Salmán bin Abdulaziz al Saud, en árabe سلمان بن عبدالعزيز آل سعود, nado en Riad o 31 de decembro de 1935, é o actual rei de Arabia Saudita ao suceder en xaneiro de 2015 o seu medio-irmán Abdalá I, falecido.
Membro da casa de Saud, a dinastía gobernante en Arabia Saudita, é irmán de Fahd I, quen foi rei entre 1982 e 2005, e medio irmán de Abdalá I, o seu predecesor no trono e continuador de Fahd.
Foi gobernador da provincia de Riad desde 1963 a 2011, cando foi nomeado ministro de Defensa polo monarca Abdalá I. Ascendeu ao trono no mesmo día da morte deste, nun hospital saudita.
Precedido por: Abdalá I | Reis de Arabia Saudita e Líderes da Casa de Saud | Sucedido por: -- |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Salmán I, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.