Mcdonnell Douglas Dc-9

O McDonnell Douglas DC-9 (inicialmente coñecido como Douglas DC-9) é un avión de pasaxeiros bimotor de fuselaxe estreita.

Foi deseñado por Douglas para voos curtos en rutas de alta frecuencia e realizou o seu primeiro voo o 25 de febreiro de 1965. O derradeiro DC-9 entregouse en outubro de 1982.

McDonnell Douglas DC-9
Mcdonnell Douglas Dc-9
DC-9 da aeroliña italiana Itavia
Tipopasaxeiros
FabricanteDouglas Aircraft, McDonnell Douglas
Primeiro voo25 de febreiro de 1965
Introducido8 de decembro de 1965 con Delta Air Lines
Estadoen servizo
Produción1965 - 1982
Unidades construídas976
VariantesMcDonnell Douglas C-9
McDonnell Douglas MD-80
McDonnell Douglas MD-90
Boeing 717

A serie 10 ten 32 metros de longo e unha capacidade típica de 90 pasaxeiros. A serie 30 é 4,5 metros máis longa, ten máis envergadura e motores máis potentes e pode levar 115 pasaxeiros. A serie 20 ten a mesma fuselaxe que a serie 10, motores máis potentes e as ás da serie 30. A serie 40 ten unha fuselaxe 2 metros máis longa e unha capacidade para 125 pasaxeiros. A serie final, a 50, é 2,5 metros máis longo e pode transportar a 135 pasaxeiros. As variantes máis pequenas competían cos BAC One-Eleven, Fokker F28 e Sud Aviation Caravelle, e as máis grandes co Boeing 737 orixinal.

O DC-9 foi seguido pola serie MD-80 en 1980, un DC-9-50 alongado coas ás tamén máis longas e un maior peso máximo de engalaxe. Este evolucionou cara ao MD-90 a principios dos anos 90, cunha maior lonxitude, motores turboventiladores IAE V2500 e unha cabina de voo actualizada. O Boeing 717 foi a derradeira variante da familia e trátábase dun MD-95 máis curto con motores Rolls-Royce BR715 que sería fabricado por Boeing tras a fusión con McDonnell Douglas en 1997. Coas últimas entregas do 717 en 2006, a produción da familia DC-9/MD-80/90/717 rematou despois de 41 anos con preto de 2 500 unidades fabricadas.

Deseño e desenvolvemento

Orixes

Durante os anos 50 Douglas Aircraft estudou un avión de pasaxeiros de curto a medio alcance para complementar ao seu avión de máis capacidade e alcance DC-8. Estudouse o catrimotor de medio alcance Model 2067 pero non recibiu o suficiente interese por parte das aeroliñas, polo que foi abandonado. En 1960 Douglas asinou un contrato de dous anos con Sud Aviation para cooperación técnica. Douglas comercializaría e apoiaría o Sud Aviation Caravelle e fabricaría unha versión baixo licenza se as aeroliñas mercaban grandes números do aparello. Non foi pedido ningún e Douglas regresou aos seus estudos de deseño despois de que o contrato rematase.

A primeira versión dos estudos sentaba a 63 pasaxeiros e tiña un peso de 31 300 kg. Este deseño cambiou para converterse na variante inicial do DC-9. Douglas aprobou producir o DC-9 o 8 de abril de 1963. A diferenza do seu competidor e máis grande trirreactor Boeing 727, que usou tantos compoñentes do 707 como puido, o DC-9 era un deseño totalmente novo. O DC-9 tiña dous turboventiladores Pratt & Whitney JT8D montados na cola, ás eficientes e relativamente pequenas, e unha cola en T. A FAA limitou o seu peso de engalaxe a 36 300 kg para unha tripulación de voo de dúas persoas polas regulacións do seu tempo. A súa cabina de pasaxe tiña filas de cinco asentos que podían sentar entre 80 e 135 pasaxeiros dependendo da versión e da configuración.

O DC-9 deseñouse para rutas curtas e medias, para operar en pequenos aeroportos con pistas curtas e menor estrutura en terra que os grandes aeroportos servidos polos máis grandes Boeing 707 e Douglas DC-8. Buscouse a accesibilidade e características para operar en pistas curtas. Os tempos entre voo e voo simplificáronse con escaleiras incorporadas no avión, incluída unha na cola, que acurtaban os tempos de embarque e desembarque.

A montaxe dos motores na cola axudaba a ter unha á limpa sen góndolas, o cal tiña moitas vantaxes. Os flaps podían ser máis longos, sen obstáculos polas góndolas no bordo de ataque e sen preocupacións polo chorro dos motores no bordo de saída. Este deseño simplificado melloraba o fluxo de aire a baixas velocidades e permitía menores velocidades de engalaxe e aproximación, reducindo así os requirimentos de lonxitude da pista e mantendo a estrutura da á lixeira. Outra vantaxe dos motores na cola era a redución de danos por inxestión de obxectos estraños procedentes da pista. Porén, nesta posición os motores podían inxerir xeo procedente das raíces das ás. Ademais, a ausencia de motores baixo as ás permitía que a fuselaxe estivese nunha posición máis baixa, facéndo o avión máis accesible aos pasaxeiros e aos traballadores encargados da equipaxe.

O problema de perda profunda, revelado polo accidente do prototipo do BAC One-Eleven en 1963, solucionouse con varios cambios, incluída a introdución de vortilóns, pequenas superficies debaixo do bordo de ataque das ás usados para controlar o fluxo de aire e incrementar a sustentación a baixa velocidade.

Produción

O primeiro modelo de produción do DC-9 fixo o seu voo de estrea o 25 de febreiro de 1965. O segundo DC-9 voou poucas semanas despois e no mes de xullo dese ano a compañía tiña unha frota de cinco avións de proba. Isto permitíulle á serie 10 inicial conseguir a certificación o 23 de novembro de 1965, e entrar en servizo con Delta Air Lines o 8 de decembro. Dende un principio pensouse en que o DC-9 estivese dispoñible en varias versións para satisfacer as distintas demandas dos clientes. A primeira versión alongada, a serie 30, cunha fuselaxe e unha á máis longa, voou o 1 de agosto de 1966 e entrou en servizo con Eastern Air Lines en 1967. A serie inicial foi seguida polas melloradas series initial 20, 30 e 40. O derradeira versión foi a DC-9-50, que voou por primeira vez en 1974.

O DC-9 foi un éxito comercial, fabricándose un total de 976 unidades ata que a súa produción rematou en 1982.

Notas

Tags:

Mcdonnell Douglas Dc-9 Deseño e desenvolvementoMcdonnell Douglas Dc-9 NotasMcdonnell Douglas Dc-91965198225 de febreiroDouglas Aircraft Company

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xogo da chaveMiguel Ángel Zabalza BerazaEsvásticaAmador Víctor GonzálezAlfonso RuedaBilbaoXurxo de CapadociaVox populiCanle (comunicación)Mecanismo de AnticiteraManuel Lago GonzálezPaco LodeiroMaruca do MediterráneoDomingo de AndradeEscudo de GaliciaBoyanka Kostova (grupo musical)Ana Belén FortesGrândola, Vila MorenaNintendo DSGarcilaso de la VegaMortalidade infantilConcellos de GaliciaAlicia BorrásVilagarcía de ArousaEstrella Galicia20 de setembroJosé Rodríguez Martínez (médico)Álvaro CunqueiroFrancisco Fernández del RiegoOcéano ÍndicoOs verbos regulares galegosIlla de SálvoraIrene MonteroAmorodeiraXosé Luís Franco GrandeJulián ElviraPaleolíticoPrimeira división española de fútbolDigital object identifierRefraneiro galego sobre o mes de maioNigránCalendario gregorianoPremio Nacional de Literatura de EspañaKReal Academia GalegaCharles DarwinManuel Curros EnríquezAdolf HitlerGabriel García MárquezXabier DeiveAntón Losada DiéguezHans ZimmerReal Club Celta de VigoAccidente de ChernóbilConcha BuikaJosé María CanedaEva MejutoRaúl Soutelo VázquezAriadna Fernández GonzálezXogos Olímpicos de 2004CaralloAlexandre o GrandeGonzalo LouzaoPremios Follas Novas do Libro GalegoAlmudena ChacónPosición do coito lateralCarles PuigdemontDesviación típicaProvincia da CoruñaLuísa VillaltaO Pedrouzo, Arca, O PinoMarina Castaño🡆 More