Movemento Rastafari

O movemento rastafari é un movemento socio-cultural que considera ao emperador de Etiopía Haile Selassie I, antes chamado o Príncipe Nivel Tafari (en amhárico), a encarnación de Cristo no seu carácter de Deus como Rei, a Marcus Garvey como a encarnación de Cristo no seu carácter de Deus como Profeta, e ao príncipe Emmanuel Charles Edwards como a reencarnación de Cristo no seu carácter de Deus como Sumo Sacerdote, conformando desta forma unha Santa Trindade.

Outro alicerce fundamental é a lectura do sacro libro da tradición etíope, titulado Kebra Nagast, e a reivindicación do panafricanismo (a reivindicación de unidade dos descendentes de africanos oprimidos durante a historia recente).

Movemento Rastafari
Rasta

Xurdiu nos comezos dos anos 30 en Xamaica a partir de profecías bíblicas que atribuíron a divindade a Selassie, o desexo dos descendentes de escravos negros de volver a África, das aspiracións sociais e culturais da comunidade negra e dos ensinos do organizador nacido en Xamaica Marcus Mosiah Garvey que clamaba: "Africa para os africanos e Europa para os europeos". A visión social e cultural de Garvey inspirou aos fundadores do movemento, que o consideraron como un profeta.

O rastafarismo xurdiu entre a poboación negra de clase traballadora en Xamaica, e permanece en defensa da Supremacía Negra, que se interpreta como a supremacía do ben sobre o mal. A cor negra representa ao ben, e en ningunha forma ten que ver coa cor de pel dos homes. Hoxe en día o movemento estendeuse ao longo de gran parte do mundo e ten seguidores provenientes de distintas culturas, linguas e nacións. Son erroneamente coñecidos pola súa devoción á música de reggae cando en realidade non forma parte da Orde Cerimonial Rastafari.

Tags:

CristoDeusEtiopíaHaile SelassieLingua amháricaMarcus GarveyPanafricanismoProfetaPríncipeReiSanta Trindade

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

A gaita gallega (libro)Xinzo de LimiaAranésPornografíaXestión de dereitos dixitaisAnxo AngueiraCariorrexeOctavio AugustoElxokasPartido Comunista de EspañaMarcos PereiroRefraneiro galego sobre o viñoMontse DopicoHLA-DOGuernica (cadro)PRECRaquel Sánchez-SilvaMonforte de LemosBreogánGrupo de teatro O FachoAranoSonsoles EspinosaMalvares de MoscosoMiguel Ángel Zabalza BerazaDía do LibroTea Rooms. Mujeres obrerasDios ke te crewCarl Theodor DreyerLista de WikipediasMoinanteVivir sin permisoLuísa VillaltaOurenseEva CárdenasRamón PiñeiroEdward John SmithIker MuniainMiguel SolísAngelina JolieLFesta dos maiosRúa das Rodas (Santiago de Compostela)SayenDía das Letras GalegasLugoCastros da provincia da CoruñaToxo arnalContactorNapoleón I de FranciaCharles de GaulleGuerras púnicasJorge PeteiroOliveira de VigoAndrés PajaresIria Carreira PazosWinston ChurchillCantiga de amigoMar MediterráneoEduardo Valencia FernándezBernd SchusterPonteareasA Pena, San Román de Vilaestrofe, CervoBernardino GrañaManuel Vázquez OuteiriñoAdolf HitlerLista de palabras galegas de orixe celtaJosé Manuel LageDiego Rivas RegoErnesto ChaoCarlos II de EspañaElvira Fernández BalboaFalange EspañolaJason StathamRoberto Verino🡆 More