Conflito De Osetia Do Sur De 2008

O conflito de Osetia do Sur de 2008 foi un conflito militar que comezou o 7 de agosto de 2008, no que estiveron implicadas por unha banda Osetia do Sur, Rusia e Abkhazia e pola outra Xeorxia.

O conflito armado comezou en Osetia do Sur, coa Batalla de Tskhinvali, e posteriormente os enfrontamentos estendéronse a Xeorxia e ao mar Negro.

Conflito de Osetia do Sur de 2008
Parte de Conflito oseto-xeorxiano
Conflito De Osetia Do Sur De 2008
Mapa de Xeorxia amosando Osetia do Sur (en malva) e Abkhazia (en verde).
Data 7 de agosto de 2008 - 16 de agosto de 2008
Lugar Xeorxia
Resultado Acordo de alto o fogo
Belixerantes
Osetia do Sur Osetia do Sur
Rusia Rusia
Conflito De Osetia Do Sur De 2008 Abkhazia
Xeorxia Xeorxia
Líderes
Osetia do Sur Eduard Kokoiti
Conflito De Osetia Do Sur De 2008 Dmitrii Medvedev
Conflito De Osetia Do Sur De 2008 Anatoliy Serdyukov
Conflito De Osetia Do Sur De 2008 Marat Kulakhmetov
Conflito De Osetia Do Sur De 2008 Sergei Bagapsh
Conflito De Osetia Do Sur De 2008 Mikheil Saakashvili
Conflito De Osetia Do Sur De 2008 Davit Kezerashvili
Conflito De Osetia Do Sur De 2008 Zaza Gogava
Forzas en combate
Osetia do Sur 1 batallón de tropas empregadas anteriormente como forzas de paz, arredor dun total de 3.000 total
Conflito De Osetia Do Sur De 2008 Centos de tropas empregadas anteriormente en manter a paz, centos doutras tropas en Xeorxia EUA estima entre 8,000 e 10,000
Conflito De Osetia Do Sur De 2008 Centos de voluntarios
Conflito De Osetia Do Sur De 2008 Reservistas e unidades regulares das Forzas Armadas de Abkhazia.
Conflito De Osetia Do Sur De 2008 1 batallón das forzas armadas, número de efectivos descoñecido.
Conflito De Osetia Do Sur De 2008 Varios voluntarios dende outras partes de Xeorxia.

Causas do conflito

As raíces do conflito

O conflito entre Osetia do Sur (xuridicamente parte de Xeorxia, mais non de facto) e Xeorxia afúndense nas políticas de delimitación territorial levadas a cabo nos primeiros anos da URSS por parte do Comisario de Lenin para as Nacionalidades, Iosif Stalin quen dividiu o territorio de Osetia e integrou unha parte na RSS de Xeorxia e outra na RSSF de Rusia.

Coa entrada en crise da URSS comezan movementos nacionais até entón durmidos entre as xentes da Unión Soviética, e no 10 de novembro de 1989 o Congreso de Deputados Populares da rexión autónoma suroseta proclama a súa conversión en República Autónoma dentro de Xeorxia. En 1990 os deputados proclaman a soberanía e creación da República de Osetia do Sur.

O 5 de xaneiro de 1991 destacamentos da Garda Nacional entran en Tskhinvali e causan diversas atrocidades ó enfrontarse ao exército oseto, dando comezo a unha guerra que en dous anos causou uns 1.800 mortos e o éxodo de 4.000 persoas. A guerra rematou cun acordo entre Eduard Shevardnadze e Boris Eltsin o 24 de xuño de 1992 e o 14 de xullo deste ano comezou unha operación de paz, na que se creaba unha forza de paz composta por xeorxianos, rusos e osetos.

Causas recentes

A tensión na rexión comezou co cumio da OTAN en abril de 2008 en Bucarest, onde se estableceu o visto e prace para o ingreso na alianza de Xeorxia e Ucraína, sen concretar o calendario. Tamén Xeorxia tiña afán de rematar rapidamente coa independencia das repúblicas de Osetia do Sur e Abkhazia, para así poder entrar na OTAN.

A reacción de Rusia, que vería reducida a súa esfera de poder, foi estreitar lazos coas repúblicas independentistas, cousa que xa fixera antes cando Estados Unidos recoñeceu a Cosova como estado independente. O mesmo mes de abril houbo unha escalada da tensión co suposto derrubamento dun avión espía non tripulado sobre Osetia do Sur, denunciado por Xeorxia e negado por Rusia. Con posterioridade hai outros incidentes aéreos, así como acusacións cruzadas de provocación.

Nos últimos anos, ademais, ten medrado a importancia estratéxica da zona, na ruta do transporte enerxético, rivalizando Rusia e occidente por aumentar a súa influencia nela.

Osetia do Sur pretende unirse a Osetia do Norte, na Federación Rusa. No referendo de independencia de Osetia do Sur de 2006 votou o 99% da xente a favor da independencia, sendo a participación dun 95,2% Pola súa banda, a restauración do control xeorxiano de Osetia do Sur e Abkhazia (onde hai un problema semellante) ten sido unha das metas dos presidente xeorxiano Mikheil Saakashvili dende a Revolución Rosa. Saakashvili propuxo un novo acordo de paz, no cal Osetia do Sur tería unha grande autonomía dentro dun estado federal, pero os líderes osetos continuaron a demandar a independencia.

O conflito

Antes do 7 de agosto

Conflito De Osetia Do Sur De 2008 
Tskhinval logo do ataque xeorxiano.

O 1 de agosto comezaron combates breves pero intensos entre soldados de Xeorxia e de Osetia do Sur que causaron a morte de seis persoas e feriron a outras vinte e unha, durando os combates até o 2 de agosto de mañá. Dende cada bando acusaban ao contrario de ter comezado eles. Xa este 2 de agosto o goberno presidido por Eduard Kokoiti comezou a prepara a evacuación de cativos, mulleres e enfermos da capital e arredores da mesma. O 3 de agosto o Goberno Ruso permitiu a evacuación de cidadáns de Osetia do Sur a Rusia, e no primeiro día marcharon un total de 22 autobuses caragados de persoas

Os combates esporádicos continuaron nos días seguintes. O 6 de agosto, Xeorxia dixo ter perdido un APC e que tres soldados xeorxianos foran feridos. Catro persoas morreron nesa noite. A poboación de Osetia dos Sur continuou coa evacuación e Xeorxia desprazou tanques, artillaría e tropas á fronteira.

Días 7 e 8: o ataque de Xeorxia

A noite do día 7 de agosto de 2008, quinta feira, Xeorxia lanzou unha operación militar contra a capital de Osetia do Sur co obxectivo de rematar coa independencia da pequena república, crebando así os acordos de alto o fogo de 1992. O ataque produciuse poucas horas despois de os dous lados acordaren comezar negociacións ao día seguinte. A cidade de Tskhinvali, capital de Osetia do Sur, foi cercada por tropas xeorxianas. Coa oposición das forzas surosetos, os xeorxianos avanzaron e ao remate do día 8 de agosto controlaron unha parte significativa da cidade. Ás 04:45 (00:45 UTC), o Ministro Xeorxiano para a Reintegración Temuri Yakobashvili anunciou que Tskhinvali estaba case rodeada, e que Xeorxia controlaba dous terzos do territorio suroseto. O resultado da ofensiva inicial xeorxiana foi de máis de 1.600 civís mortos.

Ás 00:53 do 8 de agosto (hora local, 20:53 7 de agosto UTC), as forzas xeorxianas comezaron a bombardear a cidade, incluída a ruta pola que eran evacuados os refuxiados, e ás tres da madrugada hora local (a unha da madrugada na UE), as columnas de soldados xa rodearan a capital e se dirixían cara ao centro da cidade. Os bombardeos foron levados a cabo por aviós Sukhoi Su-25 xeorxianos. Unha canle de televisión rusa afirmou pouco despois que xa había quince mortos. O Ministerio de Exteriores ruso sinalou que "a falta de compromiso do Goberno de Tbilisi, o que debería facer reconsiderar á OTAN a súa decisión de admitir a Xeorxia na organización", e exhortou a Xeorxia a pór fin á súa actividade en Osetia do Sur: "Non se conseguirá resolver o problema pola forza. É un axioma que as autoridades xeorxianas deben comprender dunha vez".

Día 8: Rusia involúcrase no conflito

Conflito De Osetia Do Sur De 2008 
Movementos dos contendentes o 8 de agosto. Azul mostra os ataques xeorxianos, Vermello os osetos e rusos

O 8 de agosto Xeorxia afirmou que tropas rusas estaban a entrar polo paso de Roki para reforzar a defensa suroseto, feito confirmado por fontes rusas ao afirmar que as súas tropas chegaran á capital oseta. As mesmas fontes afirmaban que avións rusos bombardearan o 8 de agosto posicións tanto en Gori como preto de Kareli.

O mesmo día fontes xeorxianas afirmaron que os avións rusos atacaran a base aérea militar de Vaziani, preto de Tiflis, Rusia trasladaba a guerra ao territorio de Xeorxia. Xeorxia anunciou un cesamento do fogo de tres horas, entre as 11:00 e 14:00 do 8 de agosto para evacuar aos feridos, e reclamou a intervención dos Estados Unidos, á par que anunciaba que retiraría 1.000 dos 2.000 soldados que ten despregados en Iraq para reforzar as tropas que combaten aos rusos.

O Ministro de Reintegración de Xeorxia afirmou que controlaban totalmente a capital, Tskhinvali, dando un ultimato até as 16:00 do 8 de agosto para que os osetos depuxeran as armas, baixo promesa de amnistía. Os combates continuaron e non se levou a efecto a tregua.

Mentres, en Abcazia, o goberno abcazo despregou ás súas tropas ao longo da fronteira con Xeorxia, en palabras do líder abcazo, Serguei Bagapsh: "O que ocorre hoxe en Osetia do Sur, mañá pode ocorrer en Abcazia. Así non podemos seguir".

Ás 06:27 UTC, Reuters informou de que dous cazas rusos bombardearan posicións de artilleiría xeorxiana preto de Gori. O goberno de Xeorxia informou de que cando menos morreran 60 civís en Gori. Ás 07:41 UTC, Lenta.Ru informou que unidades da 76a División Aerotransportada de Pskov trasladáranse a Tskhinvali. Segundo o comandante Igor Konashenkov foron trasladadas para reforzar ás forzas de terra de Osetia na capital.

Día 9: Escalada

O exército ruso entrou en Osetia do Sur e ocupa outeiros preto da capital suroseta, Tskhinvali, bombardeando posicións xeorxianas; e ao mesmo tempo blindados rusos entraban en Tskhinvali. Mentres Rusia afirma que enviará á Mariña ás costas abcazas do Mar Negro, pois prevíase unha nova frento alí.

Mentres, Rusia e Xeorxia acusábanse mutuamente de crimes de guerra e xenocidio en Osetia do Sur, o Parlamento de Xeorxia declarou o estado de guerra e Rúsia, logo de botar aos xeorxianos de Tskhinvali, cercou a cidade xeorxiana de Gori, preto da capital suroseta.

Día 11

Rusia descartou manter conversas de paz con Xeorxia antes de que esta se retirase de Osetia do Sur e asinase un documento legalmente vencellante renunciando ao emprego da forza contra Osetia do Sur e Abcasia.
Á noite, paracaidistas rusos despregados en Abcasia intérnanse en territorio xeorxiano para destruír bases militares dende as que Xeorxia podería enviar reforzos ás súas tropas despregadas en Osetia do Sur. A cidade de Gori foi bombardeada polos rusos, mentres os militares e a maior parte dos residentes civís fuxían.

Día 12

O presidente ruso Medvedev dixo que ordenara rematar coas operacións militares en Xeorxia. Máis tarde, Medvedev aprobou un plan de paz de seis puntos xunto ao presidente de quenda da Unión Europea, Nicolas Sarkozy, en Moscova. Ámbalas dúas partes quedaron en asinalo o 17.
As tropas rusas chegaron ao porto de Poti e tomaron posicións nel.

Galería dos protagonistas

Notas e referencias

Ligazóns externas

Material audiovisual

Tags:

Conflito De Osetia Do Sur De 2008 Causas do conflitoConflito De Osetia Do Sur De 2008 O conflitoConflito De Osetia Do Sur De 2008 Galería dos protagonistasConflito De Osetia Do Sur De 2008 Notas e referenciasConflito De Osetia Do Sur De 2008 Ligazóns externasConflito De Osetia Do Sur De 200820087 de agostoAbkhaziaMar NegroOsetia do SurRusiaXeorxia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Vincent van GoghArmando BlancoSri LankaMarçal MolinéSusana FortesAgustín Fernández PazMercedes QueixasSan PetersburgoFillas de CassandraMimosaGonzalo Pérez JácomeSalgueiro MaiaBloque Nacionalista GalegoBilbaoPosición do misioneiroEmilio Aragón ÁlvarezBrasiliaBerrogüettoLalínManuel Gago MariñoPampallínTonhito de PoiSonia MéndezNightmare Alley (filme de 2021)PovoaçãoDoenza de Paget de mamaFerrer BassaEmilio González AfonsoCuarzoCanle (enxeñaría)A CoruñaRusiaÁlvaro MorataFentoCristina MaróMauro ScaloniPúrpuraJorge LorenzoCinema pornográficoSegunda guerra mundialClint EastwoodCarmen LovelleÑO PorriñoGrupo RompenteMamen MendizábalVila Nova de CerveiraFran AlonsoAC-312Wayback MachineMeteoGaliciaBala (grupo musical)Masculino e feminino en galegoBispoAndoriñaDiglosiaLeonardo da VinciBroncepxhj6Dorothé SchubarthCarbohidratoFrancisco PazosLista de nomes femininos en galegoRepública Democrática do CongoNarónCessna T-37 TweetCarles PuigdemontCarrasco (planta)Batalla das Termópilas (-480)IrmandiñosRevolución galega de 1846Fabiola GarcíaStellantisC++Toxo arnalLenin🡆 More