compostela, fundado polo seu tío Alonso de Fonseca e Ulloa (1475-1534) arcebispo de Santiago e, despois, arcebispo de Toledo e Primado de España, coa aprobación do papa Clemente VII por bula do 15 de marzo de 1526. Este Colexio foi a matriz da actual Universidade de Santiago de Compostela.
O conde Alonso tivo grandes diferenzas con Fernando Ruiz de Castro e Portugal, IV conde de Lemos, I marqués de Sarria, casado coa sobriña de Alonso, Teresa de Andrade Zúñiga e Ulloa, sobre a pertenza da abadía do Convento da Trindade de Ourense. Gañou a guerra que houbo entre ambas as casas, e o seu fillo Alonso foi o seu abade.
O conde Alonso herdou o Adiantado de Cazorla do seu tío Alonso de Fonseca e Ulloa, e, á morte da súa nai en 1526 foi o III conde de Monterrei, señor de Biedma, de Ulloa, da casa da Ribeira, pertiguiero maior de Santiago e, en sucesión ao seu pai, falecido en 1496, dos moroados dos Acevedo e Fonseca. Por escritura do 22 de novembro de 1556 fundou morgado.
Alonso de Zúñiga faleceu en 1559 na fortaleza de Monterrei, onde nacera, e foi soterrado en Verín na Igrexa da Compañía de Xesús que el fundara.
Predecesor: Francisca de Zúñiga e Sánchez de Ulloa | Conde de Monterrei 1526 - 1559 | Sucesor: Xerome de Zúñiga e Acevedo |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.