Córdoba, Arxentina: Cidade da Arxentina

Córdoba é unha cidade arxentina, capital da provincia homónima, situada na rexión central do país, a ambas as beiras do Río Suquía, con preto de 1 400 000 habitantes.

O seu territorio está dividido en 10 Centros de Participación Comunal, e é o único municipio do Departamento Capital.

Modelo:Xeografía políticaCórdoba, Arxentina
Córdoba, Arxentina: Historia, Xeografía, Poboación
Córdoba, Arxentina: Historia, Xeografía, Poboación
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 31°25′S 64°11′O / -31.42, -64.1864°11′O / -31.42, -64.18
EstadoArxentina
Provincia da ArxentinaProvincia de Córdoba
Departamento da Argentina (pt) TraducirCapital (departamento de Córdova) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.329.604 (2010) Editar o valor em Wikidata (2.308,34 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie576 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude390 m Editar o valor em Wikidata
Creación1573 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivoCabinet of Córdoba (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Alcalde Editar o valor em WikidataDaniel Passerini (en) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoQ5780796 Traducir , (Escano: 31) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalX5000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico351 e 3543 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcordoba.gob.ar Editar o valor em Wikidata
Facebook: MuniCba Twitter: MuniCba Instagram: municba Youtube: UCiNCFq3xTTai4vsBz1QGf1A Editar o valor em Wikidata

Pola súa extensión, 576 km². Ten forma de cadrado de pouco menos de 24 km de lado. Limita ao norte co departamento Colón; ao leste co Departamento Colón (norte do río Suquía) e o departamento Santa María (sur do río Suquía); ao sur co Departamento Santa María e ao oeste co Departamento Santa María (sur do río Suquía) e o Departamento Colón (norte do río Suquía).

Historia

Córdoba, Arxentina: Historia, Xeografía, Poboación 
Acta fundacional da cidade.

Córdoba foi fundada o 6 de xullo de 1573 polo adiantado Jerónimo Luis de Cabrera co nome de Córdoba da Nova Andalucía, mais desobedeceu as ordes do Vicerrei do Perú e fundou Córdoba máis ao sur da xurisdición que se lle asignara. Dita desobediencia motivou que Cabrera fora decapitado na cidade de Lima, o 17 de agosto de 1574.

En 1580 comezou a construción da Catedral de Córdoba, finalizada en 1758. En 1610 fundouse o Colexio Máximo do cal derivou en 1613 a Universidade de Córdoba (actualmente Universidade Nacional de Córdoba), a máis antiga do país e a cuarta de América.

Xeografía

O río Suquía atravesa o termo municipal en sentido noroeste a leste. Ten as súas nacentes no Val de Punilla a máis de 70 km ao oeste do centro da cidade, sendo as súas augas embalsadas no Lago San Roque a máis de 25 km de dicho centro. Por outro lado, o arroio La Cañada transcorre en sentido suroeste a norte e conflúe co río Suquía na zona céntrica da cidade. Este arroio foi encamiñado na terceira década do século XX xa que provocaba inundacións fatídicas. A cidade esténdese sobre ambas as orelas e é atravesado por outros cursos de auga menores, como o arroio do Infiernillo.

Barrios

Córdoba posúe máis de 400 barrios, algúns extensos como Alto Alberdi, pero a maioría de poucos quinteiros. Os máis coñecidos son: Alta Córdoba, Alto Alberdi, Argüello, Centro, Cerro de las Rosas, Xeneral Paz, Güemes, Nova Córdoba.

O centro histórico está conformado por quinteiros cuadrangulares duns cento trinta metros de lado. A disposición dos barrios e avenidas principais é radial, é dicir, do centro da cidade nacen as avenidas que levan aos barrios máis periféricos.

Poboación

Córdoba, Arxentina: Historia, Xeografía, Poboación 
Mapa do crecemento da área urbanizada entre 1573 e 2007:

Segundo o último censo provincial (2008), a cidade ten 1 315 540 habitantes, representando un aumento do 3,78% respecto aos 1 267 521 habitantes rexistrados durante o censo nacional de 2001. Segundo o Instituto Nacional de Estatística e Censos da Arxentina, o Gran Córdoba concentra o 40,89% da poboación provincial e representa o 3,31% da poboación nacional, que segundo estimación de xuño de 2008 ascende a 39 745 613.

Economía

Córdoba é un importante polo de industrias e empresas de alta tecnoloxía na Arxentina.

En 2005 o Produto Bruto Xeográfico de Córdoba foi aproximadamente de $20 147 896.422 pesos arxentinos correntes, que equivalen a uns $14.974 per cápita anual. A cidade contribúe co 52% do PIB provincial e o 4,026% do Nacional. Córdoba, en xeral, ten unha baixa participación na actividade primaria respecto ao lugar que ocupa a Provincia de Córdoba

O sector industrial, en cambio, ocupa un lugar principal na actividade económica. Entre as empresas estabelecidas encontramos a Renault, Fiat, Iveco, Marco Polo ou Volkswagen, que producen aproximadamente o 25% do total do país, xerando a localización de máis de 160 empresas automobilísticas ao seu arredor. Os sectores servizos e comercio continúan destacándose como a actividade máis importante na cidade, cun 35,78% e 51,39% respectivamente de ocupación.

A eclosión da construción dos últimos anos, fixo de Córdoba unha cidade con numerosos edificios comerciais e residenciais de gran categoría, cunha notable expansión do tecido urbano. A instalación da Cidade Empresarial, empresas relacionadas co software e a alta tecnoloxía, centros comerciais e o reformado aeroporto internacional, converten a Córdoba nun punto importante para a Arxentina.

Cultura

Arquitectura e patrimonio histórico

Córdoba, preserva numerosos monumentos históricos da época da colonia española, en especial templos da Igrexa Católica. O máis recoñecido destes monumentos, é talvez, o Quinteiro Xesuítico, que foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2000.

Aeroporto

O Aeroporto Internacional Ingeniero Ambrosio Taravella atópase a 9 km ao norte da cidade. O movemento de pasaxeiros e avións que xera, convérteo no terceiro aeroporto con maior tráfico da Arxentina, detrás do Aeroparque e Ezeiza. Actualmente posúe 1.020 ha e unha plataforma de 57.350 m².

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Córdoba, Arxentina HistoriaCórdoba, Arxentina XeografíaCórdoba, Arxentina PoboaciónCórdoba, Arxentina EconomíaCórdoba, Arxentina CulturaCórdoba, Arxentina NotasCórdoba, Arxentina Véxase taménCórdoba, ArxentinaArxentinaProvincia de Córdoba, Arxentina

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

C. TanganaSanta CompañaTereixa NavazaEl tiempo entre costuras (serie de televisión)Manuel Gago MariñoMisa (música)Xoán Antón Pérez-LemaCatalán ribagorzanoConcellos de GaliciaComarcas de GaliciaLuandaTorre EiffelDiscoverer EnterpriseLista de episodios de SerramouraGarcía Pardiñas Vilar de FrancosDeclaración BalfourSnoop DoggManuscrito VoynichLerma, BurgosPaspallásPasadena, CaliforniaIgrexa católicaBandeira de IrlandaLiberalismoCarles PuigdemontLingua galegai0tj9NarónPortomarínSergio DalmaFernão de MagalhãesJosé Pablo del Bado RivasRubén Lois GonzálezGalego-portuguésIsaac VilaLista de ríos de GaliciaRaposo comúnRexións de FranciaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoAntonio GramsciAristocraciaChâmoa Gomes de PombeiroCongresoBDSMNatalia JunqueraBorja Fernández Fernández (1981)Rosa LuxemburgFútbol gaélicoAnggunLorbé, Dexo, OleirosAlpesDeputación da CoruñaAlaine AgirreTeobrominaMatriz identidadeDinastía MingO IrixoAntas de UllaLisboaCatch Me If You CanA CoruñaEleccións ao Parlamento de Galicia de 20241869NetflixIslamSegunda República EspañolaAngelina JolieJackie ChanJosé María BesteiroDios ke te crewLavandeira brancaO SalvadorAngkor WatRe-TROSJean Shinoda Bolen🡆 More