Mimosas: Filme de 2016 dirixido por Oliver Laxe

Mimosas é un filme dramático dirixido e co-escrito por Óliver Laxe que se estreou no ano 2016.

O filme é a segunda longametraxe de Laxe, sendo descrita por el mesmo como 'un western místico'. Trátase dunha coprodución entre Galicia, Marrocos, Francia e Qatar. Foi estreado na sección "semana da crítica" Festival de Cannes de 2016 onde gañou o Gran Premio.

Mimosas
Ficha técnica
Título orixinalMimosas
DirectorÓliver Laxe
ProdutorFelipe Lage Coro
Lamia Chraibi
Nadia Turincev
GuiónÓliver Laxe
Santiago Fillol
IntérpretesAhmed Hammoud
Shakib Ben Omar
Said Aagli
FotografíaMauro Herce
MontaxeCristóbal Fernández
EstudioZeitun Films
La Prod
Rouge International
DistribuidoraUFO Distribution (Francia)
NUMAX Distribución (España)
Grasshopper Film (Estados Unidos)
EstreaCannes: 16 de maio de 2016
Galicia 5 de xaneiro de 2017
Duración96 minutos
OrixeGalicia Galicia
Mimosas: Sinopse, Personaxes, Acollida Francia
Marrocos Marrocos
Mimosas: Sinopse, Personaxes, Acollida Qatar
XéneroDrama
Na rede
http://zeitunfilms.com/gl/mim/index
IMDB: tt5606268 Filmaffinity: 480796 Allocine: 236974 Rottentomatoes: m/mimosas_2017 Allmovie: v659590 Metacritic: movie/mimosas Editar o valor em Wikidata

Rodado orixinalmente en lingua árabe, estreouse dobrado en galego o 26 de xullo de 2020 a través da TVG. A directora de dobraxe foi Charo Pena.

Sinopse

Seguindo a última vontade dun venerado xeque marroquí de ser soterrado nas ruínas de Sijilmasa, dous homes ofrécense para levar o corpo alén dos cumios do Cordal do Atlas, malia que todos dubidan das súas verdadeiras intencións.

Personaxes

  • Ahmed Hammoud como Ahmed
    Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández
  • Shakib Ben Omar como Shakib
    Voz da dobraxe galega de Carlos Jiménez
  • Said Aagli como Saïd
    Voz da dobraxe galega de Matías Brea
  • Ikram Anzouli como Ikram
  • Ahmed El Othemani como Mohammed
  • Hamid Fardjad como Sheikh
  • Margarita Albores como Noor
  • Abdelatif Hwidar como Guía

Acollida

O filme obtivo recensións positivas por parte da crítica especializada. Na páxina web Rotten Tomatoes, o filme conta cunha valoración do 88%. Jonathan Romney de Screen Daily afirmou que o filme «fai un uso abraiante dun elenco non profesional» e refiríndose ó director, asegurou que «Laxe ten un ollo infalible para as caras que contan unha historia».

Ben Keingsberg da revista Variety afirmou que «o filme combina reflexións espirituais e paisaxes asombrosas». Peter Bradshaw de The Guardian referiuse ó filme da seguinte maneiraː «Certas escenas parecen improvisadas no lugar e hai algo exasperantemente non comprometedor e provisional ó respecto. Pero certamente vense marabillosas». No ano 2017, Mimosas foi escollido entre os mellores filmes do ano polo crítico de cine de The New Yorker Richard Brody, aparecendo na súa lista no posto 33.

Galardóns e nomeamentos

O filme gañou o Gran Premio da Semana da Crítica do Festival de Cannes en 2016 e o Premio Especial do Xurado no Festival de Sevilla, onde tamén acadou unha mención especial ó mellor son e montaxe.

    Festival de Cannes
Ano Categoría Resultado
2016 Gran Premio da Semana da Crítica Gañador
Ano Categoría Resultado
15ª edición Mellor director Gañador
Mellor filme Nomeado
Mellor guión Nomeado
Mellor dirección de produción Gañador
Mellor son Nomeado

Estrea caseira

A estrea en DVD e Blu-ray produciuse o 14 de decembro de 2017. Esta edición conta con opción de subtitulado en galego e castelán, xa que os diálogos son en árabe. O contido extra inclúe a curtametraxe París #1 (2007), a primeira obra de Laxe con certa repercusión, o tráiler e máis o diario de rodaxe A debilidade de crer. O diario é obra do guionista Santiago Fillol e conta as condicións da rodaxe no Cordal do Atlas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Mimosas SinopseMimosas PersonaxesMimosas AcollidaMimosas NotasMimosas Véxase taménMimosas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Bernardino GrañaManuel AzañaSexo oralMoreira (árbore)Gisela LladóCeleste CaeiroZeca AfonsoAlicia BorrásWikipedia en igalaApolonio de Atenas (orador)Brad PittLuis Mateo DíezSalamancaCota lácteaRías Baixas (serie de televisión)Adolph von MenzelAgustina de AragónLuis López DiéguezNósCromosomaXosé Ramón GayosoHLA-DRFerrolEduardo PondalManuel Lugrís FreireFabiola GarcíaConcellos de GaliciaBubelaElectrónicaProvincia de OurenseSete Sabios de GreciaEnciclopediaFernando AlonsoElvira Fernández BalboaDon Quixote da ManchaXela AriasWikipedia en betawiFran AlonsoCelso Fernández SanmartínSexo analRenfe OperadoraSecretaría Xeral de Política LingüísticaDiana Varela PuñalAC-960AmorodeiraMondoñedoOs vixilantes do CamiñoTorre de HérculesXosé Luís Franco GrandeValgaRomán Rodríguez GonzálezFlora invasora de GaliciaJoe BidenEverton F.C.Lince (zooloxía)O sabor das margaridasNancho NovoCarlos CallónAna ObregónCanle (enxeñaría)Coordenadas xeográficasWiiAbrente. Boletín de la AnunciadaPeer-to-peerDomingo de AndradeWikipediaLingua igalaBlogDaniel de la TorreJulián ElviraXabier DeiveLista de palabras galegas de orixe celta🡆 More