Organización Republicana Gallega Autónoma: Partido político galego

A Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) foi un partido político galego, de carácter republicano e autonomista que se fundou no outono de 1929 na Coruña coa participación das Irmandades da Fala locais e o Casino Republicano dirixido por Santiago Casares Quiroga, quen se converteu no seu principal dirixente a pesar de seren maioritarios os galeguistas nun primeiro momento, o que explica que no seu primeiro manifesto a ORGA reclamara unha república federal e que cando o sector galeguista quedou en minoría a ORGA defenda o autonomismo, inda que mornamente.

Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA)
Dirixentes e organización
LíderSantiago Casares Quiroga
Historia
Fundación1929
Disolución1934
Posicións políticas
IdeoloxíaRepublicanismo
Representación
Congreso dos Deputados (1931)
16 / 470

Traxectoria

Organización Republicana Gallega Autónoma: Traxectoria, Estatuto, Prensa 
Resultado das eleccións ás Cortes Constituíntes, celebradas o 28 de xuño de 1931. A ORGA, en azul moi escuro, sacou 15 escanos.

A ORGA organizábase en comités, partindo do local, o provincial e o máximo órgano directo era o Comité Executivo Rexional elixido pola Asemblea Rexional. Aínda que a maior parte da súa militancia procedía das clases medias urbanas, a ORGA conseguiu atraerse varias sociedades agrarias esparexidas por todo o país que constituíron a Organización Agraria Gallega.

En marzo de 1930 organizou a Federación Republicana Gallega, na que se integraron partidos republicanos como o Partido Radical e o Partido Republicano Radical Socialista. Tras a proclamación da República deixan a FRG o PR e o PRR-S, aínda que a FRG seguiu existindo ata abril de 1932.
A ORGA formou parte do primeiro goberno da república por medio de Santiago Casares Quiroga e converteuse na primeira forza política de Galicia nas eleccións a Cortes Constituíntes ao obter 15 escanos, inda que se presentase como FRG, formando no Congreso o grupo da Minoría Gallega na que se integrou Castelao e Ramón Otero Pedrayo.

En maio de 1932 a ORGA pasou a denominarse Partido Republicano Gallego (PRG), en outubro dese ano o partido entrou en crise ao integrarse a dirección da provincia de Pontevedra en Acción Republicana e nas eleccións de 1933 tan só sacou cinco escanos e en 1934 uniuse a Acción Republicana e o Partido Republicano Radical Socialista Independiente para formar Izquierda Republicana, baixo o liderado de Manuel Azaña.

Estatuto

A ORGA contaba cun sector galeguista que pulou por facer da ORGA un partido comprometido coa realidade nacional galega e que asumise o autogoberno como un referente político, máis tamén contaba cun outro sector desinteresado da consecución de calquera autonomía para Galicia. Con todo tras a proclamación da república foi a ORGA a que tomou a iniciativa convocando o 4 de xuño de 1931 unha asemblea pro-Estatuto da que saíu un primeiro proxecto de estatuto, que resultou frustrado. Tras outro proxecto fracasado a fins de ano, o alcalde de Santiago de Compostela, militante da ORGA convocou unha asemblea de municipios en 1932 do que saíu un proxecto de estatuto e un Comité Central de Autonomía de Galicia presidido por Osorio Tafall, así e todo o principal valedor deste proxecto non foi a ORGA senón o Partido Galeguista, debido en parte a que o sector galeguista tiña cada vez menos peso no seo da ORGA e os atrancos que o propio Casares Quiroga como ministro da Gobernación lle puxo. Progresivamente o sector galeguista da ORGA foise distanciando do partido e acabou maioritariamente integrándose no Partido Galeguista, o último dirixente galeguista da ORGA en integrarse o PG foi Antón Vilar Ponte a comezos de 1934.

Prensa

A ORGA nun primeiro momento non contou cun órgano oficial de prensa para difundir o seu ideario, intentou sen éxito mercar algún xornal coruñés e entre xuño de 1931 e xullo de 1932 El Orzán converteuse no seu voceiro oficioso; en abril de 1932 apareceu El País, que fixo defensa explítica da política da ORGA, pero durou pouco tempo. Tamén recibiu o apoio de El País de Pontevedra ata novembro de 1932. En 1933 a dirección do partido acorda editar de novo un antigo xornal que dirixira Casares Quiroga, Tierra Gallega, o novo xornal sae á luz o 25 de xaneiro pero non consegue consolidarse e pecha o 4 de xuño dese ano.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alfonso Bozzo, Alfonso de (1976). Los partidos políticos y la autonomía en Galicia, 1931-1936. Madrid: Akal. ISBN 84-7339-135-7. 
  • Avilés Farré, Juan (2006). La Izquierda burguesa y la tragedia de la II República. Comunidad de Madrid. 
  • Beramendi, X.G. e Núñez Seixas, X. M. (1996): O nacionalismo galego. Vigo: A Nosa Terra.
  • Beramendi, X. G. (2007): De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Vigo: Xerais.
  • Castro, X. (1985): O galeguismo na encrucillada republicana. Ourense: Deputación provincial.
  • Granja, José Luis de la; Beramendi, Justo; Anguera, Pere (2003). La España de los nacionalismos y las autonomías. Madrid: Síntesis. ISBN 84-7738-918-7. 

Tags:

Organización Republicana Gallega Autónoma TraxectoriaOrganización Republicana Gallega Autónoma EstatutoOrganización Republicana Gallega Autónoma PrensaOrganización Republicana Gallega Autónoma NotasOrganización Republicana Gallega Autónoma Véxase taménOrganización Republicana Gallega Autónoma1929A CoruñaGaleguismo (política)GaliciaIrmandades da FalaRepúblicaSantiago Casares Quiroga

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

WikipediaCentro público integradoNetiquetaPolieno (química)Carlos NegroVacalouraSapo comúnGabriel AlénA fiestra valdeiraProvincia de PontevedraConcha CostasLista de nomes masculinos en galegoAna Pastor GarcíaGoogleJosé Luis GilIbai LlanosAWStatsBetanzosMomia de ManchesterXosé FortesA vogal temática e a conxugaciónLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingGata CattanaMagnesioIgnacio Rivera QuintanaLista de episodios de O detective ConanLeninEstoicismoGrândola, Vila MorenaConfederación Española de Derechas AutónomasVincent van GoghSusana FortesJessica AlbaTerraFranciaNiceto Alcalá-ZamoraReal Academia GalegaDiurno (Renfe)La Voz de GaliciaMiguel Ángel MuñozSetaLista de prefixos e sufixosLucas VázquezAmérica-GaliciaFrancisco de QuevedoLista de ríos de GaliciaProvincias de EspañaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoNigránPartido PopularAlfabeto galegoTrackbackTeléfonoLista de WikipediasNigel Williams-GossImperio BizantinoManuel MurguíaConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesArroazConcellos de GaliciaLingua inglesaXela AriasMasculino e feminino en galegoFesta dos maiosArqueasJulia OteroLuísa VillaltaHorteláMarina CastañoSergio RamosMiguel Pampín RúaT🡆 More