Número Composto

Un número natural é composto se é maior que 1 e non é primo; noutras palabras, se ten máis de dous divisores.

Números

Os 20 primeiros números compostos son: 4, 6, 8, 9, 10, 12, 14, 15, 16, 18, 20, 21, 22, 24, 25, 26, 27, 28, 30 e 32.

Unha característica dos números compostos é que poden escribirse como produto de dous enteiros positivos menores ca el. Así, os números 20 e 87 son compostos porque poden expresarse como 4 ⋅ 5 e 3 ⋅ 29 respectivamente. Porén, non é posible facer o mesmo co 17 ou o 23 porque son primos.

O número composto máis pequeno é o 4, e non existe ningún que sexa maior que tódolos demais, xa que existen infinitos números compostos.

A forma máis sinxela de demostrar que un número n é composto, é encontrar un divisor d comprendido entre 1 e n (1 < d < n). Por exemplo, 219 é composto porque ten por divisor 3. E tamén 371 porque ten 7 por divisor. Este método deixa de ser efectivo para números que son produto de primos grandes. Unha boa alternativa é utilizar entón o pequeno teorema de Fermat, ou mellor a xeneralización deste debida a Euler.

Como os números primos e compostos están mesturados uns cos outros é lóxico preguntarse se existirán secuencias de números compostos consecutivos de lonxitude arbitraria. A secuencia 32, 33, 34, 35 e 36 é un exemplo de lonxitude 5, e 114, 115, 116, 117, 118, 119, 120, 121, 122, 123, 124, 125 e 126 un exemplo de lonxitude 13. A resposta é que podemos conseguir unha secuencia de números compostos tan longa como se desexe. Se desexamos unha secuencia de lonxitude 20, basta tomar os números 21!+2, 21!+3, 21!+4, ... , 21!+21, xa que o primeiro é divisible por 2, o segundo por 3 etcétera.

Tags:

Número naturalNúmero primo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Garbiñe MuguruzaLuz Pozo GarzaMoreira (árbore)Keanu ReevesAXabier DeiveEthan HawkeLeopoldo RubidoLista das aves de GaliciaLuka ModrićElena CandiaCelanovaMaría Jesús MonteroNiceto Alcalá-ZamoraCela 211José Luis Rodríguez ZapateroJosé Antonio ArmadaArte posmodernaFísicaOs pronomes persoais galegosTrackbackSelena GomezPierre Simon LaplaceGoretti SanmartínRamón Otero PedrayoNaomi KleinOceanografíaReconquistaAlberto Núñez FeijóoPaíses BaixosGalicia estremeiraSérgio TannusAntón Avilés de TaramancosMarcos PereiroMahatma GandhiJude BellinghamFernando AlonsoCando petan na porta pola noiteRaquel AtanesXosé Rubia BarciaDiurno (Renfe)Agustina de AragónCatedral de OurenseCáceresOs outros feirantesAntonio MingoteISBNAlba ManceboÁlvaro CunqueiroDos arquivos do trasnoAsturiasAnne HecheIslandiaMegasaModelo OSINikola TeslaAlexandre o GrandeAlmibre2004Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesPili PampínCataluñaRonaldinhoBillardaThe Good DoctorPoloniaAna TurpinRefraneiro galego sobre o mes de maioOs vixilantes do CamiñoJoselu MatoOs ÁnxelesSegunda República EspañolaLingua betawiCesc FàbregasCarles PuigdemontAntón Losada Diéguez🡆 More