Os Nabos Na Cultura Popular Galega

Os nabos son un dos cultivos máis populares en Galicia polas condicións climáticas axeitadas para o seu crecemento , o que explica a súa presenca na cultura popular galega: no léxico xerado ó seu redor, no refraneiro e no cantigueiro.

Os Nabos Na Cultura Popular Galega
Presas de grelos no mercado

O nabo seméntase entre xullo e agosto -tempo que xa recomendaba o refraneiro-, en secaño ou regadío, nas mesmas leiras que o millo, o centeo ou o trigo, e xusto cando se colleitan estes, previo arado e estercado; a semente chámase nabiña. Cómese, toda a planta, durante os meses de novembro a maio, tanto para alimento da xente como para o gando. As nabizas ou os grelos úsanse para facer o caldo, ou ben se cocen con patacas e lacón. A raíz, o nabo propiamente dito, empregábase en cachos para facer o caldo aínda que o máis usual é darllo ós porcos ou a outro gando, cocidos con fariña.

Crenzas e supersticións

No Salnés crese que o día de entroido se debe quentar o forno, cocer o pan e botar as cinzas na terra para ter unha boa colleita de nabos .

Léxico

A nabiza ou rabiza é o primeiro gromo do nabo, as primeiras follas, tenras, que algúns rexeitan por ser doces. Logo produce o bertón ou xeno, que son as follas xa meirandes . Finalmente, o grelo, cimo ou cimón é a verdura xa no final do ciclo, antes de botar a flor, agrelar ou grelar; o grelo cóllese xusto antes de florecer, que é cando máis amarga e dise que é o mellor momento, coincidindo do entroido, en febreiro .

Xogos infantís

En Galicia xogábase ao arríncate-nabo ou arrinca nabos. A Real Academia Galega no seu Diccionario gallego-castellano de 1913-1928 di que é un xogo de mozos que consiste en sentar todos no chan, e entre as pernas de cada un, senta o que lle segue, ao que o anterior suxeita fortemente cos brazos polo van. Só un xogador queda en pé, e este puxa polo primeiro que está sentado intentando erguelo, cousa difícil, porque o suxeita o anterior, e a este o outro, e así os demais, e, ou se erguen todos ou ningún, rodando, regularmente, polo chan. O que puxa acompaña o esforzo con estas verbas: Arríncate, nabo! .

Locucións

  • Levar un nabo: levar un chasco, unha decepción.

Refraneiro

Os Nabos Na Cultura Popular Galega 
Lacón con grelos
  • As rabizas piden unto e os grelos lacón ó punto .
  • As rabizas queren unto, aceite e allos, todo xunto
  • Cada cousa no seu tempo, e os nabos no advento .
  • Caldo de nabos, non o tires, que dun día para outro sirve .
  • Cando é bo ano é ano de nabos .
  • Cando pasan nabos, mercalos .
  • De tal terra, tales nabos.
  • Dende as cereixas ós nabos, ben estamos; dos nabos ás cereixas, todas son queixas .
  • Día de Santiago á mañá, nabiños a semear.
  • Febreiro, bertoeiro.
  • Habendo neboeira o día de San Pedro Fiel, castañas furadas e nabos ruís.
  • Nabo, nabiza e grelo, trindade do galego.
  • Nabos e coles, comer de señores .
  • Nabos e fidalgos, raros .
Os Nabos Na Cultura Popular Galega 
Néboa no san Pedro Cid, castañas furadas e nabos ruís
  • Néboa no san Pedro Cid, castañas furadas e nabos ruís.
  • O bo nabal comeza por Santiago e acaba con Nadal.
  • O que non ten que facer seus nabos sacha .
  • O sol na eira, e a auga na nabeira .
  • Os nabos e os peixes no tempo da xiada crecen .
  • Pola Santa Mariña sementa a nabiña; a vella que o decía ben o sabía, que xa sementada a tiña .
  • Polo Pilar, nabos á terra e viño a envasar .
  • Polo Pilar, os nabos na terra ' o viño a envasar .
  • Polo Santiago seméntase o nabo.
  • Polo tempo de tódolos Santos mira os nabos; se fosen bos, di que son malos .
  • Por san Vicente pon os nabos da semente.
  • Por santa Mariña sementa a nabiña.
  • Pra coller moitos nabos, por Santiago sementalos.
  • Quen non ten que faguer sacha os nabos
  • Quen queira nabos, vaia arrincalos .
  • Se chove o día de san Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruís.
  • Se hai neboeiro día San Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruíns.
  • Se o mes de agosto vén craro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados .
  • Se queres ter bos nabos, en San Xoán tes que sementalos .
  • Sol na cibdá, auga no nabal .
  • Tal é a terra, tales nabos leva .
  • Viña, pereira e nabal, maos son de gardar .

Cantigueiro

  • Adios, Torneiros do Val,/ despedida de Galicia;/ xa que rilláste-lo nabo/ rillai tamén a nabiza .
  • Asubírame a unha cerdeira/ e farteime de pexegos bravos/ e veu o dono do cabaceiro/ vaite de aí que me arríca-los nabos .
Os Nabos Na Cultura Popular Galega 
... que quede o nabo chantado na terra
  • Entrei nun nabal alleo,/ agarrei un nabo, metino no seo,/ anque me ceiben os cas ó rabo/ léveme o demo si ceibo o nabo; pro si polo nabo ha de vir a guerra/ que quede o nabo chantado na terra .
  • Eu de onde estou ben vexo/ as rabizas en Teaio,/ tamén vexo os meus amores/ na arrechán de Araño .
  • Miña nai deume unha tunda/ con troncho dunha nabiza;/ miña nai, teña vergoña,/ que vén xente da misa .
  • Miña nai ten unto vello/ da cocha que ha de matar,/ mandóume coller rabizas/ ¡e o nabal por sementar! .
  • No nabal do meu sogro/ acitáronme os cas/ e saíu a miña sogra/ cunha chanca na mau;/ coa chanquiña na mau/ i o zapato no pé;/ ela a min tenme rabia,/ eu ben sei por qué é .
  • Non quero verzas con unto/ nin nabizas con aceite;/ non quero ter man da cabra/ e que outros mamen o leite .
  • Non quero verzas con unto/ nin nabizas con aceite;/ pra min non hai cousa boa,/ hasta me fai mal o leite .
  • Non quero verzas con unto/ nin nabizas con aceite;/ pra min non hai cousa boa,/ tamén me fai mal o leite .
  • Non quero verzas con unto/ nin nabizas con touciño;/ pra min non hai cousa boa,/ tamén me fai mal o viño .
  • Se me hei de casar contigo,/ válante cinco mil diablos;/ pra atender á paridura/ cómpreme un nabal de nabos .
  • Pra nabos n’hai coma Lugo,/ pra canteiros, Pontevedra,/ pra rapaciñas bonitas/ hai que vir á nosa terra .

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Tags:

Os Nabos Na Cultura Popular Galega Crenzas e supersticiónsOs Nabos Na Cultura Popular Galega LéxicoOs Nabos Na Cultura Popular Galega Xogos infantísOs Nabos Na Cultura Popular Galega LocuciónsOs Nabos Na Cultura Popular Galega RefraneiroOs Nabos Na Cultura Popular Galega CantigueiroOs Nabos Na Cultura Popular Galega NotasOs Nabos Na Cultura Popular Galega Véxase taménOs Nabos Na Cultura Popular GalegaGalicia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de deuses celtasManuel RivasFederico García LorcaMiro CasabellaAsalto do bou EvaLeninLeonardo da VinciRamiro CarregalTeresa García-SabellAdrenalinaJorge PeteiroSegunda República EspañolaArantzaMark Lewis JonesJosé López CamposAmazonAntonio López FerreiroViacrucisCambadosFala de EstremaduraIsaac NewtonSantiago de CompostelaBandeira de GaliciaMaría JamardoMedalla CastelaoFran AlonsoChorimaMucha e NuchaItxu DíazPalmaParafusoAmieiroBilbaoCanle (comunicación)Estado NovoVichelocregoBerrogüettoRosario DúrcalSri LankaRéptilesJohannes VermeerLisboaInglaterraEl Pueblo GallegoSubgrupoCopia por contactoZeca AfonsoLista de xentilicios de concellos galegosRías Baixas (serie de televisión)Porno suaveCarballedo, Cerdedo-CotobadeLista de presidentes da República PortuguesaSerés, Serés, CastroverdeCarbohidratoAC-101Pablo EscobarDodroEcce HomoBala (grupo musical)Xabier DeiveAmérica do NorteBreogánRaquel Castro MartínezReino de GaliciaRefraneiro galego sobre o panAntónio de Oliveira SalazarRepública ChecaCristina MaróElvira Fernández BalboaJuan Jacobo Durán LorigaFrancisco AsoreyVicente RiscoPerífrases verbais galegas🡆 More