Mikheil Saakashvili Saakashvili (en xeorxiano: მიხეილ ნიკოლოზის ძე სააკაშვილი), nado en Tbilisi o 21 de decembro de 1967, é un político xeorxiano, expresidente do seu país.
O 25 de xaneiro de 2004 sucedeu a Nino Burjanadze, (daquela presidenta en funcións). Saakashvili substituíu nas eleccións do 2004 a Eduard Shevardnadze, trala revolución rosa. Mikheil Saakashvili renunciou ao seu cargo en novembro do 2007, para poder presentarse ás eleccións presidencias de xaneiro do 2008. A actual voceira do parlamento de Xeorxia, Nino Burjanadze é a presidenta en funcións.
Os medios estranxeiros adoitan pronunciar o seu nome como en ruso, Mikhail. En Xeorxia, é comunmente coñecido como "Misha," diminutivo de Mikheil. O seu nome adoita ser transliterado a Mixeil Saakašvili.
Mikheil está casado coa holandesa Sandra E. Roelofs, coa que ten dous fillos, Eduard e Nikoloz. Ademais do xeorxiano, fala inglés, francés, ruso e ucraíno.
Saakashvili estudou na Escola Internacional de Dereito da Universidade de Kíiv (Ucraína), e ampliou os seus estudos na Universidade de Columbia de Nova York e na Universidade George Washington de Washington. En 1995 entrou a formar parte do partido Unión de Cidadáns de Xeorxia (SMK) creado por Eduard Shevardnadze pasando a ser estreito colaborador e deputado ese mesmo ano.
O 12 de outubro de 2000, Saakashvili converteuse en ministro de xustiza do goberno do presidente Shevardnadze. Dende ese cargo intentou levar accións contra a importante corrupción da clase política. No 2001, a súa oposición ao seu partido termina por romper a súa relación co SMK, enfrontándose a Shevardnadze.
No 2003 fundou o seu propio partido e preséntase ás eleccións presidenciais de 2003 que foron gañadas por Shevardnadze entre acusacións de fraude. A oposición de Saakashvili aos resultados, co apoio de Estados Unidos, fixo que xurdisen protestas e manifestacións populares masivas pedindo a nulación dos resultados, sendo coñecida como a Revolución Rosa. Finalmente Shevardnadze dimitiu, e, despois dos comicios celebrados no 2004, Mijeíl Saakashvili logrou por maioría a presidencia.
Predecesor: Nino Burjanadze | Presidente da República de Xeorxia 2004 - 2007 | Sucesor: ' |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Mikheil Saakashvili, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.