Proxima Centauri B: Planeta extrasolar

Proxima Centauri b (tamén coñecido como Proxima b) é un planeta extrasolar que orbita na zona de habitabilidade da estrela anana vermella Proxima Centauri, a estrela máis achegada ó Sol.

Atópase a 4,2 anos luz (1,3 parsecs ou 40 trillóns de quilómetros) da Terra, na constelación de Centaurus, converténdoo no planeta extrasolar coñecido máis achegado ó Sistema Solar. É candidato de habitabilidade planetaria, malia que non é o mellor candidato comparándoo con outros planetas de tamaños semellantes, pero é preciso ter máis información sobre as características físicas do planeta para unha avaliación axeitada.

Proxima Centauri B: Planeta extrasolar
Recreación artística da superficie de Proxima Centauri b, orbitando a anana vermella Proxima Centauri, a estrela máis achegada ó Sistema Solar.

En agosto de 2016, o Observatorio austral europeo anunciou o descubrimento do planeta. O planeta foi atopado empregnado a método da velocidade radial, onde os cambios periódicos das liñas espectrais da estrela suxiren un obxecto orbitante. Segundo esta tese, a velocidade radial da estrela nai en relación coa Terra varía a súa amplitude a 2 metros por segundo. Orbita a estrela a unha distancia de aproximadamente 0,05 AU (7,5 millóns de km) cun período orbital de aproximadamente 11,2 días terrestres. A masa estimada do planeta é polo menos 1,3 veces a da Terra. A temperatura de equilibrio de Proxima b estímase que se atopa dentro do rango onde a auga podería existir como líquido na súa superficie, situándoa dentro da zona habitable de Proxima Centauri, aínda que debido a que Proxima Centauri é unha anana vermella e unha estrela flamante, non se prevé que poida soportar a vida.

O investigador Guillem Anglada Escudé, que liderou o proxecto do descubrimento, cre que a súa proximidade coa Terra ofrece unha oportunidade para a exploración robótica do planeta co proxecto Starshot ou, cando menos, "nos vindeiros séculos".

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Anana vermellaAno luzCentaurusEstrela (astronomía)Habitabilidade planetariaParsecPlaneta extrasolarProxima CentauriQuilómetroSistema SolarSolZona de habitabilidade

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Vaca1789Carballeda de ValdeorrasXXX edición dos Premios GoyaHaile GebrselassieÁcido nonadecanoicoMarta DarribaMártires de CarralWilliam Smith (lexicógrafo)Carmen Rodríguez DacostaDedativoArmeniaFernando Salgado GarcíaBacaladaMarjorie Emory SimpsonGianluigi BuffonOlympique de MarseilleLista de concellos de OurenseGaliciaRubén RiveraPericarditeVía da pentosa fosfatoUniversidade de WürzburgPedro I do BrasilSergio Pérez MendozaGalería de imaxes das Pontes de García RodríguezMySQLInstrumentalAletaCirrio comúnCélula naiAporofobiaFasiánidosBrecaOpisthocomiformesDomantas SabonisCanle (enxeñaría)DactiliaArcade, SoutomaiorPreposicionalAnna Maleras ColoméNoruega1801Jan Baptista van HelmontHistoria AugustaMúsicaLingua islandesaCarlos XV de SueciaFisioterapiaLipoproteína de baixa densidadePiñeiroÁcido graxo sintaseAmhrán na bhFiannGaravanzoAd libitumFauna de GaliciaNeornithesCabo VerdeFusión do ADNNana MouschouriPeleoDolores RedondoQuirópterosBenito KamelasARN transferenteLuis ZaheraUniversidade de GranadaOpisthocomus hoazinRolls-Royce TrentCastro de San Cibrao de LasÁcido vaccénicoADN mitocondrialARN polimeraseBenz Patent-MotorwagenBudismoLingua estonianaEtiopíaLaza🡆 More