Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina

A Arxentina está dividida en 23 provincias e unha cidade autónoma, Buenos Aires, que acolle a capital federal.

Debido á súa estrutura federal, as provincias arxentinas conservan unha ampla autonomía retendo todas as competencias non delegadas á federación. Internamente subdivídense en departamentos, chamados partidos na Provincia de Buenos Aires e comunas na Cidade Autónoma de Buenos Aires. A nivel político, cada provincia conta cun sistema de goberno republicano, democrático e réxese por unha constitución de seu.

Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina

Historia

Catorce das provincias son preexistentes ao estado nación arxentino, sendo herdeiras das demarcacións coloniais. As provincias orixinais son as seguintes, indícase entre parénteses o ano de unión:

  1. Provincia de Buenos Aires (1820)
  2. Provincia de Catamarca (1821)
  3. Provincia de Córdoba (1820)
  4. Provincia de Corrientes (1814)
  5. Provincia de Entre Ríos (1814)
  6. Provincia de Jujuy (1836)
  7. Provincia de La Rioja (1820)
  8. Provincia de Mendoza (1820)
  9. Provincia de Salta (1836)
  10. Provincia de San Juan (1820)
  11. Provincia de San Luis (1820)
  12. Provincia de Santa Fe (1816)
  13. Provincia de Santiago del Estero (1820)
  14. Provincia de Tucumán (1825)

Con posterioridade á organización nacional da República Arxentina (1853-1860), varios territorios foron incorporados logo de campañas militares sobre os territorios indíxenas do norte (Gran Chaco) e do sur (Patagonia) do país. Estes foron organizados coa denominación de "territorio nacional" e estaban baixo a autoridade dun gobernador designado polo goberno federal. Estes territorios acabaron por ser convertidos en provincias entre mediados do século XX e 1990. As provincias que naceron de antigos territorios nacionais son os seguintes, indícase entre parénteses o ano da provincialización:

Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
Provincias da Arxentina. Os territorios en laranxa non están baixo soberanía arxentina efectiva: ou ben forman parte do Reino Unido (Illas do Atlántico Sur) ou trátase dun reclamo en suspenso (Antártida Arxentina)
  1. Provincia do Chaco (1951)
  2. Provincia do Chubut (1955)
  3. Provincia de Formosa (1955)
  4. Provincia de Misiones (1953)
  5. Provincia de Neuquén (1955)
  6. Provincia da Pampa (1951)
  7. Provincia de Río Negro (1955)
  8. Provincia de Santa Cruz (1956)
  9. Provincia de Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur (1990)

A condición de Buenos Aires como capital da federación e da provincia provocou grandes tensións e problemas que condicionaron á construción do estado nacional arxentino. Finalmente, no 1880, o Presidente da Nación Arxentina, Nicolás Avellaneda, impuxo a federalización da cidade de Buenos Aires segregándoa da provincia homónima e converténdoa nun distrito federal. Dende entón, e ata 1996, a Buenos Aires funcionou como un municipio á fronte do cal estaba un intendente nomeado polo xefe do Estado da Arxentina coa aprobación do Senado federal. No 1996 mudou o sistema de goberno no marco da reforma constitucional do 1994, sendo partir dese ano a Cidade Autónoma de Buenos Aires con funcións equivalentes ás provinciais.

Listaxe de provincias

1 Provincia CPA Pob. (2008) Sup. (km²) Capital Bandeira
1 Buenos Aires B 15.052.177 307.804 La Plata Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
2 Córdoba X 3.340.041 168.766 Córdoba Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
3 Santa Fe S 3.242.551 133.007 Santa Fe de la Vera Cruz Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
4 Mendoza M 1.729.660 150.839 Mendoza del Nuevo Valle de La Rioja Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
5 Tucumán T 1.995.384 22.524 San Miguel de Tucumán Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
6 Entre Ríos E 1.255.787 78.781 Paraná Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
7 Salta A 1.224.022 154.775 Salta Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
8 Misiones N 1.077.987 29.801 Posadas Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
9 Chaco H 1.052.185 99.633 Resistencia Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
10 Corrientes W 1.013.443 88.199 San Juan de Vera de las Siete Corrientes Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
11 Provincia de Santiago del Estero G 865.546 135.254 Santiago del Estero del Nuevo Maestrazgo Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
12 Jujuy Y 679.975 53.219 San Salvador de Velasco en el Valle de Jujuy Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
13 San Juan J 695.640 89.651 San Juan de la Frontera Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
14 Río Negro R 597.476 203.013 Viedma Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
15 Formosa P 539.883 72.066 Formosa Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
16 Neuquén Q 547.742 94.078 Neuquén Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
17 Chubut U 460.684 224.686 Rawson Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
18 San Luis D 437.544 76.748 San Luis Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
19 Catamarca K 388.416 99.818 San Fernando del Valle de Catamarca Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
20 La Rioja F 341.207 89.680 La Rioja Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
21 La Pampa L 333.550 143.440 Santa Rosa Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
22 Santa Cruz Z 225.920 243.943 Río Gallegos Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
23 Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico Sur V 126.212 1.002.352 Ushuaia Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 
Cidade autónoma CPA Pob. (2010) Sup. (km²) Bandeira
Buenos Aires 2.890.151 203 Provincias Da Arxentina: Subdivisión administrativa da Arxentina 

Notas

Tags:

ArxentinaBuenos AiresCidade autónomaConstituciónDemocraciaProvinciaProvincia de Buenos AiresRepública

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Oman AirOs pronomes persoais galegosLista de ríos de GaliciaDavid SuchetSistema operativoMecanismo de AnticiteraSalvador IllaCinema pornográficoIsabel Díaz AyusoÁlvaro MorataO PorriñoLista de episodios de DoraemonScarlett JohanssonDomingo García-SabellO Pedrouzo, Arca, O PinoJordi PujolFederico Jiménez LosantosVladimir PutinSupermanCarlos CasaresAsalto do bou EvaMedalla CastelaoCharles DarwinAntón LamazaresBlogUcraínaLeninismoTonhito de PoiThe ArtistHorteláJorge LorenzoLabor Gallega (A Habana)Pablo MartinezFala de EstremaduraLeitzaXosé Neira Vilas22 de xulloRastroTotó GarcíaCeleste CaeiroBerrogüettoDepartamento de ApurímacGuillermo Alonso BarciaPemento de PadrónHans ZimmerPerífrases verbais galegasTeixugoBortziriakAmieiroRebeliom do InframundoBenito Kamelas1915Raquel Castro MartínezClara CampoamorValenciaÁlbum de la CaridadCarlos NegroAguia imperial ibéricaSílvia Orriolsoyz9zPobo palestinoEva MejutoDistritos de PortugalO porco de péAna RomaníGoizuetaRataXogos floraisJude BellinghamJosé María Barreiro GómezMaría a BalteiraAdolf HitlerRetorno a Tagen AtaMovimento das Forças Armadas🡆 More