Na mitoloxía grega, as Nereidas (en grego antigo Νηρείδες Nêreídes ou Νηρηίδες Nêrêídes, en singular Νηρείς Nêreís ou Νηρηίς Nêrêís, de νέειν néein, 'nadar') eran as cincuenta fillas de Nereo e de Doris.
Considerábanas as ninfas do mar, posto que vivían nas profundidades do océano; no en tanto emerxían á superficie para axudar os mariñeiros que asucaban os procelosos mares, sendo os argonautas os máis famosos entre os que socorreron mentres viaxaban en procura do vélaro de ouro. Aparécense aos homes do mar montadas en golfiños e outros animais mariños. Os gregos adorábanas en altares nas beiras de mares e cantís, onde lles ofrendaban leite, aceite e mel.
Representaban todo aquilo que houbese de fermoso e amable no mar. Cantaban con voz melodiosa e bailaban ao redor do seu pai. Represéntanse coroadas por ramas de coral e portando o tridente de Poseidón, de cuxo séquito formaban parte.
As máis importantes eran Tetis (muller de Peleo e nai de Aquiles), Galatea (amante de Acis e que namorou ao ciclope Polifemo) e Anfitrite (muller de Poseidón).
Na arte clásica atópanse habitualmente con golfiños, monstros mariños e ata algún hipocampo.
A relación de nereidas aparece nas obras de varios autores clásicos, diferindo dunha a outra.
Pseudo-Apolodoro | Hesíodo | Hixinio | Homero |
---|---|---|---|
Actea | Actea | Actea | Actea |
Ágave | Ágave | Ágave | Ágave |
Amatea | Amatea | ||
Anfínome | Anfínome | ||
Anfítoe | Anfítoe | ||
Anfítrite | Anfítrite | ||
Apseudes | Apseudes | ||
Aretusa | |||
Asia | |||
Autónoe | Autónoe | ||
Beroe | |||
Calianasa | Calianasa | ||
Calianira | |||
Calipso | |||
Ceto | |||
Cídipe | |||
Cimatóloge | |||
Cimo | |||
Cimódoce | Cimódoce | Cimódoce | |
Cimótoe | Cimótoe | Cimótoe | Cimótoe |
Clímene | Clímene | ||
Clío | |||
Cranto | |||
Creneis | |||
Dero | |||
Dexámene | Dexámene | ||
Deyopea | |||
Dinámene | Dinámene | Dinámene | Dinámene |
Dione | |||
Doris | Doris | Doris | |
Doto | Doto | Doto | Doto |
Drimo | |||
Éfira | |||
Erato | Erato | ||
Espeo | Espeo | Espeo | Espeo |
Eucranta | Eucranta | ||
Eudora | Eudora | ||
Eulímene | Eulímene | ||
Eumolpe | |||
Eunice | Eunice | ||
Eupompa | |||
Eurídice | |||
Evágora | Evágora | ||
Evarne | |||
Éyone | Éyone | ||
Ferusa | Ferusa | Ferusa | Ferusa |
Filodoce | |||
Galatea | Galatea | Galatea | Galatea |
Galene | |||
Glauce | Glauce | Glauce | |
Glaucónome | Glaucónome | ||
Halia | Halia | Halia | |
Halimeda | Halimeda | ||
Hipónoe | Hipónoe | ||
Hipótoe | Hipótoe | ||
Janta | |||
Laomedea | |||
Leágora | |||
Leucótoe | |||
Licoria | |||
Ligea | |||
Limnorea | Limnorea | Limnorea | |
Lisianasa | Lisianasa | ||
Mélite | Mélite | Mélite | Mélite |
Menipe | |||
Mera | Mera | ||
Nausítoe | |||
Nemertes | Nemertes | Nemertes | |
Neomerís | |||
Nesea | Nesea | Nesea | Nesea |
Neso | |||
Opis | |||
Oritía | Oritía | ||
Panopea | |||
Pánope | Pánope | Pánope | Pánope |
Pasítea | |||
Plexaura | |||
Ploto | |||
Polínoe | |||
Polínome | |||
Pontomedusa | |||
Pontoporea | |||
Prónoe | |||
Proto | Proto | Proto | Proto |
Protomedea | |||
Psámate | Psámate | ||
Sao | Sao | ||
Talía | Talía | ||
Temisto | |||
Tetis | Tetis | Tetis | |
Toa | Toa | Toa | |
Yanasa | Yanasa | ||
Yanira | Yanira | Yanira | |
Yera | Yera | ||
Yone |
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nereidas |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Nereidas, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.