Naufraxio Do Prestige: Catástrofe ecolóxica de 2002

O naufraxio do petroleiro Prestige e a posterior marea negra foi un dos maiores accidentes e catástrofes naturais da historia do transporte marítimo mundial.

O accidente ocorreu o 13 de novembro de 2002, a 250 quilómetros da costa da Morte en Galiza, cando, após unha forte tormenta, o petroleiro afundiuse liberando 77.000 toneladas de fuel ao océano Atlántico. A vertedura do Prestige, que se estendeu ás costas de Portugal, norte de España e Francia, está considerada como o terceiro accidente máis custoso da historia xa que custou 12.000 millóns de dólares para limpar e selar o barco.

Naufraxio Do Prestige: Impactos do naufraxio, Resposta cidadá e limpeza, Notas
Buque MV Prestige.

Impactos do naufraxio

Para unha cronoloxía exhaustiva do afundimento, datos sobre a composición da carga e unha análise dos impactos máis pormenorizada, véxase o artigo principal Prestige.

Naufraxio Do Prestige: Impactos do naufraxio, Resposta cidadá e limpeza, Notas 
Crustáceo afectado polo chapapote.

Impacto ambiental

A marea negra afectou gravemente a vida mariña, incluíndo moluscos, equinodermos, peixes, aves e mamíferos mariños, e danou ecosistemas costeiros en Galiza, Portugal e Francia. Máis de 200.000 aves foron afectadas, e restos de fuel foron atopados até nove anos despois nas praias de Nemiña e O Rostro.

Impacto económico e social

O derramo provocou un duro golpe á economía local, en boa parte baseada na pesca, marisqueo e acuicultura e no turismo. A prohibición da pesca afectou a 913 dos 1.121 quilómetros da costa galega, mentres que a contaminación reduciu significativamente o turismo no país.

Resposta cidadá e limpeza

Naufraxio Do Prestige: Impactos do naufraxio, Resposta cidadá e limpeza, Notas 
Voluntarios limpando o fuel do Prestige.

Para unha análise exhaustiva da limpeza do pecio, véxase o artigo principal Prestige. Para os aspectos xurídicos véxase o artigo Xuízo do Prestige.

A Forza Aérea Portuguesa realizou voos diarios para avaliar os danos ecolóxicos en Portugal, e o Estado francés tamén dispuxo de medios de seguimento. Esa cobertura informativa foi amplamente seguida por voluntarios e mariñeiros galegos, que desde o 19 de novembro até o 3 de decembro fixeron tarexas de vixilancia, e a partir do 3 saíron a retirar o chapapote da marea negra á boca das Rías Baixas, antes de que entrase nas augas interiores. Máis de 300.000 voluntarios de toda Europa e mesmo doutras partes do mundo participaron nas operacións de limpeza. Unha grande cantidade de voluntarios do Estado español acudiron durante a ponte da Constitución e da Inmaculada, dúas semanas despois do afundimento. O Miteco estimou que eses labores equivalían a 1.382.000 xornadas de traballo, das que o 73% se efectuaron en Galiza.

Os voluntarios recibiron unha homenaxe da Xunta cinco anos despois do afundimento do buque, o 13 de novembro de 2007.

Consecuencias políticas

O manexo do desastre do Prestige polo Goberno de España e da Xunta de Galicia xerou críticas e protestas significativas. A xestión da crise ambiental tivo un impacto notable nas eleccións subsecuentes, tanto a nivel estatal como en Galiza. Nas eleccións municipais de 2003 o PPdG baixou catro puntos. En 2004 houbo un cambio de goberno en España e en 2005 o PPdG perdeu o Goberno galego, dando paso á formación dun goberno bipartito entre o PSdeG e o BNG. Este cambio político foi influenciado, en parte, pola percepción pública da xestión do derramo e as súas repercusións sociais e ambientais. Nas eleccións municipais de 2007, o PPdG experimentou unha baixada en votos, o que se considera un reflexo da tendencia descendente no apoio ao partido, posibelmente relacionado coa conciencia ambiental da opinión pública e a xestión do desastre do Prestige.

Naufraxio Do Prestige: Impactos do naufraxio, Resposta cidadá e limpeza, Notas 
Marea negra que arrasou as praias tras o afundimento do petroleiro Erika, ocorrido o 12 de decembro de 1999 nas costas de Bretaña.

Reformas

O desastre levou á adopción de medidas para mellorar a seguridade dos buques e a protección do medio ambiente, incluíndo a prohibición de buques en mal estado e a aceleración da aplicación do paquete Erika, normativa creada a raíz do desastre do petroleiro Erika.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Naufraxio Do Prestige Impactos do naufraxioNaufraxio Do Prestige Resposta cidadá e limpezaNaufraxio Do Prestige NotasNaufraxio Do Prestige Véxase taménNaufraxio Do Prestige13 de novembroCosta da MorteEspañaFranciaFuelGaliciaMarea negraOcéano AtlánticoPortugalPrestigeTransporte

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Estados Unidos de AméricaLola Flores1868Yolanda DíazComarca de SarriaEditorial GalaxiaPorno suaveImmanuel KantGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981Carlos CasaresBubelaQueiroaRocco SiffrediPeer-to-peerParlamento de GaliciaAlfabeto galegoXosé Carlos MorellProvincia da CoruñaLuísa VillaltaNarónSelección de fútbol de GaliciaLeopoldo RubidoVilagarcía de ArousaManuel Curros EnríquezNava CastroAdrenalinaFrancisco AsoreyContactLondresArroazÁreas lingüísticas do galegoMiguel Ángel Zabalza BerazaAs Pontes de García RodríguezO Pedrouzo, Arca, O PinoFermin MuguruzaÁlvaro CunqueiroPablo Iglesias TurriónGuillermo Alonso BarciaLista de voces dos animaisSlumdog MillionaireUniversidade de Santiago de CompostelaÑMarmelo (doce)ShōgunFingeringRibadeoLandraFederico Jiménez LosantosFlorentino López CuevillasXestaGoretti SanmartínÁngel CarracedoLeymaMexacánDonald TrumpPaulino PereiroBolboretaJosé María Barreiro GómezMario CaneiroRibeiraGoizuetaCohesiónDavid MellaGarbiñe MuguruzaRetorno a Tagen AtaReal Academia GalegaPecados capitaisOs pronomes persoais galegosPaspallásoyz9zFrancisco Varela OuroInstagramMaría Xosé Queizán🡆 More