Minas Xerais: Estado federado do Brasil

Minas Xerais (en portugués, Minas Gerais) é o cuarto maior estado do Brasil, cunha extensión semellante á de Francia: 588 384,30 km².

Localízase no Sueste e ten coma límites ó norte e nordeste a Baía, ó leste o Espírito Santo, ó sursueste o Estado do Río de Xaneiro, ó sur e suroeste o estado de São Paulo, ó oeste o Mato Groso do Sur e ó noroeste o estado de Goiás.

Modelo:Xeografía políticaMinas Xerais
Estat de Minas Gerais (pt) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoHino de Minas Gerais (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Nomeado en referencia amina Editar o valor em Wikidata
Localización
Minas Xerais: Historia, Xeografía, Economía Editar o valor em Wikidata
 18°57′S 44°34′O / -18.95, -44.5744°34′O / -18.95, -44.57
EstadoBrasil Editar o valor em Wikidata
CapitalBelo Horizonte Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación21.119.536 (2017) Editar o valor em Wikidata (36,01 hab./km²)
Lingua usadaLíngua puri (pt) Traducir
Lingua pataxó
Xakriabá (en) Traducir
Dialeto mbiá (pt) Traducir
Língua maxacali (pt) Traducir
Língua koropó (pt) Traducir
Língua crenaque (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie586.514 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.193 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoPico da Bandeira (pt) Traducir (2.891,32 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1889 Editar o valor em Wikidata
Santo padrónVirxe das Dores Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivosecretariado do governo de Minas Gerais (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Governador (pt) Traducir Editar o valor em WikidataRomeu Zema (pt) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Legislativa de Minas Gerais (pt) Traducir Circunscrición: 0, (Escano: 77) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2BR-MG Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Prefectura de Yamanashi (1973–)
Daegu (1994–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webmg.gov.br Editar o valor em Wikidata

Historia

A exploración da rexión iniciouse no comezo do século XVI, por bandeirantes (exploradores) orixinarios de San Paulo, que buscaban ouro e pedras preciosas. En 1693 as primeiras descubertas importantes de ouro na Serra do Sabaraçu provocaron un grande afluente de persoas. En 1696 fundouse a primeira freguesía, Nosa Señora do Ribeirão do Carmo, que en 1711 tornouse a primeira vila da rexión e actualmente chámase Mariana.

Minas Xerais: Historia, Xeografía, Economía 
Igrexa de San Francisco de Asís, en São João del Rei, cidade fundada durante o Ciclo do Ouro.

Durante a primeira metade do século XVIII, Minas Xerais tornouse a máis importante rexión económica do Brasil. En 1720 foi separada de San Paulo e tornouse capitanía. Entre tanto, a produción de ouro comezou a caer despois de 1750, o que levou Portugal a buscar medios de aumentar a recadación de impostos, xerando a mecha dunha conspiración coñecida na historia como Inconfidencia Mineira.

Coa independencia do Brasil en 1822, a capitanía volveuse provincia do Imperio. Despois da proclamación da república en 1889, tornouse estado.

Durante o século XIX e comezos do século XX, o café e o gando foron dous importantes produtos na súa economía. Despois da segunda metade do século XX, a minería de ferro, a produción de enerxía hidroeléctrica en Furnas e Tres Marías, a siderurxia e o crecemento de parques industriais en varias cidades (especialmente na rexión metropolitana da capital, ó sur do estado, en Juiz de Fora e no Triângulo Mineiro ó oeste) trouxeron unha acentuada diversificación económica. Hoxe é o terceiro estado en actividade económica do Brasil, despois de San Paulo e case superando o Río de Xaneiro.

Xeografía

Minas Xerais esta sita entre os paralelos de 14º13'58" e 22º54'00" de latitude sur, e entre os meridianos de 39º51'32" e 51º02'35" ó oeste de Greenwich. É o segundo Estado brasilleiro en poboación total, con 18 millóns de habitantes. É tamén o Estado brasileiro co maior número de municipios, 853, ou sexa, 15,5% do total de municipios do Brasil.

A súa capital e a cidade máis poboada é Belo Horizonte, con 2,4 millóns de habitantes (máis de 5 millóns na súa rexión metropolitana, chamada Grande Belo Horizonte ou Grande BH). Outras cidades importantes son: Contagem (situada na Grande BH), Uberlândia, Juiz de Fora e Itabira.

Relevo

Minas Xerais: Historia, Xeografía, Economía 
Serra da Mantiqueira

As maiores altitudes están nas serras de Mantiqueira, de Espinhaço, de Canastra e no Parque Nacional do Caparaó, onde hai terreos localizados por riba dos 1700 metros. O punto culminante do estado é o Pico da Bandeira, con 2.891,9 metros de altitude, situado en divisa co estado do Espírito Santo.

Clima

Os climas predominantes en Minas Xerais son o tropical e o tropical de altitude. As rexións máis altas e o sur do estado presentan as temperaturas máis baixas, chegando próximas de 0 °C en invernos rigorosos na rexión da Serra da Mantiqueira. Ó sur, sursueste, leste e centro do estado son rexistrados os maiores índices pluviométricos.

Noutro extremo, nas porcións norte e nordeste (parte do sertão brasileiro), as choivas escasas e as altas temperaturas fan esas rexións moi susceptibles á seca.

Hidrografía

O principal río do estado é o São Francisco, que nace na Serra da Canastra a 1200 m de altitude e corta boa parte do estado. Outros ríos importantes son o Paranaíba e o Grande, que forman parte da conca hidrográfica do río Paraná.

Economía

Minas Xerais: Historia, Xeografía, Economía 
Parque Nacional do Caparaó.

O Estado é un importante produtor de café, soia, leite, carne e outros produtos agropecuarios, e tamén de produtos de minería: ferro, aluminio, calcario e outros. Actualmente tamén a industria é moi importante: transformación mineral, siderurxia (aceiro), electrónica, automóbiles (FIAT, Iveco e Mercedes Benz posúen fábricas no estado), ademais de téxtiles, alimentos e bebidas.

Outra actividade importante é o turismo. O Estado, dentre outros, ten como atractivos:

  • cidades históricas do período colonial, como Ouro Preto, Mariana, Sabará, Congonhas, São João del Rei, Tiradentes e Diamantina, con súas igrexas, predios públicos e casas ben conservadas
  • estáncias de augas minerais, como Araxá, Poços de Caldas, Lambari, Caxambu e outras
  • paisaxes naturais preservadas, en seus Parques Nacionais e reservas: Parque Nacional do Caparaó, Parque Nacional da Serra do Cipó, e outros.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Minas Xerais HistoriaMinas Xerais XeografíaMinas Xerais EconomíaMinas Xerais Véxase taménMinas XeraisBaía, BrasilBrasilEspírito Santo, BrasilEstado de São PauloEstado do Río de XaneiroFranciaGoiás, BrasilLingua portuguesaMato Groso do SurRexión Sueste do BrasilSubdivisións do Brasil

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Segunda guerra mundialXosé Neira VilasCYolanda DíazAmancio OrtegaA chave das nocesLingua casteláManuel Lourenzo SobralRepública Democrática do CongoDeportivo da CoruñaPerífrases verbais galegasDigital object identifierNacionalismo galegoMaría a BalteiraForcareiLola FloresFelaciónXosé Luís BernalBritney SpearsChatGPTVoleibolQuenllaLeitzaIrene FerrerasCastro de Punta do BicoJuan Jacobo Durán LorigaRevolución galega de 1846GalipediaArantzaTribadismoRibadeoSonDeSeuÁreas lingüísticas do galegoAWStatsc70mgTeixugoXXX edición dos Premios GoyaPunta UmbríaLista de deuses celtasoyz9z2003Albert EinsteinFoca monxeTonhito de PoiLista de castelos de PortugalHelsingin JalkapalloklubiNacho VegasDelfínidosDorothé SchubarthXestaLista de filmes coas maiores recadaciónsRefraneiro galego sobre o panMoscovaAliança CatalanaAires da miña terraCristiano RonaldoMaruxa MalloCharles WhiteAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoMoinanteRaquel AtanesLabor Gallega (A Habana)Luís CíliaA EstradaArroazRibeiraTeresa García-SabellVerbos galegos ser, estar e irRebeliom do InframundoTarragonaCessna T-37 TweetAs Pontes de García Rodríguez🡆 More