Representación Proporcional

A representación proporcional ou escrutinio proporcional plurinominal é un sistema electoral no que a porcentaxe de votos que reciben os partidos políticos determina o número de escanos que lles son asignados nas asembleas lexislativas ou parlamento.

Este sistema de representación distínguese do sistema de representación directa porque case todos os partidos políticos son representados no corpo lexislativo, sen importar que non obteñan maioría relativa en ningún distrito electoral. Polo tanto, tamén se chama sistema de representación plena.

Existen diversas formas de representación proporcional, como a representación proporcional con listas de candidatos, nas que os votantes votan por partidos políticos; os partidos presentan unha lista de candidatos aos cales se lles asignan escanos de acordo á porcentaxe de votos que obteñan. Nalgúns países a este sistema de elección denominouse como Sistema de cocientes e subcocientes sendo moi utilizado para a elección de membros de cámaras lexislativas en moitos países. Outro sistema é o cociente Hare ou voto único transferíbel, o cal non depende da existencia de partidos políticos. Algúns estados, como os Países Baixos, combinan os dous aspectos. A maioría dos países con democracias parlamentarias utilizan sistemas de representación proporcional, aínda que a maioría dos países anglófonos utilicen sistemas de representación directa (salvo Suráfrica, Nova Zelandia, Irlanda, Escocia, Gales, Serra Leoa e Guïana). A maioría dos sistemas presidencialistas utilizan a representación directa, aínda que algúns países latinoamericanos, como a Arxentina e México, aplicaron unha combinación dos dous sistemas.

Outros sistemas electorais

  • Escrutinio uninominal maioritario
  • Representación proporcional mixta


Tags:

Parlamento

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Florentino López CuevillasEl Correo GallegoColocación do pronome átono en galegoLeonardo da VinciAlfabeto galegoHenrique VIII de InglaterraBritney SpearsO GroveAmaia Martínez GrisaleñaConcellos de GaliciaGarbiñe MuguruzaEleccións municipais en SadaPortugalLeopoldo RubidoCuarzoVietnamCarballedo, Cerdedo-CotobadeFrancisco Varela OuroNoiaPanxermanismoXunta Suprema do Reino de GaliciaTransformador (modelo de aprendizaxe automática)Armando BlancoMiguel Ángel Zabalza BerazaLorenzo VarelaVerbos galegos ser, estar e irCaraveleiraArroazFerroAtlánticaSuízaCharles DarwinYolanda DíazMarta Fernández-TapiasHeraldo de ViveroLareiraSonia MéndezPontellaÁlvaro MorataAntonio López FerreiroGabriel RufiánRocco SiffrediConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesMadridSri LankaPastora Dominga González ViéitezOurioloAmérica LatinaAsteraceaeManuel FragaThibaut Courtoisc70mgJesús Hidalgo BermejoSusana FortesEstados Unidos de AméricaCastro de Punta do BicoLuísa VillaltaMaría Xosé QueizánGame Boy Advance SPXabier DíazGuerraGalileo GalileiThe ArtistGabriel García MárquezNarónEsther EstévezSalvador DalíÁnxel CasalNoelia ReyRamón María del Valle-InclánPili PampínQueiroaEstadio de TammelaMoscovaInstagram🡆 More