Playstation 2

A PlayStation 2 (PS2) é a segunda videoconsola producida por Sony, despois da PlayStation 1 e antes da PlayStation 3 (que foi lanzada en novembro 2006).

Lanzouse primeiro no Xapón no 4 de marzo, 2000, segundo en América do NorteF no 26 de outubro, 2000, e en Europa o 24 de novembro, 2000.

Playstation 2
Logo da consola.
Playstation 2
Consolas Playstation 2.

A PS2 é parte da sexta xeración de videoxogos. É a videoconsola máis rápida vendida, con máis de 100 millóns de consolas vendidas.

Características

O sistema que a consola utiliza como soporte para os xogos son discos en formato CD e DVD; o formato DVD aumenta o espazo dispoñible para os datos dos videoxogos, facendo polo tanto xogos de maior calidade gráfica e sonora. Ademais, tamén reproduce películas en formato DVD.

Especificacións técnicas

CPU (Emotion Engine)

  • Arquitectura: MIPS (R5900).
  • Frecuencia de reloxo do Sistema: 294.912 MHz (299 Mhz nas últimas versións).
  • Memoria Caché: Instrucións 16 KB, Datos 8 KB + 16 KB.
  • Memoria Principal: 32 MB.
  • Ancho de banda do Bus de memoria: 128 bits DMA.
  • Coprocesador: 2 Unidades paralelas de operacións vectoriais.
  • Rendemento do procesador nun punto flotante (FPP): 3.2 GFLOPS.
  • Transformación Xeométrica 3D CG: 18 millóns de polígonos por segundo.
  • Descodificador de compresión de Ficheiro: MPEG2.

GPU

  • Frecuencia do reloxo do Sistema: 147 MHz.
  • Memoria interna: 4MB DRAM.
  • Velocidade do frame buffer: 38,4 Gbytes/s.
  • Velocidade de debuxado: 2,4 Gpíxeles/s.

I/O

  • Núcleo da CPU: CPU de PlayStation mellorada (R5900).
  • Frecuencia de reloxo: 37.5 MHz.
  • Memoria IOP: 2 MB.
  • Sub Bus: 32-bit.

Son

  • Número de Voces: 48 canles con son surround 3D.
  • Memoria da selección de son: 2 MB.
  • Frecuencia de Saída: ata 48 kHz.

DVD

  • Tamaño máximo: Dobre capa 9 GB.
  • Velocidade do DVD-ROM: 4X.
  • Velocidade do CD-ROM: 24X.

Interface

  • Universal Serial Bus (USB) x 2.
  • Porto de mando x 2, rañura para MEMORY CARD x 2.
  • Saída Óptica Dixital.
  • Adaptador de rede.
  • Cable de rede.

Versións

Desde que a consola apareceu, non deixaron de evolucionar, se as primeiras consolas que chegaron a España eran a versión 3, ata a data coñécense ata a versión 14, máis ben chamada PStwo. Unha versión, que ao igual que pasou no seu momento con PSone (ou PlayStation) é a versión reducida da consola. Cada versión ten as súas particularidades.

Como podemos recoñecer a nosa versión?

  • Versión 3 - 10 parafusos na tapa inferior.
  • Versión 4 - 8 parafusos e non ten oco na parte superior da baía do disco duro.
  • Versión 5/6 - 8 parafusos, ten oco e a referencia é SCPH-3000X - SCPH-3000XR.
  • Versión 7/8 - 8 parafusos, ten oco e a referencia é SCPH-3900X.
  • Versión 9 - 8 parafusos, ten oco e a referencia é SCPH-5000X.
  • Versión 12/13 - SlimLine ou PSTwo, fácil de recoñecer polo seu reducido tamaño e con referencia SCPH-7000X.
  • Versión 14 - Igual en tamaño que as v12/13 pero con referencia SCPH-7500X.

Accesorios

Dispón dun gran número de accesorios, entre os clásicos mandos, volantes e pistolas, destacan pola súa orixinalidade os seguintes accesorios:

Cámara USB

O xogo EyeToy incorpora unha cámara de vídeo que permite ao usuario interactuar co xogo usando o seu corpo, o xogo procesa as imaxes que recibe a través da cámara e detecta as colisións para mover, golpear ou pulsa-los elementos do videoxogo.

Micrófono

O xogo SingStar incorpora dous micrófonos e un adaptador USB, é un xogo ao máis puro estilo Karaoke, que sorprendeu a comunidade dos videoxogos pola súa innovadora tecnoloxía no recoñecemento de voz.

Adaptador de Rede e disco duro Co adaptador de rede para PlayStation 2, poderemos xogar partidas online con outros xogadores e descargarnos actualizacións, imaxes e demais contidos para almacena-los no noso disco duro, xa son moitos os xogos que permiten usar esta tecnoloxía.

A descarga será aproximadamente en euros uns 3,40 as 24 horas.

Pad DDR

É un tapete de baile utilizado nos xogos de Konami, Dance Dance Revolution, están compostos polos botóns de frechas direccionais e nos vértices do tapete (que é de forma cadrada) encóntrase os botóns triángulo, círculo, cadrado e "X", estando na parte superior do tapete os botóns select e start.

Kit Linux

O Kit Linux esta composto por un disco duro de 40 GB, un adaptador de rede, un rato e un teclado USB, un cable VGA e o sistema operativo Linux para PlayStation 2, este kit esta pensado para programar, igualmente pódese introducir unha distribución de linux chamada Black Rhino

Prezos

Norteamérica

  • US$299.99 (26 de outubro de 2000, prezo de saída).
  • US$199.99 (14 de maio de 2002).
  • US$179.99 (13 de maio de 2003).
  • US$149.99 (11 de maio de 2004).
  • US$129.99 (20 de abril de 2006).

Xapón

  • JP¥39,800 (marzo de 2000, prezo de saída).
  • JP¥35,000 (29 de xuño de 2001).
  • JP¥29,800 (29 de novembro de 2001).
  • JP¥25,000 (2002).
  • JP¥19,800 (13 de novembro de 2003).
  • JP¥17,800 (xuño de 2004).

Reino Unido

  • GB£299.99 (24 de novembro de 2000, Prezo de Saída).
  • GB£199.99 (26 de setembro de 2001).
  • GB£169.99 (1 de setembro de 2002).
  • GB£139.99 (1 de outubro de 2003).
  • GB£104.99 (18 de outubro de 2004).

España e Portugal

  • EUR €129,99 (actual).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Playstation 2 CaracterísticasPlaystation 2 Especificacións técnicasPlaystation 2 VersiónsPlaystation 2 AccesoriosPlaystation 2 PrezosPlaystation 2 Véxase taménPlaystation 22000200624 de novembro26 de outubro4 de marzoEuropaNovembroPSonePlayStation 3SonyVideoconsolaXapón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

My Little PonyCota lácteaNicolás González CasaresAlbert EinsteinHistoria de EspañaPerífrases verbais galegasGatipedroLeninLista de episodios de O detective ConanGoretti SanmartínMarcelo CaetanoEsvásticaMario CaneiroTelexornalIgnacio Rivera QuintanaLuísa VillaltaAntónio de Oliveira SalazarArco (arquitectura)Nova narrativa galegaCuntisMeigaSancho GraciaTrackbackMarie CurieGolpe de estado do 23 de febreiro de 19812005Karl MarxAgustín Fernández PazAna Pastor GarcíaMahatma GandhiModelo OSIFragas do EumeMadridO incerto señor Don HamletÍñigo AlfonsoPaulo CarrilXabier DíazPrimeira República GalegaDores TembrásShin ChanLingua betawiLeninismoPena de morteExeria (escritora)Batalla de CovadongaAXabarín ClubMacrófago alveolarPimpín comúnAranésPRECChubby CheckerMar MediterráneoDiurno (Renfe)CataluñaÁlex FidalgoAdolfo SuárezGarbiñe MuguruzaEstoicismoHórreoLince (zooloxía)Ada LovelaceConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeEstadio Jan BreydelPaco LodeiroJesús Hidalgo BermejoUniversidade de Santiago de CompostelaManuel Lugrís FreirePere AragonèsAmesProxyHidacioCarles PuigdemontMan-in-the-middle attack🡆 More