Tbilisi

Tbilisi (transliterado do xeorxiano: თბილისი,  (AFI),  escoitar), antigamente Tiflis, é a capital e a maior cidade de Xeorxia.

Localízase no centro do país, no Cáucaso, nas marxes do río Kura. Segundo datos de 2005 a cidade ten 1.093.000 habitantes e a área metropolitana 1.300.000. Fundouna o rei Vakhtang I Gorgasali no século V e foi a capital da Xeorxia a partir do século VI d.C.

Modelo:Xeografía políticaTbilisi
თბილისი (ka) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Tbilisi
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 41°43′21″N 44°47′33″L / 41.7225, 44.792544°47′33″L / 41.7225, 44.7925
EstadoXeorxia Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.118.035 (2014) Editar o valor em Wikidata (1.552,83 hab./km²)
Lingua oficiallingua xeorxiana Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Kartli (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Superficie720 km² Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creaciónc. 455 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
Organización política
• Xefe do gobernoKakhaber Kaladze (pt) Traducir (2017–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal0100–0199 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico(32) Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2GE-TB Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Liubliana (1977–)
Kíiv (1999–)
Riga (2006–)
Vilnius (2009–)
Chișinău (2011–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webtbilisi.gov.ge Editar o valor em Wikidata

A cidade ten máis de 1.345.000 habitantes e unha superficie de 726 km².

Tiflis é un importante centro industrial, social e cultural. A cidade é unha importante ruta de tránsito da enerxía global e o comercio. Localizada estratexicamente entre Europa e Asia e antigamente situada na Ruta da Seda, Tiflis foi a miúdo un punto clave nas relacións de imperios rivais. A historia da cidade pode ser vista pola súa arquitectura onde a avenida Rustaveli , deseñada polo barón Haussmann, e o centro están mesturados coas estreitas rúas do distrito medieval de Narikala.

A demografía da cidade é diversa e historicamente foi fogar de xente de diferentes etnias, relixión e cultura. A pesar de ser maioritario o número de cristiáns ortodoxos, Tiflis é un dos poucos lugares no mundo onde unha sinagoga e unha mesquita están próximas a unha da outra, no antigo distrito de Abanotubani a varios metros da igrexa de Metekhi. Recentemente, Tiflis foi coñecida pola pacífica Revolución das rosas, que tivo lugar na praza da Liberdade e lugares próximos. A consecuencia diso, o entón presidente, Eduard Shevardnadze, foi desprazado do poder.

A cidade conta cun aeroporto internacional. Os seus principais lugares turísticos son a catedral de Sameba, a praza da Liberdade, a catedral de Sioni, Metekhi, Narikala, o Parlamento de Xeorxia, a avenida Rustaveli, o Teatro da Ópera e o Ballet, a basílica de Anchiskhati, a montaña de Mtatsminda e a igrexa de Kashveti, preto da cal atópanse o Museo Nacional, o Museo Histórico e numerosas galerías de arte. A cidade foi inmortalizada polos pintores Niko Pirosmani e Lado Gudiashvili.

Notas


Tbilisi 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Alfabeto fonético internacionalCáucasoLingua xeorxianaSéculo VSéculo VITbilisi.oggXeorxia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pili PampínManuel FragaPanteón de Galegos IlustresRosario Porto OrtegaCartelleCamilo Nogueira RománSabela SilvaCloruro de sodioLugares de PantónIsaac Díaz PardoLista das árbores de GaliciaTamara CanosaEspañaAbrilRocío DúrcalPonte das PíasÁreas lingüísticas do galegoEclipse solarCarballo comúnAtaque EscampeValentina TereshkovaAlfonso RuedaPaio de AsturiasÓptimo climático medievalLista de palabras galegas de orixe celtaDoosan BearsSamantha HudsonHenry FollandBayer LeverkusenO Carril, Vilagarcía de ArousaGalileo GalileiCarlos III de EspañaÑConstitución da República Española de 1931The Murder CapitalO incerto señor Don HamletO mar na cultura popular galegaDiana RossWendy CarlosMaría PitaReis CatólicosFollaPilar PonteAlexandre BóvedaGabriel AlénMaruxa MalloAlbert EinsteinLuis EnriqueLeonardo da VinciNuno II MenendizLonga noite de pedraPortugalFernando VIIMusasTeixugoArxentinaNormativa oficial do galegoLuís Pérez BarralCanle (comunicación)EuropaGreciaGuerra de VietnamPardo de CelaMarçal MolinéCultura castrexaHTTPCarlos NegroBarbanegraProvincia de OurenseLiceo Brigantino🡆 More