Pardal Alpino

O pardal alpino ou pardal alibranco (Montifringilla nivalis) é unha pequena ave paseriforme.

Pardal alpino
Pardal Alpino
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Passeridae
Xénero: Montifringilla
Especie: Montifringilla nivalis
(Linnaeus, 1766)
Sinonimia
  • Fringilla nivalis Linnaeus, 1766
Pardal Alpino
Ovos da especie da colección do Museo de Historia Natural de Tolosa

Taxonomía

En 1760 o zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson incluíu a descrición do pardal alpino na súa obra Ornithologie baseada nun espécime, pero sen especificar onde o recollera. Utilizou o nome francés Le pinçon de neige ou la niverolle e o latino Fringilla nivalis. Aínda que Brisson acuñou os nomes en latín, estes non se axustaban ao sistema de nomenclatura binomial e non son recoñecidos pola Comisión Internacionl de Nomenclatura Zoolóxica. Cando en 1766 o naturalista sueco Carl Linnaeus puxo ao día o seu Systema Naturae para a súa duodécima edición, engadiu 240 especies que foran previamente descritas por Brisson. Unha destas era o pardal alpino. Linnaeus incluíu unha breve descrición, usando a nomenclatura binomial Fringilla nivalis e citando os traballos de Brisson. Linnaeus indicou como localidade tipo "América". A localización tipo foi despois designada como Suíza. O nome específico nivalis en latín significa "nival" ou "branco como a neve". Esta especie está agora situada no xénero Montifringilla que foi introducido polo ornitólogo alemán Christian Ludwig Brehm en 1828.

Recoñécense sete subespecies:

  • M. n. nivalis (Linnaeus, 1766) – do sur de Europa.
  • M. n. leucura Bonaparte, 1855 – do sur e leste de Turquía.
  • M. n. alpicola (Pallas, 1811) – do Cáucaso e norte de Irán ata Afganistán.
  • M. n. gaddi Zarudny & Loudon, 1904 – do suroeste de Irán.
  • M. n. tianshanica Keve-Kleiner, 1943 – do leste de Casaquistán e norte de Taxiquistán.
  • M. n. groumgrzimaili Zarudny & Loudon, 1904 – do noroeste da China ata Mongolia central.
  • M. n. kwenlunensis Bianchi, 1908 – do centro oeste da China e norte do Tíbet.

Descrición

É un paxaro grande e robusto de 16,5 a 19 cm de lonxitude. As partes superiores son marróns, as inferiores brancas e a cabeza gris. Ten un panel na á branco estreito e longo. En verán, o bico é negro e ten un papo negro, o cal desaparece en inverno á vez que o bico se fai amarelo. Os sexos son similares.

Pardal Alpino 
En Tarn, Francia en decembro mostrando as cores invernais, incluíndo o bico laranxa

En voo, presenta ás negras con paneis das ás brancos grandes, e unha cola negra con beiras brancas. Esta ave ten unha canción parloteira con moitos trilos, e diversas chamadas vibrantes ou renxentes.

Pardal Alpino 
No norte dos Alpes, Francia en inverno

Distribución e hábitat

É unha especie reprodutora residente en montañas peladas, tipicamente por riba de 1 500 m, ao longo do sur de Europa (Pireneos, Alpes, Córsega, Balcáns) e a través de Asia central ata o oeste da China. En Galicia poden verse algúns en outono e inverno, pero son moi raros. Nidifica en gretas ou toqueiras de roedores e pon de 3 a 4 ovos.

Comportamento

Aliméntase principalmente de sementes e dalgúns insectos. É destemido e busca alimento arredor das estacións de esquí. É resistente e raramente descende por debaixo dos 1 000  incluso durante o tempo invernal duro.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Pardal Alpino TaxonomíaPardal Alpino DescriciónPardal Alpino Distribución e hábitatPardal Alpino ComportamentoPardal Alpino NotasPardal Alpino Véxase taménPardal Alpino

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Larry BirdLocativoFentoCélula naiLazaLingüísticaCuzcoCabassous unicinctusCisma de OccidenteTurcoColombiaEdimburgoCentral térmica das PontesLevantamento Kerenskii-KrasnovBrecaAtaque de denegación de servizoInstrumentalAcuario (recipiente)John Horton ConwayParafiléticoInstagramPediastrumVisbyPeixes serraTenerifeEstrutura secundaria dos ácidos nucleicosSuorDécada de 1170MacedaCarboxiloDous espíritosÁcido graxoBalea vascaPresidente de SomaliaLinguas románicasSelección de fútbol do UruguaiEnciclopediaEdicto de MilánCarmen Rodríguez DacostaArco da vellaEmpalme do ARNPremios Mestre MateoRusiaVíctor DupláNicho ecolóxicoLámpada incandescenteSandra ÍnsuaFosfatidilglicerolNorth American Racing TeamRamiro CarregalConcepción ArenalÁcido palmíticoCaralloColumbiformesDacota do NorteGran Premio de España de 2013Estadio Municipal de RiazorXunta de GaliciaBalsa (árbore)Década de 1180Eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016YouTubeActinopterygiiVigoArroazIstambulSongkickCornizóBantengPiñeiroWilliam Smith (lexicógrafo)Ácido fosfatídicoOs ÁnxelesGripeTurboventilador🡆 More