Río Isonzo

13°38′29″L / 45.99444, -13.64139

O río Isonzo (en italiano) (Lusinç en friulano), Soča en esloveno, Sontig en alemán, Aesontius ou Isontius en latín) é un río de 140 km de lonxitude que flúe a través de Eslovenia occidental e desemboca no nordeste de Italia.

Río Isonzo
Vista do río Isonzo ou Soča
Río Isonzo
Curso do Soča / Isonzo

Características

É un característico río alpino, cuxa fonte está situada a 1 100 m de altitude, nos Alpes Xulianos, ao oeste do monte Triglav, o pico máis alto de Eslovenia.

Despois de atravesar dito monte, seu curso diríxese ao sur, percorrendo as localidades de Bovec, Kobarid, Tolmin, Nova Gorica e Gorizia, para, finalmente, desembocar no mar Adriático, cerca da cidade italiana de Monfalcone. Así, o Soča percorre 99 km en Eslovenia e 41 km en Italia.

O curso actual do río é o resultado de varios imoportantes cambios que se produciron durante os últimos 2 000 anos. Segundo o historiador romano Estrabón, o río chamado Aesontius, na época romana pasaba por Aquileia ata o mar Adriático, era esencialmente o sistema fluvial do Natisone e o Torre. En 585, un corremento de terras cortou a parte superior do leito do río Natisone, provocando a súa posterior captura polo río Bontius. A descarga subterránea orixinal do Bontius no Timavo quedou obstruída, e outra avulsión devolveu o novo curso de auga ao leito do baixo Natisone.

Durante os séculos seguintes, o estuario deste novo río, o Soča, desprazouse cara ao leste até captar o curto río costeiro Sdobba, polo que agora o Isonzo desemboca no mar Adriático. A antiga ría (do Aesontius, e o primeiro Isonzo) na recentemente formada lagoa de Grado converteuse nun regato costeiro independente.

Batallas no val do Isonzo

O val do Isonzo, ou val do Soča foi o escenario dunha das maiores operacións bélicas da primeira guerra mundial, entre maio de 1915 e novembro de 1917.

Nese período sucedéronse as doce batallas do Isonzo na fronte italiana, na que máis de 300 000 soldados italianos e austro-húngaros perderon a vida.

Deporte

Adoitan realizarse carreiras en caiac río abaixo.

Notas

Véxase tamén

Tags:

Río Isonzo CaracterísticasRío Isonzo Batallas no val do IsonzoRío Isonzo DeporteRío Isonzo NotasRío Isonzo Véxase taménRío IsonzoCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

VáknerSri LankaSangueJorge PeteiroLista das aves de GaliciaLabor Gallega (A Habana)Real Club Celta de VigoJosé Manuel Rodríguez PuenteÁlbum de la CaridadOs adverbios galegosYolanda CastañoGabriel AlénBolboretaTonhito de PoiXosé Neira VilasNacho VegasAmérica do NorteMaría do Socorro Ortega RomeroFelaciónLista de palabras galegas de orixe celtaDeserto do SáharaCunnilingusBeteluMTaylor SwiftSete SabiosRicardo BeirasLista de deuses celtasAlberto FortesIrmandiñosManuel Otero MartínezIrene JunqueraAguia imperial ibéricaArroazLorenzo VarelaGrupo RompenteOllos de augaPanxermanismoO GroveFederico Jiménez Losantosoyz9zLontreiraIgantziLuís SeoaneManuel FragaMártires de CarralGonzalo Pérez JácomeRetorno a Tagen AtaAlberto Núñez FeijóoTeoMilánXosé Luís Méndez FerrínLeymaSílvia OrriolsVila Nova de CerveiraAbrilTelevisión de GaliciaTeoría de númerosPosición aconchegadaCarlos NegroAna RomaníDe NinghuresMíster EspañaGuerraO divino saineteDelfínidosFerrer BassaImperio BritánicoMark Lewis JonesLista de voces dos animaisJosé Saramago🡆 More