Occitania (en occitano Occitània) é a área histórica de dominio da lingua occitana.
Comprende boa parte do terzo sur do estado francés, o Val de Arán (no Principado de Cataluña), os Vales Occitanos (de Piemonte, en Italia) e Mónaco.
Occitània (oc) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Tolosa | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 16.922.045 (85,42 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua occitana | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 198.113 km² | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Esta designación non está extenta de polémicas e non é aceptada por todas as persoas por razóns políticas, aducindo a relativa falta de antecedentes históricos como suxeito político único. En cambio, o adxectivo occitan (occitano), como definición identitaria, ten gozado de certa normalidade de emprego en todo o seu ámbito lingüístico e tamén no resto do estado francés.
A inmensa maioría do territorio de Occitania está dividido en varias rexións administrativas francesas (o restante, uns poucos vales, nos estados español e francés). Nos tres Estados en que a lingua occitana é falada, ten graos de oficialidade moi variábeis. A fragmentación administrativa, xunto coa fraca protección legal para a lingua, explican en parte que as organizacións nacionalistas occitanas sexan aínda hoxe minoritarios, malia que a cuestión occitana estea a arraigar na mentalidade da xente e na sociedade francesa. Exemplo disto son o éxito das manifestacións en defensa do occitano en Carcassona (entre 8.000 e 12.000 manifestantes o 22 de outubro de 2005) e Besiers (reunindo a máis de 20.000 persoas o 17 de marzo de 2007).
A lingua occitana só está recoñecida como oficial, protexida, ensinada e promovida no Val de Arán. No estado italiano ten o status de lingua protexida e no estado francés tan só goza dunha certa aceptación no sistema educativo, pero carece de recoñecemento legal. Cabe mencionar que, pese á súa precaria posición social, o occitano foi unha das linguas oficiais dos Xogos Olímpicos de Turín. Tamén hai un sistema privado de escolarización en lingua occitana, similar ás ikastolas vascas, denominado Calandretas.
A bandeira de Occitania é a dos condes de Tolosa: cruz amarela sobre fondo vermello. A cruz occitana aparece nas bandeiras oficiais da cidade de Tolosa e das rexións francesas de Mediodía-Pireneos; a carón do escudo catalán na da rexión de Languedoc-Rosellón, así como no escudo do departamento dos Hauts Alps (Altos Alpes). Tense implantado con éxito nos vales occitanos de Piemonte e tamén no Val de Arán, onde agora está integrada na bandeira aranesa (que só ostentaba antes a chave aranesa).
Historia de Occitania |
---|
Prehistoria occitana |
Os primeiros poboadores occitanos |
Occitania romana |
Reino visigodo de Tolosa |
Reino Burgundio da Provenza |
Septimania visigótica |
Ducado de Aquitania |
Comdado de Tolosa |
Vicecondado de Carcasona |
Condado da Provenza |
Condado de Foix |
Cruzada albixense |
Occitania do século XIV ao XVII |
Occitania durante a Revolución Francesa |
Felibritge |
Rexionalismo occitano |
Occitania entre 1900 e 1940 |
Occitania baixo o réxime de Vichy |
Occitania até os anos 70 |
Occitania e a rexionalización de 1981 |
Occitania, por mor da súa posición xeográfica, tense atopado decote nun cruzamento estratéxico entre toda clase de correntes (esencialmente gregos e latinos, orientais, nórdicos e evidentemente mediterráneos). Herdeira da cultura latina e de certos elementos celtas, chegou a converterse nun dos centros neurálxicos da cultura románica a partir do século IX. Foi o occitano unha das linguas que primeiro substituíu o latín en moitos actos, documentos, obras literarias e obras científicas. Así, as primeiras gramáticas anteriores á de Nebrija son occitanas (como por exemplo as Leys d'Amors do século XIV).
Os séculos XI, XII e XIII foron a época de maior esplendor da cultura e política occitanas. O modelo de occitano escrito, grazas á súa cultura refinada e brillante, sitúase como unha lingua vehicular en toda Europa: culturalmente, grazas aos trobadores, politicamente, a través da elaboración dos Foros dos territorios aragoneses e navarros, sen esquecer obviamente a influencia que exerceu sobre a literatura en lingua catalá grazas a Ausiàs March.
Foron aqueles séculos a época de ouro da literatura occitana, co nacemento da literatura trobadoresca e a súa extensión pola maior parte de Europa Occidental. Politicamente tamén o foi, debido á independencia de facto e á prosperidade de moitos dos territorios occitanos (véxase Condado de Tolosa, Condado de Foix, Vicecondado de Carcassona, Ducado de Aquitania e Condado da Provenza). Ora ben, esta época dourada sería truncada axiña, pois a unidade dos territorios occitanos era de feito unha unidade cultural e lingüística, pero non política.
Coa escusa de loita contra a herexía cátara, o rei de Francia Filipe II, aliado co Papa Inocencio III, comezou a cruzada albixense contra os señores occitanos. O exército francés, liderado por Simón de Montfort, atacou e saqueou as principais cidades de Occitania, invadindo así as terras do Conde de Tolosa Ramón VI de Tolosa. O conde reuniu os seus aliados, entre eles Pedro II de Aragón, para loitar contra os franceses. A Batalla de Muret (13 de setembro de 1213) significou a fin da idade de ouro da cultura occitana coa morte do rei aragonés por un lado e, sobre todo, pola derrota das tropas occitano-catalano-aragonesas, o que representou a fin da expansión da Coroa de Aragón. Lengadòc pasaba así a ser unha dependencia da coroa francesa. Entre mediados do século XIII e comezos do século XVII todos os territorios occitanos foron incorporados á coroa francesa.
Actualmente, o territorio lingüístico occitano está dividido entre o estado francés (contendo practicamente a totalidade da área occitana), Italia (os Vales Occitanos), o estado español (o Val de Arán) e Mónaco. O territorio baixo administración francesa está dividido en sete rexións administrativas:
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Occitania, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.