Mísil R-11

R-11 foi a denominación do primeiro mísil soviético que usou propelentes almacenables e desenvolvido a partir do mísil alemán Wasserfall pola OKB-1 de Korolev.

Foi tamén coñecido polo seu índice GRAU como 8A61 e pola súa denominación OTAN como SS-1 Scud A, sendo o primeiro de varios modelos de mísil coñecidos baixo o nome de Scud.

Mísil R-11
Un mísil R-11 en exposición no Museo de Historia Militar do Distrito Militar Volga-Urais.

Historia

O R-11 xurdiu como unha arma transportable por estrada co fin de acercalo ao seus obxectivos sen necesitar un grande alcance, que sería similar ó das V-2 pero tendo a metade de tamaño e usando propelentes non crioxénicos (ácido nítrico e queroseno).

O primeiro voo dun R-11 tivo lugar o 18 de abril de 1953, atopándose problemas durante as probas, como a baixa calidade do queroseno empregado no mísil, perdas de propelente e pouca fiabilidade da ignición do motor. A pesar de todo, o exército veuno como máis prometedor que os mísiles de propelentes crioxénicos, preferidos por Korolev. O 13 de decembro de 1953 un decreto asignou a fabricación do R-11 á fábrica 385, situada nos Urais, previamente elixida (e finalmente descartada) para fabricar o R-1.

Tras dous anos de probas, o mísil foi aceptado para o servizo o 13 de xullo de 1955. Ademais decidiuse construír unha versión portable para submarinos, o R-11FM, que foi aceptada para servizo en 1959 aínda que nunca chegou a ser despregada.

Os problemas do R-11 orixinal foron resoltos, incluíndo o uso dunha nova combinación de propelentes, e unha versión máis avanzada pasou a denominarse R-11M, aceptándose para o servizo o 1 de abril de 1958.

O R-11 deu paso finalmente ao R-17, unha versión mellorada que foi exportada a outros países, sendo coñecido como Scud-B.

Características

  • Peso: 5.337 kg
  • Pulo: 101,0 kN
  • Diámetro: 0,85 m
  • Envergadura: 1,80 m
  • Lonxitude: 10,67 m
  • Carga útil: 699 kg
  • Apoxeo: 160 km
  • Alcance máximo: 160 km
  • CEP: 5,16 km
  • Velocidade máxima: 5160 km/h
  • Fabricados: 105

Notas

  • Wade, Mark (2011). "R-11" (en inglés). Consultado o 23 de agosto de 2016. 

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Mísil R-11 HistoriaMísil R-11 CaracterísticasMísil R-11 NotasMísil R-11 Véxase taménMísil R-11AlemañaKorolevMísilUnión Soviética

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Dani MateoXaxún no islamTarragonaCapela da Virxe Peregrina de PontevedraO incerto señor Don HamletSílvia OrriolsGemeinsame NormdateiLepeFacebookXohana TorresÑAnxo Xoán Rajó PazóBillardaFamilia CaamagnoMats HummelsCarlo AncelottiTeresa RabalCastiñeiroOs ÁnxelesEric SaadeVladimir PutinBoyanka Kostova (grupo musical)Cantiga nova que se chama RiveiraMia KhalifaOlga NovoCélula pancreática acinarXosé Neira VilasXogos popularesBandeira AzulRoberto Vidal BolañoPraza da QuintanaIlla de San SimónFrancisco Porto MellaJennifer LopezGalego-portuguésLingua galegaRamadánGuerra da Independencia españolaDavid BroncanoMediaWikiNacho CastañoOrganización para a Seguridade e a Cooperación en EuropaRías de GaliciaOpinaDores TembrásCarlos CasaresCorzoIslandiaIgnacio GarrigaCastelo de LoarreAfonso EiréJean-Paul SartreEstatuto de autonomía de Galicia de 1936Viggo MortensenLeninismoFilipe IV de EspañaMikhail UlyanovArquímedesRicardo FradeCopa da CostaSalvador DalíCarl von LinnéXosé Carlos CaneiroBanda deseñadaO reino medieval de Galicia na historiografíaPilar RubioManuel Quiroga LosadaExidio CuíñasReal Club Celta de VigoXeiraXoanqui AmeixeirasBugalloRamón CamposTribadismoSabinaTapa (peixe)FelaciónSéchu Sende🡆 More