Plataforma De Convergencia Democrática

A Plataforma de Converxencia Democrática foi un organismo da oposición á ditadura franquista, creada o 11 de xuño de 1975, á marxe da Junta Democrática de España, coa que acabou fusionándose na Coordinación Democrática.

Constituíu, por parte do PSOE, un intento de agrupar a unha parte da oposición ao franquismo para competir coa Junta Democrática que basculaba sobre o PCE. Creouse coa intención de evitar unha estrutura política semellante á italiana na que existía un partido comunista forte e un partido socialista feble.

Plataforma de Convergencia Democrática
Tipopartido político
Ideoloxíademocracia
Data de fundación1974
Data de disoluciónmarzo de 1976
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

No seu manifesto reclaman a instauración da democracia en España e a apertura dun proceso constituínte, comprometéndose a promover un réxime democrático multipartidista, unha estrutura federal do Estado, a liberdade dos presos políticos e a volta dos exiliados, a liberdade sindical e o dereito á folga, a liberdade de expresión, de asociación, de reunión, de manifestación, a supresión dos Tribunais especiais e de todos aqueles organismos e medios de carácter represivo, eleccións libres, e o dereito de autodeterminación e o autogoberno das nacionalidades e rexións do Estado.

As organizacións asinantes do manifesto foron máis numerosas cás agrupadas arredor da Junta Democrática e foron as seguintes:

Posteriormente, o 26 de marzo de 1976, fusionouse coa Junta Democrática de España, creándose a organización Coordinación Democrática, coñecida coloquialmente como Platajunta.

O 26 de outubro de 1976, como resposta á invitación á negociación do Goberno de Adolfo Suárez, creouse a Plataforma de Organismos Democráticos (POD), que estaba integrada por seis organismos conxuntos de partidos da oposición, a práctica totalidade das forzas opositoras ao franquismo: a Assamblea de Catalunya, a Assamblea de les Illes (Mallorca, Menorca e Eivissa), Coordinación Democrática, a Coordinadora de Forzas Democráticas das Canarias, a Táboa Democrática de Galicia e a Taula de Forces Politiques e Sindicals do País Valenciá.

O grupo de Demócratas Independentes de Coordinación Democrática non se sumou a devandita Plataforma, por ser contrarios ao pacto reformista cos persoeiros relevantes da ditadura franquista e apostar pola ruptura democrática. Tampouco se sumaron as forzas políticas vascas que non estaban agrupadas en ningún organismo unitario nin o Consell Catalán nin o Consello Galego, que tamén se mostraron contrarios a formar parte da mesma.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bar Cendón, Antonio (1993). "Una interpretación sobre las causas del régimen franquista y de la transición pacífica a la democracia en España". En Alegre Avila, Juan Manuel; Alfaro Aguila-Real, Jesús. Escritos jurídicos en memoria de Luis Mateo Rodríguez. Vol. I. Santander: Universidad de Cantabria. Facultad de Derecho. ISBN 84-8102-007-9. 
  • Marín, José María; Molinero, Carme; Ysàs, Pere (2010). Historia política de España, 1939-2000. Col. Fundamentos nº 194 II. Madrid: Istmo. ISBN 978-84-7090-319-9. 
  • Molinero, Carme; Ysás Solanes, Pere (2014). La cuestión catalana: Cataluña en la transición española (Ebook). Barcelona: Crítica. 
  • Redero San Román, Manuel (2008). "Los trabajadores, los sindicatos y la implantación de la democracia en España (1975-1980)". En de la Calle Velasco, Mª Dolores; Redero San Román, Manuel. Movimientos sociales en la España del siglo XX. Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. ISBN 978-84-7800-314-3. 

Outros artigos

Tags:

Plataforma De Convergencia Democrática TraxectoriaPlataforma De Convergencia Democrática NotasPlataforma De Convergencia Democrática Véxase taménPlataforma De Convergencia Democrática11 de xuño1975Coordinación DemocráticaJunta Democrática de EspañaPartido Comunista de EspañaPartido Socialista Obrero Español

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Cándido Conde-PumpidoXurxo ChirroHarvey WeinsteinSoledad PenaltaLU-17026 de abrilManuel AntonioCruceiroEmilio Gutiérrez CabaCCarlos SedesPedro RieloTea Rooms. Mujeres obrerasJoan Manuel SerratRiba-roja de TúriaSermos GalizaGran Guerra IrmandiñaCidade do VaticanoLista das árbores de GaliciaPachi VázquezPeneBala (grupo musical)Ricardo BeirasSupermartesErros e TánatosXabi AlonsoDolores IbárruriRede privada virtualGrupo EroskiTaylor SwiftMuralla de LugoContactorReal Federación Española de FútbolXavier BlancoEmilio Aragón ÁlvarezMamen MendizábalGrupo RompenteVigoGerardo Conde RoaPío BarojaLucas VázquezRaquel AtanesTeléfonoMelgachoBugalloSeptimio SeveroAndrés PajaresAna Belén FortesRamón María del Valle-InclánHeviPilar Vázquez CuestaJosé Pablo del Bado RivasAlfredo Pérez RubalcabaPonteareasAnxo QuintanaInternetBerrogüettoBatalla de CacheirasEduardo Blanco AmorOctavio AugustoRamón Otero PedrayoSegunda guerra mundialÁlex AnguloLeninismoBloque Nacionalista GalegoGalería de imaxes de arañas de GaliciaShishuo xinyuGoizuetaEduardo PondalAC-101Malvares de MoscosoBeatriz MatoMMaría Xosé QueizánPastora Dominga González Viéitez🡆 More