Medio Dólar Kennedy: Moeda estadounidense de curso legal

Lendas: · LIBERTY / IN GOD WE TRUST.

Medio dólar Kennedy
Medio Dólar Kennedy: Inicio, Lanzamento e produción, Coleccionismo
Medio Dólar Kennedy: Inicio, Lanzamento e produción, Coleccionismo
A/: Retrato de John F. Kennedy cara á esquerda. Marca de gravador (GR), marca de ceca e data. R/: Gran Selo dos EEUU (modificado) sobre o peito dunha aguia que sostén nas poutas unha póla de oliveira e un feixe con 13 frechas, e cun pergamiño no peteiro. Marca de gravador (FG).

Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURUBUS UNUM / HALF DOLLAR.

Nota: estes datos refírense unicamente á serie ordinaria para a circulación. Ao logo do artigo achéganse os datos doutras emisións especiais para coleccionistas, en prata e en ouro.

O medio dólar Kennedy é unha moeda estadounidense de curso legal cuñada por vez primeira en 1964 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos.

Concibiuse como unha homenaxe ao 35º presidente do país, John F. Kennedy, e a súa creación foi autorizada polo Congreso dos EEUU pouco despois dun mes do seu asasinato en novembro de 1963.

O uso de obras anteriores dos gravadores xefe da casa da moeda Gilroy Roberts e Frank Gasparro posibilitou unha rápida preparación dos cuños e a produción da nova moeda comezou xa en xaneiro de 1964.

A primeira versión deste medio dólar, realizada en prata, comezou a ser acaparada xa desde o seu lanzamento en marzo de 1964, tanto polos coleccionistas como polas persoas que querían un recordo do finado presidente, polo que a US Mint decidiu aumentar a súa produción, aínda que rara vez chegou a verse en circulación. As continuas subas do prezo da prata provocaron un aumento do acaparamento: moitos dos dólares Kennedy dese primeiro ano fundíronse polo seu contido de metal nobre. As pezas datadas a partir de 1965 viron reducido o seu contido en prata do 90 % inicial ao 40 % —só un revestimento de prata—, mais aínda con este cambio a moeda seguiu a ter pouca circulación. Finalmente, en 1971 acabou por eliminarse por completo o contido en prata desta moeda e incrementouse a súa produción, o que motivou un lixeiro aumento do seu uso por parte da poboación.

En 1975 e 1976 cuñouse un deseño especial da moeda de curso legal para conmemorar o Bicentenario dos Estados Unidos. Ademais da emisión estándar para a circulación, cuñouse tamén unha tiraxe especial con revestimento de prata destinada ao coleccionismo. Tamén en paralelo á emisión regular, en 1992 comezaron a producirse cuñaxes para introducir nos estoxos de presentación para os coleccionistas cun contido do 90 % de prata. E finalmente, en 2014 emitiuse unha versión especial do medio dólar Kennedy, non circulante, cun 99,99 % de ouro.

Aínda que a maioría das entidades bancarias dispoñen dunha ampla subministración de moedas circulantes de medio dólar, o seu uso segue a ser limitado. A produción dos medios dólares para a circulación xeral detívose en 2001, e entre 2002 e 2020 a súa cuñaxe limitouse a satisfacer a demanda dos coleccionistas, que debían adquirilo cun sobreprezo a través da tenda da Casa da Moeda. Finalmente, a partir de 2021 retomouse a súa produción para a súa posta en circulación ordinaria.

Inicio

Concepción da idea

Medio Dólar Kennedy: Inicio, Lanzamento e produción, Coleccionismo 
Medio Dólar Kennedy: Inicio, Lanzamento e produción, Coleccionismo 
Anverso de Gilroy Roberts e reverso de Frank Gasparro da medalla presidencial de John F. Kennedy, que serviu como base para o deseño do medio dólar Kennedy.

Ás poucas horas do asasinato de John F. Kennedy o 22 de novembro de 1963, a directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Eva Adams, chamou o gravador xefe, Gilroy Roberts, para o informar de que xa se estaba a considerar seriamente a posibilidade de representar a Kennedy nunha das moedas de prata de maior valor facial: a dun dólar, a de medio dólar ou a dun cuarto de dólar. Adams contactou novamente con Roberts o 27 de novembro para dar vía libre ao proxecto, e indicoulle que a viúva do defunto presidente, Jacqueline Kennedy, prefería que se representase no medio dólar, en substitución do deseño anterior, o medio dólar Franklin, xa que non quería que George Washington deixase de aparecer no cuarto de dólar.

Por mor do axustado do tempo —a cuñaxe da moeda debía comezar en xaneiro de 1964—, Roberts optou por modificar o busto de Kennedy que creara para o anverso da súa medalla presidencial, producida pola US Mint, en tanto que Frank Gasparro comezou a modificar o reverso que creara para a devandita medalla presidencial. Tanto o deseño de Roberts como do de Gasparro foran aprobados por Kennedy. Roberts reunírase co propio Kennedy no seu día para lle amosar os primeiros modelos da medalla e, aínda que non consta que o presidente lle dese a súa opinión, Roberts decidira facer algúns cambios logo da entrevista co presidente.

Logo da produción dos primeiros exemplares de proba na US Mint, Jacqueline e Robert F. Kennedy foron invitados a velos. A viúva apreciou os deseños, aínda que suxeriu que se modificase lixeiramente o cabelo e que se utilizase unha figura de corpo enteiro ou de medio corpo, en lugar do busto de perfil, ao que Roberts contestou que non había tempo para cambios dese calibre, por mor das limitacións de tempo, e tamén que consideraba que o perfil esquerdo lle daría á moeda un aspecto máis atractivo.

Medio Dólar Kennedy: Inicio, Lanzamento e produción, Coleccionismo 
Medio Dólar Kennedy: Inicio, Lanzamento e produción, Coleccionismo 
Anverso e reverso da medalla de agradecemento de John F. Kennedy de 1962, creada por Frank Gasparro.

O deseño do reverso de Frank Gasparro para este medio dólar tamén estivo influído pola experiencia que adquiriu ao deseñar a medalla de agradecemento do presidente Kennedy. En 1962, Kennedy mandara cuñar 300 medallas de agradecemento na Casa da Moeda de Filadelfia, que posteriormente foron presentadas durante a súa viaxe do 23 de xuño ao 2 de xullo de 1963 á República Federal Alemá, á Alemaña Oriental, a Irlanda, ao Reino Unido, a Italia e á Cidade do Vaticano. O deseño do reverso da medalla de agradecemento de Kennedy representa un selo presidencial máis grande e detallado que o que deseñara para a medalla presidencial. A localización da iniciais FG, de Gasparro, é tamén similar —baixo a gadoupa dereita da aguia—, tanto na medalla de agradecemento como na moeda de medio dólar.

Proceso lexislativo

A lei esixía a aprobación por parte do Congreso para calquera cambio dunha moeda que non levase máis de 25 anos en circulación, que era o caso do medio dólar Franklin vixente. A principios de decembro, o representante demócrata por Texas Henry Gonzalez presentou o proxecto de lei para que Kennedy puidese aparecer no novo medio dólar. O 10 de decembro, o novo presidente, Lyndon Johnson, apoiou a solicitude de creación da nova moeda e pediu que se aprobase axiña para posibilitar que a súa cuñaxe comezase en xaneiro de 1964. Johnson declarou que as numerosas cartas recibidas nese sentido enviadas pola cidadanía o convenceran para estar de acordo co proxecto. O proxecto de lei para a autorización do novo medio dólar na honra de Kennedy foi aprobado o 30 de decembro de 1963.

Lanzamento e produción

No momento da súa aprobación xa se estaba a traballar na confección dos cuños e os primeiros estaban xa en disposición de comezar a cuñar o 2 de xaneiro de 1964, e inicialmente só se produciron uns poucos exemplares de proba. As primeiras moedas de medio dólar Kennedy destinadas á súa posta en circulación cuñáronse na Casa da Moeda de Denver o 30 de xaneiro de 1964, e a semana seguinte incorporouse á produción da moeda a Casa da Moeda de Filadelfia. O 11 de febreiro de 1964 tivo lugar unha primeira cuñaxe cerimonial tanto en Denver como en Filadelfia.

Acollemento inicial

Medio Dólar Kennedy: Inicio, Lanzamento e produción, Coleccionismo 
A directora da US Mint, Eva Adams (nunha medalla creada por Gasparro) xogou un papel decisivo na creación do medio dólar Kennedy.

O Tesouro dos Estados Unidos puxo as moedas ao dispor da poboación a partir do 24 de marzo de 1964. Era tanta a expectación que se formou unha ringleira dunha mazá nos portelos do Departamento do Tesouro en Washington para facerse con algunha das 70.000 moedas que se distribuíron noese lote inicial. Malia a limitación de 40 exemplares por persoa, nun só día as moedas xa se acabaran e a ringleira seguía a medrar. Igualmente, os bancos en Boston e en Filadelfia racionaron a subministración da nova moeda, mais aínda así esgotaron as súas existencias en só medio día. A distribución en Nova York non comezou ata o día seguinte e alí tamén se impuxo o racionamento, para desgusto do xefe do departamento de moeda da compañía Gimbels, o maior comerciante do sector nesa cidade, que esperaba poder vender as moedas cunha prima para o seu beneficio.

A nova moeda de medio dólar fíxose tamén popular en pouco tempo no estranxeiro. O subsecretario de Estado para Asuntos Africanos, G. Mennen Williams distribuíu exemplares nunha envoltura de plástico entre os presidentes e os ministros de Asuntos Exteriores das nacións do continente africano, e entre os embaixadores estadounidenses que prestaban servizo alí, co fin de "gañar amigos para os Estados Unidos en África".

No ambiente de paranoia antisoviética que caracterizaba a época, pouco despois do lanzamento da moeda, a Casa da Moeda de Denver comezou a recibir queixas de que o medio dólar Kennedy amosaba o símbolo da fouce e o martelo no truncamento do busto de Kennedy. En resposta, Roberts declarou que a parte do deseño en cuestión non era outra cousa que o monograma constituído polas iniciais estilizadas do seu nome e o seu apelido (GR).

A Casa da Moeda dos EEUU cuñou medios dólares Kennedy en grandes cantidades nun intento de satisfacer a enorme demanda. O Tesouro planeara inicialmente emitir 91 millóns de moedas en 1964, mais axiña aumentou esta cantidade a 141 millóns. Con todo, o anuncio á poboación deste incremento non conseguiu que se visen máis moedas en circulación —xa que a poboación as atesouraba— nin que baixase o seu prezo no mercado secundario. A finais de novembro a US Mint cuñara xa aproximadamente 160 millóns de pezas, mais a moeda seguía sen se ver na circulación: os prezos da prata estaban a aumentar e a poboación seguía a atesourar as moedas. Coa esperanza de que a produción de máis moedas con data de 1964 contrarrestase a especulación con elas, o Tesouro solicitou e recibiu autorización do Congreso para manter esa data en moedas que se producisen en 1965. Finalmente, cuñáronse case 430 millóns de moedas datadas en 1964, unha cantidade maior que a do total cuñado para a circulación nos 16 anos que estivo en circulación o anterior medio dólar Franklin.

Estas operacións de cuñaxe estaban a esgotar rapidamente as existencias de prata no Tesouro e os prezos, ademais, estaban a subir ata tal punto que a principios de xuño unha moeda de dez centavos contiña xa prata por valor de 9,33 centavos a prezos de mercado. O 3 de xuño de 1965, o presidente Johnson anunciou un plan para eliminar a prata das moedas de dez centavos e dun cuarto de dólar, en favor dunha estrutura de núcleo de cobre bañado cunha capa de cuproníquel, para manter o seu aspecto abrancazado.

Cambios da aliaxe base

O Congreso aprobou en xullo a nova Lei da moeda de 1965, que impuña os cambios na composición anunciados por Johnson no seu plan. Segundo ela, o medio dólar Kennedy mantería tamén o seu aspecto prateado, por mor dunha capa exterior que a recubriría, cun 80 % de prata e un 20 % de cobre; en tanto que o seu núcleo pasaría a estar composto por unha aliaxe do 21 % de prata e un 79 % de cobre. É dicir que o medio dólar pasaría de ter un 90% de prata na súa composición total a unicamente o 40 %.

A partir do 1 de agosto de 1966, a Casa da Moeda dos Estados Unidos comezou a cuñar as pezas coa data dese ano, retomando a práctica habitual de inicicar en cada peza a data do ano en curso. Malia a proclamación da fin da escaseza de existencias da moeda, os medios dólares Kennedy seguían a verse moi pouco na circulación, xa que á continuación do acaparamento por parte da poboación se lle engadía un descenso na produción, co Tesouro pouco proclive a gastar máis das existencias de prata da nación nunha moeda que realmente case non circulaba. Segundo o comerciante de moedas e autor numismático Q. David Bowers:

A onde foron parar os centos de millóns delas segue a ser hoxe un misterio. Mentres tanto, os 25 centavos Washington, co mesmo deseño utilizado en 1932, convertéronse na moeda de maior valor facial, en termos de uso real, xa que resultan especialmente populares nas máquinas expendedoras e de xogos. Hoxe en día segue sendo o caso; os medios dólares Kennedy, así como as posteriores moedas de dólar de tamaño reducido, case nunca se atopan.
Medio Dólar Kennedy: Inicio, Lanzamento e produción, Coleccionismo 
Estoxo de cinco moedas con acabamento proof de 1969, que inclúe no centro o medio dólar Kennedy cuñado cun 40 % de prata.

En maio de 1969, o Tesouro solicitou autorización para eliminar totalmente o contido de prata do medio dólar, cambiándoo pola mesma composición de cobre e cuproníquel que se estaba a usar para as moedas de 10 centavos e dun cuarto de dólar. Do mesmo xeito, o Tesouro pediu tamén autorización para crear unha nova moeda dun dólar co busto de Eisenhower coa mesma composición, coa esperanza de que con esta medida se reintroducise na circulación unha moeda con ese valor, ausente durante décadas desde a desaparición do dólar Peace.

Malia o apoio do presidente Richard Nixon, algúns representantes republicanos rexeitaron inicialmente esta proposta, xa que non vían con bos ollos a idea de representar un personaxe como Dwight D. Eisenhower nunha moeda de metal común. A discusión mantívose durante máis dun ano antes de que o presidente Nixon asinase o proxecto de lei o 31 de decembro de 1970, polo que se autorizaba a produción do dólar Eisenhower e se eliminaba o contido do 40 % de prata do medio dólar Kennedy.

En 1971, o primeiro ano en que se cuñou o medio dólar en metal común, sen rastro de prata, a súa presenza na circulación era tan escasa que algúns bancos e empresas retiraran das súas caixas e máquinas expendedoras a rañura destinada á introdución desta moeda. As previsións da Casa da Moeda eran de que o regreso do medio dólar á circulación sería espectacular co cambio na composición metálica da moeda, mais apenas se observou un aumento moderado. En xullo de 1971, a daquela directora da US Mint, Mary Brooks, revelou que o Tesouro tiña almacenados 200 millóns de medios dólares cuñados coa nova aliaxe, mais que os bancos comerciais amosaban un escaso interese por solicitalos. "Non podo entender que a poboación non queira utilizalos", dixo Brooks. A directora tamén explicou que se calculaba que a poboación acaparara durante os anos anteriores máis de mil millóns de moedas de medio dólar de prata, e que por ese motivo non estaba afeita a ver unha moeda dese valor en circulación.

Emisión do Bicentenario (1976)

Medio dólar Kennedy
(emisión do Bicentenario)
Medio Dólar Kennedy: Inicio, Lanzamento e produción, Coleccionismo 
Medio Dólar Kennedy: Inicio, Lanzamento e produción, Coleccionismo 
A/: Retrato de John F. Kennedy cara á esquerda. Marca de gravador (GR), marca de ceca e dobre data da conmemoración.

Lendas: · LIBERTY / IN GOD WE TRUST / 1776 · 1976.

R/: Fachada do edificio Independence Hall. Marca de gravador (SGH).

Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / 200 YEARS OF FREEDOM / E PLURIBUS UNUM /INDEPENDENCE HALL / HALF DOLLAR.

O 5 de marzo de 1973, Brooks anunciou que a Casa da Moeda dos Estados Unidos solicitaría novos deseños tanto para o dólar Eisenhower como para o medio dólar Kennedy, co gallo de conmemorar o bicentenario dos Estados Unidos, en 1976.

O 18 de outubro, o presidente Nixon asinou a Lei pública 93-127, que prevía novos deseños para os reversos de ambas as moedas e prescribía que estes terían que ser emblemáticos da conmemoración do Bicentenario. Xa que logo, a US Mint convocou un concurso aberto a todos os artistas estadounidenses que quixesen participar. O deseño presentado por Seth G. Huntington, que representaba unha imaxe da fachada do Independence Hall, foi o escollido para o reverso desta versión extraordinaria do medio dólar Kennedy.

Todos os medios dólares producidos en 1975 e 1976 amosan no seu anverso a dobre data 1776-1976 e no reverso o novo deseño creado por Huntington. O 1 de xullo de 1975 anunciouse o lanzamento das novas moedas conmemorativas de medio dólar, das que se cuñaron máis de 521 millóns para a súa posta en circulación. O 29 de xuño de 1976, a US Mint anunciou o cesamento definitivo da cuñaxe destas moedas conmemorativas.

Dadas as elevadas tiraxes das moedas do Bicentenario, os anos seguintes a cantidade de moedas de medio dólar diminuíu. No entanto, en 1979, a nova directora da US Mint, Stella B. Hackel, indicou que a ceca pública mantería a emisión da moeda, e engadiu: "realmente non cremos que se utilicen moitos medios dólares no comercio, aínda que a algunha parte van, así que alguén debe querelos". Naquel momento cuñáranse máis de 2.500 millóns de moedas de medio dólar Kennedy desde 1964, máis que todos os emitidos con anterioridade. O columnista numismático de The New York Times, Ed Reiter, suxeriu que o acaparamento dos medios dólares continuara mesmo despois de comezar a cuñarse con metal básico, o que seguía a explicar a súa escasa presenza na circulación. O boom da prata de 1979-1980 supuxo un grande aumento na cantidade de vendas, así como a destrución de moitos dos medios dólares Kennedy de prata que foran atesourados entre 1964 e 1969. Os prezos récord deste metal provocaron unha masiva refundición de moedas, especialmente de dólares e medios dólares, dado o seu contido metálico.

Cesamento temporal da cuñaxe

A cuñaxe do dólar Kennedy continuou durante o que restaba de século XX e as súas tiraxes mantivéronse relativamente estables, tanto na Ceca de Filadelfia como na de Denver, ata 1987, ano en que non se cuñou ningún exemplar destinado á súa posta en circulación; o Tesouro acumulara nos seus almacéns a produción de dous anos, polo que resultaba innecesario manter a cuñaxe. A demanda da moeda diminuíu e os casinos —lugares onde si que se utilizaban adoito— comezaron a producir cada vez máis fichas de cincuenta centavos para as utilizar no canto das moedas de medio dólar. Como as tiraxes seguían a ser baixas, a partir de 2002, o medio dólar Kennedy deixou de producirse para a circulación comercial, e as bolsas e os rolos con pezas de cada emisión anual pasaron a adquirirse na Casa da Moeda, cunha prima por riba do seu valor nominal. No entanto, en 2021 retomouse a súa cuñaxe para a circulación e retomáronse as vías habituais de distribución, eliminándose o seu sobrecusto.

Emisións do 50 aniversario

Medio Dólar Kennedy: Inicio, Lanzamento e produción, Coleccionismo 
Emisión do 50 aniversario (2014) cuñada na Ceca de West Pint, con acabamento "proof inverso".

En xaneiro de 2014, unha empresa privada en nome da Casa da Moeda dos Estados Unidos comezou a facer enquisas a posibles clientes acerca das opcións para unha emisión especial en conmemoración do 50 aniversario da creación do medio dólar Kennedy.

En xullo, a Casa da Moeda anunciou publicamente os seus plans para a emisión de sete moedas de medio dólar Kennedy con data de 2014 en conmemoración do seu quincuaxésimo aniversario:

  • Dúas coa habitual composición de cobre revestido con cuproníquel, unha cuñada na Ceca de Denver e outra na Ceca de Filadelfia.
  • Catro cuñadas en prata de 900 milésimas, nas casas da moeda de Filadelfia, de Denver, de San Francisco, e de West Point, esta última cun acabamento coñecido como "proof inverso" —fondo mate e relevo brillante— . Estas moedas e dispoñibles en outubro de 2014.
  • Unha versión en ouro puro (900 milésimas), producida unicamente na Casa da Moeda de West Point, cunha tiraxe de 73.772 exemplares.
Medio Dólar Kennedy: Inicio, Lanzamento e produción, Coleccionismo 
Versión en ouro do medio dólar Kennedy do 50 aniversario (2014), producido pola Ceca de West Point, no seu estoxo oficial.

Todos os medios dólares de 2014 conmemorativos do 50 aniversario da moeda están cuñados cun relevo máis sobresaliente que o das emisións ordinarias. As versións en metal común e en prata levan a data normal no anverso (2014), mais a versión cuñada en ouro amosa a dobre data que indica a conmemoración: 1964-2014.

A versión de ouro foi púxose á venda con motivo da convención numismática celebrada en Rosemont, Illinois, o 5 de agosto de 2014, organizada pola American Numismatic Association, en virtude dun acordo establecido entre esta institución e a Casa da Moeda dos Estados Unidos.

Previsións de redeseño

A Lei de Redeseño de Moedas Coleccionables Circulantes de 2020 (Lei pública 116-330) permite un redeseño do medio dólar Kennedy para 2026, coincidindo coa celebración do 250 aniversario dos Estados Unidos. Entre 2027 e 2030 prevese que haxa un deseño diferente do reverso cada ano, que represente os deportes paralímpicos. O anverso poderá ser redeseñado en 2027 e, despois de 2030, seguirá a levar o rostro de Kennedy.

Coleccionismo

Variantes e series para coleccionistas

Medio Dólar Kennedy: Inicio, Lanzamento e produción, Coleccionismo 
Plano detalle onde se aprecian as liñas do cabelo moi acentuadas, presentes nas primeiras emisións en condición proof do medio dólar Kennedy.

Bardante os anos 1965 a 1967, cada ano emitíronse moedas para coleccionistas, con acabamento proof —fondo espello e relevo mate—, na mesma aliaxe que a da emisión ordinaria para a circulación. As primeiras versións proof do dólar Kennedy cuñáronse xa a principios de xaneiro de 1964. Estes primeiros exemplares amosaban os cabelos de Kennedy no anverso dun xeito particularmente acentuado. Estímase que se cuñaron arredor de 100.000 moedas con esta característica, e logo modificouse para o resto da tiraxe de case catro millóns de moedas proof nese primeiro ano de emisión.

Por mor da escaseza de moedas, o Departamento do Tesouro anunciou que non se cuñarían exemplares proof en 1965 e no seu lugar cuñaríanse unhas series especiais para satisfacer as demandas dos coleccionistas. As moedas destas series, producidas na Casa da Moeda de San Francisco, cuñáronse sen marca de ceca a principios de 1966, con cuños moi puídos que amosaban a data de 1965, e tamén se cuñaron series similares coas datas de 1966 e 1967. Coñécense algúns medios dólares de 1966 destas series especiais da Casa da Moeda que carecen das iniciais de Frank Gasparro (FG) no reverso, aparentemente debido a un cuño que fora demasiado puído. A produción do primeiro ano vendeuse en envoltorios de plástico brando, en tanto que as emisións de 1966 e de 1967 se comercializaron seladas en caixiñas de plástico duro. En 1968 retomáronse as cuñaxes con acabamento proof, producidas unicamente na Casa da Moeda de San Francisco, xa coa marca de ceca "S" engadida, e presentáronse encapsuladas de plástico duro para a súa comercialización.

En 1973, o Congreso autorizou as versións de prata para coleccionistas do dólar Kennedy do Bicentenario, e en abril de 1975 a US Mint comezou a cuñalas. As moedas do Bicentenario cuñadas en cobre revestido de cuproníquel incluíronse nas series completas de presentación acabamento proof de 1975 e 1976, en tanto que as súas homólogas revestidas de prata se venderon en series de tres moedas. Desde 1992, a Casa da Moeda cuñou tamén medios dólares Kennedy en prata de 900 milésimas, para os incluír nas series especiais de prata con acabamento proof. En 1998 cuñáronse algunhas pezas en prata cun acabamento especial mate, para as incluír no denominado Kennedy Collectors Set, xunto co dólar de prata conmemorativo de Robert F. Kennedy; emitíronse entre 62.000 e 64.000 destas moedas na Casa da Moeda de San Francisco. De 2005 a 2010, as moedas incluídas nos xogos de presentación das series anuais recibiron un acabamento mate, que as diferencia das pezas distribuídas en bolsas e en rolos.

Medio Dólar Kennedy: Inicio, Lanzamento e produción, Coleccionismo 
Presentación da US Mint na que se inclúen as dúas moedas de medio dólar de 2019, para conmemorar os 50 anos da misión Apollo 11.

Ademais da variedade dos cabelos acentuados, outra das variedantes que recibe un maior interese por parte dos coleccionistas por mor da súa rareza é o medio dólar incluído nun conxunto especial da Casa da Moeda de 1964. Localizáronse aproximadamente unha ducia de exemplares ao longo da década de 2000 e presentan un acabamento satinado e coas liñas de cuñaxe particularmente ben definidas. Trátase da variante máis rara coñecida do medio dólar Kennedy non debida a un erro de cuñaxe. Os exemplares desta variante adoitan acadar cantidades importantes no mercado do coleccionismo; un deles vendeuse en 2016 por 47.000 dólares.

Os medios dólares non destinados á súa posta en circulación, como os de acabamento proof, poden chegar a entrar, ocasionalmente, en circulación, e forman parte tamén do interese dos coleccionistas. Estas pezas coñécense no ámbito anglosaxón coas siglas NIFC, de Not Intended For Circulation ("Non destinado á circulación").

En 2019 incluíuse un medio dólar Kennedy con acabamento proof inverso como parte dun conxunto especial, xunto cunha moeda de medio dólar do 50 aniversario do Apollo 11. O medio dólar Kennedy deste conxunto tivo unha tiraxe de 100.000 exemplares.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Predecesor:
Medio dólar Franklin
Medio Dólar Kennedy: Inicio, Lanzamento e produción, Coleccionismo 
Moeda de medio dólar estadounidense

Desde 1964
Sucesor:
En uso

Tags:

Medio Dólar Kennedy InicioMedio Dólar Kennedy Lanzamento e produciónMedio Dólar Kennedy ColeccionismoMedio Dólar Kennedy NotasMedio Dólar Kennedy Véxase taménMedio Dólar KennedyIn God We Trust

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ponte das PíasÁcido undecanoicoPili PampínEuropaArtigo (gramática)MitocondriaLingua inglesaÁcido behénicoBrasilDólar estadounidenseWilliams Grand Prix EngineeringCastro de BorneiroNordés (vento)IstambulVía da pentosa fosfatoGripeCabassous unicinctusOpisthocomiformesCentrocampistaMcLarenTeatro de EpidauroAparello dixestivoCopia por contactoGran Premio de Abu Zabi de 2013National Security AgencyProvincia da CoruñaMaría do Socorro Ortega RomeroRafael NadalHaile GebrselassieEucaliptoLuis ZaheraFundación WikimediaLista de concellos de OurenseActinopterygiiJosé Luis GilRaleigh, Carolina do NorteMarylandNorth American Racing TeamTerreo (xeoloxía)Carlos de Matos GomesBeta-oxidaciónGuepardoMukhannathunBlastocistoKagoshimaPlayoffs NBA 2021Santiago de CompostelaA Dictionary of Greek and Roman AntiquitiesProteína ATMRamiro CarregalAnimalInlativoArmeniaAletaProvincias de EspañaTroitaLista de nomes femininos en galegoContratoBrendon HartleyMediana (xeometría)Castro de Punta do BicoOurenseNvidiaAeroporto de Reiquiavik-KeflavíkPaís VascoFernando Salgado GarcíaAd libitumApp StoreWorld Trade Center (1973–2001)Sauber F1Fonoteca 92Renacemento carolinxioManzanedaHarry BelafonteLista de ríos de GaliciaCorrente do GolfoEdgar Ende🡆 More