Porto De Vigo: Porto na cidade de Vigo

8°43′59″O / 42.237, -8.733

O porto de Vigo está situado na ría de Vigo e é un dos maiores portos de pesca do mundo. É ademais a sede da compañía pesqueira Pescanova. No 2014 descargáronse 865.275 toneladas de peixe (un 4,89% máis ca no 2013), batendo a súa mellor marca histórica. Pertence á provincia marítima de Vigo.

Porto de Vigo
Porto De Vigo: Historia, Estrutura, Gobernación
Localización
PaísGalicia Galicia
CidadeVigo
Detalles
Dirixido porAutoridade Portuaria de Vigo
PropietarioPortos do Estado
TipoMarítimo
Estatísticas
http://www.apvigo.com
Porto De Vigo: Historia, Estrutura, Gobernación Porto de Vigo
Contrasinal da provincia marítima da provincia marítima de Vigo á que pertence.
Porto De Vigo: Historia, Estrutura, Gobernación
Autoridade portuaria de Vigo.

Vigo é a base de compañías pesqueiras con gran presenza en países como Namibia, Suráfrica, Mozambique, Australia, Arxentina, as Illas Malvinas, Chile ou Perú. O peixe é enviado a toda España e expedido a países como Portugal, Italia, Francia e outros mercados máis distantes, mesmo de Asia.

En Vigo teñen lugar importantes feiras mercantís, como Conxemar, un evento anual dedicado os produtos pesqueiros conxelados. A World Fishing Exhibition ten lugar periodicamente.

Porto De Vigo: Historia, Estrutura, Gobernación
O porto de Vigo foi, durante anos, punto de partida da emigración galega.

Historia

A tradición da construción de buques comezou co século XX, coa aparición dos primeiros botes de pesca a vapor. Un destes modernos modelos, coñecidos como Vigo type steamer, foi moi popular en toda a costa da Península Ibérica e do norte de África, sendo construídos centos de exemplares.

Outro momento decisivo do desenvolvemento foi nos anos 60, cando os novos buques conxeladores, que revolucionaron a industria pesqueira, se comezaron a construír. Os estaleiros de Vigo sempre foron líderes na construción de buques pesqueiros e un constante punto de referencia.

Tráfico do porto de Vigo no 2004
en toneladas
Conservas 36.359
Froitas e hortaliza 51.346
Granito bruto 571.821
Granito elaborado e mármores 46.793
Madeira 267.273
Metais e manufacturas 213.077
Papel e pasta 26.917
Mercadorías de colectores +-2.000.000
Total de mercadorías 4.235.331
Total 4.730.399

Estrutura

Porto De Vigo: Historia, Estrutura, Gobernación 
Estación Marítima, no peirao de cruceiros.

Está dividido do seguinte xeito:

  • Terminal de Bouzas: divídese en dúas zonas: a destinada ó tráfico ro-ro, e o peirao de reparacións.
  • Peiraos de Beiramar e O Berbés, destinados ó atraque de barcos pesqueiros de altura e baixura.
  • Peirao de Cruceiros Alberto Durán Núñez.
  • Peirao deportivo.
  • Peiraos do Areal: comercial e transversal. Suman máis de 1.500 metros de lonxitude, destinados a carga xeral e fluídos. Teñen conexión ferroviaria.
  • Terminal de Guixar: Peirao de 769 metros de lonxitude destinado ó tráfico de contedores, con conexión ferroviaria.

Gobernación

O porto de Vigo está gobernado pola Autoridade Portuaria de Vigo, independente do ente Portos de Galicia. O seu presidente, designado directamente polo goberno da Xunta de Galicia, é Jesús Vázquez Almuíña desde novembro de 2020.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Porto De Vigo HistoriaPorto De Vigo EstruturaPorto De Vigo GobernaciónPorto De Vigo Galería de imaxesPorto De Vigo NotasPorto De Vigo Véxase taménPorto De VigoCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Luís SeoaneThibaut CourtoisGalipediaAna TurpinDonicelaHistoria de GaliciaPosicións sexuaisGonzalo MellaJuan CorralRevolución galega de 1846Festa da Palabra SilenciadaPonte 25 de AbrilOllos de augaLucie IdloutEduardo IndaGalería de imaxes de arañas de GaliciaFauna de GaliciaDavid MellaJesús Vázquez AlmuíñaAntiga CartagoHorteláJava (linguaxe de programación)Canle (enxeñaría)Valentín García GómezAntónio de SpínolaNormativa oficial do galegoBélxicaAdolf HitlerJorge PeteiroFrancisco PazosAna María Fernández MartínezTelevisión de GaliciaVilagarcía de ArousaCamiño de SantiagoYolanda CastañoParadigmas dos verbos irregulares galegosMercedes QueixasÁlvaro CunqueiroLista de xentilicios de concellos galegosJackson PollockFederico Jiménez LosantosDodecágonoGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981LesakaIgantziLista de nomes masculinos en galegoPampallínConcellos de GaliciaFelaciónSuízaSalvador IllaTeoría de númerosXosé Luís BernalNova YorkPaís Vasco (rexión histórica)CambadosProvincia da CoruñaCarlos CasaresÑCarballedo, Cerdedo-CotobadeLista de paísesGuerraXeración dos 80Roberto BautistaLeninSelección de fútbol de GaliciaGrupo SargadelosAmy WinehouseHolocaustoPili Pampín🡆 More