Monte Triglav

13°50′12″L / 46.378333, 13.836667

O monte Triglav ou Terglou (en alemán Dreikopf, en italiano Monte Tricorno) é con 2 864 msnm o cume máis alto dos Alpes Xulianos e de Eslovenia. O Triglav é un dos símbolos nacionais de Eslovenia, formando parte dos motivos centrais do escudo do país, e que se reproduce na bandeira. Segundo un antigo costume, cada esloveno debe subir polo menos unha vez na súa vida ao Triglav.

Monte Triglav
{{{PAGENAME}}}
O monte Triglav, punto máis alto de Eslovenia
Localización xeográfica
CordilleiraAlpes Xulianos
Localización administrativa
LocalizaciónEslovenia
Características xerais
Altitude2864 m
Montañismo
Primeira ascensión25 de agosto de 1778

Xeografía

Sitúase no medio do denominado Parque Nacional de Triglav, o único parque nacional esloveno, que se estende por 84 800 ha, no extremo noroeste do país e non demasiado lonxe das fronteiras con Austria e Italia. Co seu típico perfil é inconfundíbel desde unha distancia duns 100 km. A súa parede norte sobre o val de Vratatal é impoñente pola súa anchura de 3 km e a altura de 1 500 m, o que a converten nunha das paredes máis elevadas dos Alpes orientais, xunto coas do Watzmann (cara leste) e do Hochstade (cara norte).

Hidrografía

Aos seus pés nacen dúas importantes correntes fluviais: o río Sava, que é un afluente do Danubio; e o Soča (italiano Isonzo), que, por contra, flúe cara ao mar Adriático.

No suroeste da montaña, hai tamén unha zona con sete lagoas, de orixe cárstica, denominada o Val dos lagos do Triglav (en esloveno Dolina Triglavskih jezer).

O vigoroso relevo de paredes verticais do Triglav, como o doutros picos dos Alpes Xulianos, débese, en parte, aos materiais xeolóxicos de que están constituídos, que son maioritariamente calcarias e dolomitas.

Orixe do nome

O nome significa "tres cabezas" ou "tricéfalo". Triglav era tamén o nome dunha antiga divindade eslava, precisamente tricéfala, e así se representaba.

Tags:

Coordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ColinesteraseCinque TerreRolls-Royce TrentCalzada do XiganteCrise financeira de 2007-2008Xosé Manuel PiñeiroÁcido nonadecanoicoCastro de BorneiroGuamAletaArvicola amphibiusA lei de Lidia PoëtÁcido cápricoBeta-oxidaciónIdade MediaProvincias de EspañaEscualenoLewis HamiltonArchaeopteryxGuepardoSionismoArtigo (gramática)BorschARN mensaxeiroLinguas de EuropaOrixe das avesCarlos XV de SueciaDomantas SabonisCitharus linguatulaLeirón rabudoCarmen Rodríguez DacostaDaniel RicciardoCabaloÁcido sapiénicoParasitismoAlto do FioucoMiguel HernándezRibocimaEdicto de MilánCelastrina argiolusEvoluciónPhoenicopteriformesMarçal MolinéTergoEsteroideStoffel VandoornePimpíns de DarwinKingston, OntarioDistributivo-temporalKeanu ReevesIllas CookMaroon 5DedativoWilliam Smith (lexicógrafo)North American Racing TeamGallus gallus domesticusAparello dixestivoSupernovaDryophytes versicolorBreixoBadalonaTranscrición xenéticaCircuíto Ricardo TormoFrancisco, papaInlativoMontederramoAmérica do NortePonte das PíasBrandeburgoGalileo GalileiLingua malékuCancro colorrectalTurcoMelbourne Grand Prix CircuitFukuoka🡆 More