Mimas Herschel

O cráter Herschel é un gran cráter de impacto que está no hemisferio de vangarda da lúa de Saturno, Mimas, moi preto do ecuador e a uns 110° de lonxitude oeste.

Recibiu o seu nome en honra ó astrónomo William Herschel, quen descubriu Mimas no ano 1789.

Herschel
Mimas Herschel
O cráter Herschel de Mimas, visto pola dende a sonda Cassini o 1 de agosto do 2005.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Mimas
Diámetro 139 km
Profundidade 5 km
Coordenadas 1,38 ° S 111,76 ° O
Procedencia do nome En honra ó astrónomo William Herschel.
    Para ve-los outros cráteres do sistema solar chamados 'Herschel', ir a Herschel (cráter).
Mimas Herschel
Os antípodas do cráter Herschel, con facturas (chamadas chasmata) que posiblemente foron causadas polo impacto que creou o cráter.

O cráter Herschel é o cráter máis grande en relación ó corpo -en equilibrio hidrostático- no cal está situado. Este cráter é tan grande que os astrónomos están sorprendidos de que Mimas non se esnaquizar a causa do impacto. Mide 139 km de ancho, case 1/3 do diámetro da lúa; as súas paredes teñen uns 5 km de altura, con partes do chan do cráter que acadan case 10 kms de profundidade, e cun pico central que se eleva 6 km sobre o terreo circundante. Se existise un cráter a un escala equivalente na Terra, este tería uns 4.000 km de diámetro, tan ancho coma Canadá, e cunhas paredes de 200 km de altitude. O impacto que creu o cráter Herschel debeu estar a piques de destruír Mimas por completo; pódense ver chasmata nas antípodas do cráter, seguramente estas fracturas e fendas foron creadas polas ondas de choque xeradas polo impacto e que atravesaron a lúa, focalizándose no punto oposto do impacto. Tamén se sospeita que o impacto ten moito que ver co actual patrón da imaxe da temperatura da Mimas, este patrón ten unha forma de Comecocos.

Herschel no cine

A semellanza entre Mimas e a Estrela da Morte do filme Star Wars, debido ó gran tamaño do cráter, é citada moi a miúdo tanto na prensa coma por parte da NASA/JPL. Pero non é máis cunha coincidencia xa que o cráter non foi descuberto ata o ano 1980, tres anos despois de que se fixera o filme.

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Mimas Herschel Herschel no cineMimas Herschel GaleríaMimas Herschel NotasMimas Herschel Véxase taménMimas HerschelAstrónomoCráter de impactoLonxitude (cartografía)Mimas (lúa)SaturnoWilliam Herschel

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O derradeiro libro de Emma OlsenManuel JaboisMethanobrevibacter smithiiAssociació Esportiva ManacorLiga de Campións da UEFATerra (homónimos)ThéodenAriadna GilTristán UlloaEl LuísTeixugoLagarteiroMercedes GallegoDavid RegadesPremio de poesía Concello de CarralCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2024FranciaGoogleGreciaSilvia PenasSexo analAustraliaRamón CamposKeichūVicente RiscoPonteareasGalicia AgrariaCaso Asunta BasterraManolo GarcíaTBernard HillLando NorrisA GuardaAngelina JoliePepe CoiraDe catro a catroRevolución galega de 1846Club Básquet CoruñaAdam SmithGirona Futbol ClubMonumento a Curros EnríquezSergio RamosEstella WarrenLU-615Digital object identifierMisantropíaBrad PittWayback MachineJorge PeteiroOman AirÉvoraEstrella MorenteBergantiños Fútbol ClubXoscelino I, conde de EdesaLista de xentilicios de concellos galegosAlakranaCarme ChacónSalgueiroImperio RusoÁreas lingüísticas do galegoAlfonso MolinaFrancisco FrancoRMS TitanicSaramagoA Cavaxe, Andavao, BoimortoVG-1.6Hércules de Alicante Club de FútbolCarlos SedesXerez Club DeportivoIago AspasO CarballiñoMasturbación coas mamasLicenza MITRaquel Castro Martínez🡆 More