Cantiga nova que se chama Riveira é un libro de poesía de Álvaro Cunqueiro publicado en 1933 por Resol.
Reeditado nunha edición ampliada en 1957 por Editorial Monterrey. Premio Gil Vicente. Tamén reeditado pola Editorial Galaxia na Obra en galego Completa I (1980).
Cantiga nova que se chama Riveira | |
---|---|
Autor/a | Álvaro Cunqueiro |
Ilustrador/a | Luís Seoane |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galega |
Xénero(s) | Poesía |
Editorial | Resol |
Data de pub. | 1933 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi o seu primeiro grande acerto poético. Integrado por cancións de fasquía popular e poemas nos que lembra, modernizándoos, aos grandes autores da cantiga de amigo do noso século XIII. Así inicia a súa liña neotrobadoresca, da que se considera o representante máis significado, sen a pesadez arcaizante de Bouza Brey. Combina a imaxe vangardista con esquemas métricos tradicionais, en sintonía co neopopularismo e gilvicentismo dos poetas da Xeración do 27 española, maiormente Rafael Alberti e Federico García Lorca. Moitos dos poemas forman parte de A dama e o cabaleiro de Amancio Prada. As orixes do libro están na lectura das cantigas de amigo e nas cantigas de amor de José Joaquim Nunes.
Segundo o Diccionario da literatura galega:
"Incide na nosa tradición achegándose a un neotrobadorismo peneirado pola actualización neopopularista. O seu espírito lúdico e a combinación dos ríxidos moldes tradicionais cun certo impresionismo e imaxes audaces convértea na obra máis celebrada da corrente."
Segundo Xosé Ramón Pena:
"En efecto, e como sinalou F. Salinas Portugal (1991: 54), en Cantiga nova a pulsión do texto radica no atrevemento das imaxes e aínda «na brillantez e musicalidade verbal»; «a materia fónica (significante) convértese en significado abríndose a unha pluridimensionalidade de significacións»."
This article uses material from the Wikipedia Galego article Cantiga nova que se chama Riveira, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.