Theophrastus Phillippus Aureolus Bombastus von Hohenheim, ou Theophrastus Bombast von Hohenheim, nado en Zúric (Einsiedeln) o 10 de novembro de 1493 e finado en Salzburgo o 24 de setembro de 1541, foi un alquimista, médico e astrólogo suízo, coñecido como Paracelso ou Teofrasto Paracelso.
Paracelso por Quentin Matsys | |
Nome orixinal | (de) Philippus Aureolus Theophrastus Bombast von Hohenheim |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (de) Philippus Aureolus Theophrastus Bombastus von Hohenheim 10 de novembro de 1493 Einsiedeln (Antiga Confederación Suíza) |
Morte | 24 de setembro de 1541 Salzburgo Austria |
Lugar de sepultura | Tomb of Paracelsus (en) |
Catedrático | |
Datos persoais | |
Residencia | Suíza |
País de nacionalidade | suízo/alemán |
Relixión | Cristianismo |
Educación | Universidade de Basilea Universidade de Viena Universidade de Ferrara |
Coñecido por | Críase que lograra a transmutación do chumbo en ouro mediante procedementos alquimistas |
Actividade | |
Campo de traballo | alquimista, médico e astrólogo |
Ocupación | médico escritor , químico , filósofo , naturalista , médico , farmacéutico , astrónomo , otorrinolaringólogo , astrólogo , escritor |
Empregador | Universidade de Basilea |
Alumnos | Lorenz Lutz (pt) |
Pseudónimo literario | Paracelsus |
Lingua | Lingua latina, lingua francesa e lingua alemá |
Familia | |
Pais | Wilhelm Bombast von Hohenheim (pt) e NN (en) |
Críase que lograra a transmutación do chumbo en ouro mediante procedementos alquimistas. Amais, deulle ao zinc o seu nome, chamándoo zincum. Escolleu para si mesmo o nome Paracelso (Paracelsus en latín), que significa "superior a Celso", en referencia a Aulo Cornelio Celso, médico romano do século I.
Naceu e foi criado en Einsiedeln (Zúric), fillo do médico e alquimista suabo Wilhelm Bombast von Hohenheim e de nai suíza. Na súa xuventude traballou nas minas como analista. Comezou os seus estudos aos 16 anos na universidade de Basilea, proseguiunos en Viena e doutorouse na universidade de Ferrara.
Paracelso estaba en contra da idea que entón tiñan os médicos de que a cirurxía era unha actividade marxinal relegada aos barbeiros.
As súas investigacións foron sobre todo no campo da mineraloxía. Realizou varias viaxes en busca do coñecemento da alquimia. Fabricou remedios e medicamentos coa axuda dos minerais para destinalos á loita do corpo contra a enfermidade.
Outra achega á medicina moderna foi a introdución do termo sinovial; de aí o líquido sinovial, que lubrifica as articulacións.
Ademais, estudou e descubriu as características de moitas enfermidades, como a sífilis e o bocio. Para combatelas serviuse do xofre e do mercurio.
Disque Paracelso foi un precursor da homeopatía, pois aseguraba que "o parello cura o parello" e nesa teoría fundamentaba a fabricación das súas medicinas.
A orde cósmica era o que lle interesaba a Paracelso en primeira instancia, e achouna na tradición astrolóxica. A doutrina do Astrum in corpore é a súa idea capital. Fiel á concepción do ser humano como microcosmos, puxo o firmamento no corpo deste e designouno como Astrum ou Sydus (en galego, astro ou constelación). Foi para el un ceo endosomático en que o curso estelar non coincide co do ceo astronómico, senón coa constelación individual que comeza co "ascendente" ou horóscopo.
Atribúeselle a paternidade do termo espaxiria.
Un dos principios de Paracelso foi: "unicamente un home virtuoso pode ser bo médico". Para el a medicina tiña catro piares:
Introduciu o uso do láudano.
O seu principal libro foi A gran cirurxía (Die Grosse Wundartzney).
Malia gañar bastantes inimigos e ter fama de mago, contribuíu en gran maneira a que a medicina seguise un camiño máis científico e se afastase das teorías da escolástica.
Tamén achegou datos alquímicos. A Paracelso atribuíselle a idea de que os catro elementos (terra, lume, aire e auga) pertencían a criaturas fantásticas que xa existían antes do mundo. Así pois, a terra pertencería aos gnomos, a auga ás nereidas (ninfas acuáticas), o aire aos silfos (espíritos do vento) e o lume ás salamántigas (fadas de lume).
Igualmente, Paracelso aceptou os temperamentos galénicos e asociounos aos catro sabores fundamentais.
Esta asociación tivo tal difusión na súa época que aínda hoxe na linguaxe coloquial nos referimos a un carácter doce (tranquilo, flegmático), amargo (colérico), salgado (sanguíneo) e ácido (melancólico).
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Paracelso |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Paracelso, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.