Outubro Na Cultura Popular Galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de outubro, ou outono, na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Outros nomes populares do mes de outubro son os de San Lucas e o de mes do rosario .

Refraneiro

  • A lúa de octubre a sete cubre, e se chove, nove.
  • A verdura de San Simón dá pró amo e mais pró ladrón .
  • A verdura en outono cómea o seu dono.
  • Áncoras ó fondo, que chega San Simón.
  • Arriba, putas, que aí veñen as san Lucas
  • As avenidas de San Simón, antes ou despois sonadas son.
  • As avenidas de San Simón, sonadas son.
  • As enchentes de San Simon sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os bois.
Outubro Na Cultura Popular Galega 
En outubro, a terra esterca e cobre.
  • Auga de outono mata ó seu dono .
  • De setembro a San Simón non cóma-lo mexillón .
  • En outubro, a terra esterca e cobre.
  • En octubre, a terra estercola e cobre.
  • En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa .
  • En setembre e outono, bebe o viño vello e deixa estar o novo .
  • Na semana de san Lucas, suca, boi, suca .
  • O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas .
  • O que deixa a Coaresma e as festas de san Lucas, dígao a incrusa.
  • Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendote
  • Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar .
  • Polo Pilar, nabos á terra e viño a envasar.
  • Polo San Lucas, mata o teu porco e barra as tuas cubas .
  • Polo san Lucas saben ben as uvas.
  • Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas .
  • Polo san Simón, áncoras ó fondón.
  • Polo san Simón apreta o baldón
  • Polo San Simón proba o viño, i o porco polo San Martiño .
  • Polo San Simón tapa o portelo da sazón, o da resteva non.
  • Por San Francisco bota o liño mourisco, se o botas en San Simón nin dá estopa nin estopón.
Outubro Na Cultura Popular Galega 
Polo san Simón apreta o baldón.
  • Por san Francisco, risco, risco.
  • Por san Luca alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.
  • Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas
  • Por san Quintín castañas ó rolín .
  • Por san Simón a xeira do cogordón .
  • Por san Simón cada moneda vale un doblón.
  • Por San Simón, camiñar si, navegar non.
  • Por san Simón e por san Xudas, mata ó teu porco e atesta as túas cubas .
  • Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas.
  • Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
  • Por san Simón, aperta o baldón.
  • Por san Simón o néspero se repón.
  • Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son.
  • San Francisco fai a rela, San Xosé lévaa.
  • San Francisco trae a vela, San Xosé lévaa.
  • San Pedro e san Simón traen a chave do trebón. Así como eles son santos, traian os trebóns mansos .
  • San Simón, apreta o baldón.
  • San Simón proba o viño e o porco san Martiño.
  • San Simón, se me pillas unha mosca, douche un millón.
  • Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e san Andrés o touciño.

Cantigueiro

  • Naquela banda do río,/ ten meu pai un castiñeiro,/ bota castañas no outono/ uvas no mes de xaneiro.
  • Nosa Señora da Adina/ ten oliveiras no adro,/ botan piñas no outono,/ cereixas no mes de maio .
  • Nosa Señora da Adina/ ten un piñeiro no adro,/ bota piñas polo outono,/ cereixas no mes de maio .
  • San Simón, san Simonciño,/ bendíceme este cordón/ que dá nove voltas/ ó redor do corazón.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Tags:

Outubro Na Cultura Popular Galega RefraneiroOutubro Na Cultura Popular Galega CantigueiroOutubro Na Cultura Popular Galega NotasOutubro Na Cultura Popular Galega Véxase taménOutubro Na Cultura Popular GalegaGaliciaOutubro

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Alexandre o GrandeSelena GomezVictoria Núñez LópezDiego Rivas RegoPena de morteAlcaldes da CoruñaConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeRío DanubioMasturbación coas mamasCando petan na porta pola noitePaís VascoAnne HecheRonaldinhoAntón Villar PonteLois PereiroAlicia BorrásLucía VeigaFoliadaImperio BritánicoIlla de SálvoraArco (arquitectura)AranésQuímicaLonga distancia RenfeAdejeDeus, porque es tan fato!AndorraJava (linguaxe de programación)VasoiraXosé Manuel PiñeiroBruce DickinsonVichelocregoCoprofiliaManuel VillanuevaSusana FortesMoreira (árbore)IslandiaFerroNatalia OreiroNoelia ReyOceanografíaThe Good DoctorGalería de imaxes de flores de GaliciaImperio BizantinoLalínProxyNósAlejandra PizarnikCantabriaVox populiLista de paísesPonte Maior de OurenseSalgueiroHistoria de EspañaElvira RiveiroJulio IglesiasInditexDavid Ben-GurionTECOR societarioLareiraXosé Ramón Fernández-OxeaFranciaViveiroDoenza de Paget de mamaOurenseCeroAlba ManceboXosé Neira VilasThe Times of IndiaProsobranquiosCalendario gregorianoCaroline WozniackiBurgosRefraneiro galego sobre o pan🡆 More