Profesión: Ocupación que require coñecementos especializados

O uso común de profesión ten diferentes acepcións, entre elas: emprego, facultade ou oficio que cada un ten e exerce publicamente.

As profesións son ocupacións que requiren dun coñecemento especializado, unha capacitación educativa de alto nivel, control sobre o contido do traballo, organización propia, autorregulación, altruísmo, espírito de servizo á comunidade e elevadas normas éticas.

Xeralmente acéptase que unha profesión é unha actividade especializada do traballo dentro da sociedade, e á persoa que a realiza denomínaselle: profesional. Refírese a miúdo especificamente a unha facultade, ou capacidade adquirida tras unha aprendizaxe que pode estar relacionado aos campos que requiren estudos de:

  1. Formación profesional, onde se adquiren os coñecementos especializados respectivos para exercer unha ocupación ou oficio; ou a
  2. Estudos universitarios, posgrao ou licenciatura, tales como a psicoloxía, dereito, medicina, instrumentación cirúrxica, enfermaría, arquitectura, contabilidade , enxeñaría, ou a militar.

Refírese, xeralmente, á natureza da ocupación, do emprego e á forma de exercelo que ten esa persoa. A profesión aborda o desempeño da práctica e a disciplina preocúpase do desenvolvemento do coñecemento enriquecendo a profesión desde a súa esencia, e profundando o sustento teórico da práctica.

Concepto de profesional

Un profesional é toda aquela persoa que pode brindar un servizo ou elaborar un ben, garantindo o resultado con calidade de excelencia. Pode ser unha persoa cun recoñecemento de grao universitario, técnico ou experto en certo tema, disciplina ou arte. Con todo, unha persoa tamén pode ser considerada profesional polo feito de prover un servizo ou produto e exhibir un comportamento honesto, cualificado, responsable e capaz; características que se obteñen con constancia e talento na disciplina desempeñada.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Intrusismo profesional
  • Organización Médica Colexial de España
  • Unidade de Promoción e Desenvolvemento

Ligazóns externas

Tags:

Profesión Concepto de profesionalProfesión Véxase taménProfesión

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

RastroO comparativo galegoToxo arnalHLisboaChorimaMoscovaLuis Carrero BlancoDiego González RivasVoleibolSalgueiroMomia de ManchesterTaylor SwiftTorre de HérculesMasculino e feminino en galegoRepública Democrática do CongoEscudo de GaliciaFC Ilves (feminino)Mergullón cristadoLesakaConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesTarragonaCarrizo (paxaro)2024Luís CíliaRevolución dos CaraveisJesús Hidalgo BermejoMar MediterráneoOllos de auga1928DodecágonoLista de nomes femininos en galegoEduardo IndaAs leis de CelavellaRamón María del Valle-InclánBélxicaRefraneiro galego sobre o mes de maioTereixa ConstenlaXeración do 36David BeckhamNova YorkIbn al-AbbarConcellos de GaliciaLiteratura galegaRusiaAntónio de SpínolaRaffaella CarràCuarzoTeixugoTraxe galegoMimosaImmanuel KantÁlbum de la CaridadVertoOman AirParadigmas dos verbos irregulares galegosAccidente de ChernóbilLeninRaquel AtanesCohesiónDavid SuchetBloque Nacionalista GalegoEduardo MendozaAna TurpinTonhito de PoiForcareiSri LankaLista de episodios de Shin ChanDía das Letras GalegasRetorno a Tagen AtaDorothé SchubarthAntonio López FerreiroGarbiñe MuguruzaVacaGalego-portugués🡆 More