Museo Do Precinema

O Museo do Precinema (en italiano Museo del Precinema) é un museo sobre a historia da precinematografía, situado en Prato della Valle, Padua, Italia.

Foi creado en 1998 para acoller a colección Minici Zotti, en colaboración co concello de Padua.

Museo Do Precinema
O palacio Angeli en cuxo último andar se atopa o Museo do Precinema.

Sede do museo

A sede do museo atópase no último andar do Palacio Angeli, construído a finais do século XV. No século XVIII o palacio foi a residencia de Andrea Memmo, procurador de San Marco, quen foi o benefactor da cidade de Padua e responsábel da transformación dun enorme escampado no que hoxe en día se coñece como Prato della Valle, a maior praza monumental de Italia e segunda de Europa. A mediados do XVIII a través dos ventais deste palacio e coa axuda dunha cámara escura Giovanni Antonio Canal, máis coñecido como Canaletto, deseñou a panorámica que hoxe en día é a delicia de quen visita esta cidade.

A colección Minici Zotti

Museo Do Precinema 
Interior do Museo do Precinema.

A colección Minici Zotti é unha colección privada sobre a historia do precine pertencente á experta lanternista Laura Minici Zotti, a directora do museo. As súas representacións coa lanterna máxica son auténticos espectáculos inspirados naqueles de época vitoriana. Este antigo proxector é o tema principal da colección. Iñantes da invención do proxector cinematográfico, era usado para o entretemento e a educación do público.

A colección inclúe os cristais para a proxección coa lanterna máxica, orixinais pintados a man, e tantas outras antigas lanternas de diverso tipo e procedencia; a fantasmagórica lanterna máxica, a lanterna dobre de W. Tyler, a lanterna tripla en caoba (1880 aprox.) inventada por James Henry Steward, considerado o mellor fabricante de lanternas máxicas. A colección inclúe tamén outras antigas lanternas parellas, diversas lanternas dunha soa lente, a lanterna científica de P. Harris & Co, a lanterna americana " The Pettibone", e por último, a lanterna-cinema de Walter Gibbons.

Unha adquisición particularmente rara por parte do museo foi unha lanterna máxica datada a finais de 1700, proveniente da Vila medicea de Poggio a Caiano, unha residencia estival onde residían os Lorean, Grandes Duques da Toscana.

A lanterna máxica está completa coa súa caixa orixinal e os 108 cristais panorámicos orixinais que contan as historias da mitoloxía da Antiga Grecia e a historia de Roma.

Están tamén expostas no museo as miras ópticas para O Novo Mundo datadas no século XVIII; un megaletoscopio de 1864 ideado por Carlo Ponti, un fotógrafo suízo; unha sección adicada á estereoscopía e á técnica do anaglifo e antigas máquinas fotográficas, unha cámara escura; xogos ópticos como o zoetropio, o praxinoscopio, o taumátropo e o fenaquistoscopio que pertencen á historia da animación.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Museo Do Precinema Sede do museoMuseo Do Precinema A colección Minici ZottiMuseo Do Precinema NotasMuseo Do Precinema Véxase taménMuseo Do PrecinemaItaliaLingua italianaMuseoPadua

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

XeneEvento MiyakeLisboaRevolución dos CaraveisVCopa España (fútbol)José Luis VergaraFilipe I de CastelaLobishomeCampus de PonferradaChaira abisalWilliam JoyceCalendario persaIllas BalearesCelso Emilio FerreiroDiego AnidoFerrolMcDonnell Douglas DC-10Senén PousaDavid T. AlexanderParroquias de GaliciaXogo da chaveRamón NicolásCastros da provincia de OurenseUnión EuropeaArroazAustraliaA GuardaBaiona1917Xabier DeiveLista de monarcas de GaliciaBreogán5Xosé Manuel BeirasDavid HarperEscola de FrankfurtRuxe RuxeMaría CanosaÁnxel CasalO Pedrouzo, Arca, O PinoEuropaMitoPablo Iglesias PosseRoko (actriz)GaliciaCoalición Popular89Le MondeCatión de amonio cuaternarioSen SenraBarra verticalIEfecto FöhnMaría Vázquez1936Mario ObreroHarvard University PressRexurdimentoXunta de GaliciaRío Mao, río SilLista de nomes masculinos en galegoTeatroMinisterio de Sanidade de EspañaEscola Universitaria Politécnica de FerrolAgricultura ecolóxicaFábrica Nacional de Moneda y TimbreTemperaturaOs pronomes persoais galegosMarián Ferreiro DíazKm 3A LarachaPablo DíazSerbiaGheada🡆 More