Minarete

O minarete, ou alminar, é o nome co que se coñecen ás torres das mesquitas, procede do árabe منار minār ou manār, o segundo directamente con adición do artigo árabe al- e o primeiro do francés minaret, tomado do turco, minare, que á vez tomouno do árabe.

A verba árabe minar significa en realidade «faro», xa que no pasado adoitábase pendurar luces nos minaretes para orientar aos viaxeiros cara a cidade. En árabe a palabra que designa máis axeitadamente ao minarete é مئذنة mi'dhana, é dicir, lugar dende onde realízase o أَذَان adhan ou chamada da oración.

Minarete
Minaretes da mesquita de Asuán

O seu principal labor é, polo tanto, facilitar que a máxima cantidade de xente posible oia cada unha das cinco chamadas diarias á oración. Para iso adoita ter na súa parte máis alta un balcón que o rodea, dende o cal o muecín ou almuédano (مُؤَذِّن mu'aḏḏin -"gritador"-) realizaba tradicionalmente a chamada á oración (صلاة salat) mediante a voz. Na actualidade, o almuédano foi substituído con frecuencia por un megáfono.

A forma dos minaretes varía segundo as zonas. No Magreb, as mesquitas adoitan ter só un, de planta cadrada, o exemplo máis fermoso é o antigo minarete da Gran Mesquita de Kairuán en Tunes. No oriente musulmán son habituais as mesquitas con máis dun, xeralmente dous ou catro, e de forma variable. Son característicos nos lugares de influencia otomá os esveltos minaretes de sección circular, cun balcón sobresaínte e un tellado cónico.

alminar
Minarete da Gran Mesquita de Kairuán

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Minarete NotasMinarete Véxase taménMinareteLingua francesaLingua turcaLingua árabeMesquitaTorre (construción)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ArzúaMarineda CityEra visto!Noelia Rey1401BermudasLudwig van BeethovenCervantesMOcéano ÍndicoCatedral de MilánAs NevesChâmoa Gomes de PombeiroSacro Imperio Romano XermánicoPedrafita do CebreiroPobo triquiGuepardoO PorriñoHindemburg Melão Jr.BarcelonaOcéanoFianna FáilVíctor CoyoteSexo analA.C. MilanMatriz identidadeGlenn Research CenterCarlos VII de FranciaRefreyMetabolismoAscanio CondiviHenrique DacostaLuzónDe catro a catroRobert OppenheimerHolocaustoLuís TosarAntigo ExiptoMaribel VerdúÁlvaro MorataVacaDinastía watásidaDaniel de la SotaLista de nomes masculinos en galegoAzorEstañoJosé Pérez-ArdáPaz Lamela VilariñoMediaWikiLontreiraJTexasLondresReal Academia GalegaYan GeCabana de BergantiñosMedio dólar do Sesquicentenario de Lexington-ConcordLista de episodios de SerramouraLista de episodios de Dragon Ball Z KaiJosé Pablo del Bado RivasDeportivo da CoruñaApartheidVómito (grupo musical)Xosé Manuel PiñeiroCallitriche hamulataEliseo SeoaneCallitriche stagnalisUS AirwaysAmancio Ortega🡆 More