Megapodíidos: Familia de aves

A dos Megapodíidos (Megapodiidae) é unha familia de aves da orde dos galiformes, que comprende vinte e dous especies repartidas en sete xéneros, coñecidas vulgarmente como talégalos (cultismo derivado do xénero Talegalla), e tamén como megápodos (outro cultismo).

Megapodíidos
Megapodiidae
Talégalos, megápodos
Megapodíidos: Características, Hábitat e distribución, Costumes e alimentación
Talégalo australiano (Alectura lathami), macho
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Superorde: Galloanserae
Orde: Galliformes
Familia: Megapodiidae
Lesson, 1831
Xéneros
Véxase o texto
Megapodíidos: Características, Hábitat e distribución, Costumes e alimentación
Leipoa ocellata.
Megapodíidos: Características, Hábitat e distribución, Costumes e alimentación
Macrocephalon maleo.

Características

Son galiformes de tamaño de mediano a grande (de 27 a 60 cm, e de 0,9 a 8 kg de peso), de aparencia semellamte á dos pavos, coa cabeza pequena e as patas longas (ao que alude o seu nome). A súa plumaxe é de cor negra ou apardazada A súa plumaxe é de cor negra, gris ou apardazada; algungas especies teñen a cabza espida de plumas, e presentan cristas ou carúnculas de cores rechamantes, vermellas ou amarelas.

Hábitat e distribución

Habitan en selvas tropicais húmidas primarias e secundarias, zonas de matogueiras xerófitas monzónicas e na vexetación propia das praias, na rexión Indo-Pacifica, desde as illas Nicobar ao noroeste, até Australia e as illas Tonga, Marianas e Palau no suroeste, a través de Malaisia, Indonesia, Filipinas e Nova Guinea.

Costumes e alimentación

Evitan voaren e pasan a maior parte do tempo no solo, alimentándose de semente, insectos, froitos, raíces, cangrexos e caracois.

Taxonomía

Descrición

A familia foi descrita en 1831 polo naturalista francés René Primevère Lesson, na súa obra Traité d'ornithologie, ou, Tableau méthodique des ordres, sous-ordres, familles, tribus, genres, sous-genres et races d'oiseaux : ouvrage entièrement neuf, formant le catalogue le plus complet des espèces réunies dans les collections publiques de la France (Texto completo).

Etimoloxía

O nome científico da famiia, Megapodiidae, está formado pola unión dos elementoe do latín científico Magapodi- e -ǐdae. O primeiro esta tirado do xenitivo do nome do xénero tipo da familia, Megapodius, e o segundo é a desinencia coa que se forman os nomes das familias de animais.

Para a etimoloxía de Megapodius, véxase Megapodius.

Xéneros

Megapodíidos: Características, Hábitat e distribución, Costumes e alimentación 
Megapodius reinwardt.

Na actualidade, na famiia recoñécense os sete xéneros seguintes:

Familia Megapodiidae Lesson, 1831

  • Aepypodius Oustalet, 1880 - 2 especies
  • Alectura Latham, 1824 - 1 especie
  • Eulipoa Ogilvie-Grant, 1893 - 1 especie
  • Leipoa Gould, 1840 - 1 especie
  • Macrocephalon S. Muller, 1846 - 1 especie
  • Megapodius Gaimard, 1823 - 13 especies
  • Talegalla Lesson, 1828 - 3 especies

Filoxenia

As relacións filoxenéticas dos xéneros son, de acordo con Harris el al. (2014), as que mostra o seguinte cladograma:

 
 
 

Talegalla

 
 

Leipoa

 
 

Alectura

 

Aepypodius

 
 

Macrocephalon

 
 

Eulipoa

 

Megapodius

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A. and Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona: Lynx Edicions / Cambridge, UK: BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.
  • del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J. (1994): Handbook of the Birds of the World. Volume 2: New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Megapodíidos CaracterísticasMegapodíidos Hábitat e distribuciónMegapodíidos Costumes e alimentaciónMegapodíidos TaxonomíaMegapodíidos NotasMegapodíidos Véxase taménMegapodíidosAvesEspeciesFamilia (bioloxía)GaliformesOrde (bioloxía)Xénero (bioloxía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Henrique VIII de InglaterraPornografíaPablo EscobarMexacánSerés, Serés, CastroverdeRamón Otero PedrayoManuel RicoVerbos galegos ser, estar e irXabier DeiveConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesPosición aconchegadaPortadaBob DylanRaquel Castro MartínezEduardo IndaVila de CrucesManuel Otero MartínezÁlvaro MorataIsabel II do Reino UnidoJosé María Barreiro GómezAsunta Basterra PortoEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Lista de castelos de PortugalAlbert EinsteinEl Correo GallegoRevolución galega de 1846Bigues i Riells del FaiDepartamento de ApurímacLeopoldo RubidoMiguel Ángel Zabalza BerazaPatricia VázquezJackson PollockGonzalo MellaAndoriñaJosé López CamposFederico García LorcaLingua casteláJoan Manuel SerratAlberto Núñez FeijóoEsperantoEmilio Aragón ÁlvarezPastora Dominga González ViéitezUnión AfricanaBeteluTemplo expiatorio da Sagrada FamiliaAdolfo SuárezNordés (vento)Luísa VillaltaImmanuel KantGrupo RompenteO GroveFingeringCarlos de Matos GomesFigueresJavier CasqueiroDiego González RivasPecados capitaisPoesíaBritney SpearsScarlett JohanssonRosario Porto OrtegaLandraO CarballiñoMucha e NuchaCoordenadas xeográficasJennifer Lopezc70mgBaby ReindeerAna Belén FortesLuís SeoaneAna RomaníLuis Mateo DíezGalego-portugués🡆 More