Masito: Pintor galego

Manuel Emilio Aristóteles Beiró Martínez, máis coñecido como Masito, nado na Trabanca (Padrón) o 10 de xaneiro de 1955, é un xornalista, pintor, ilustrador e cartelista galego.

Infotaula de personaMasito
Masito: Traxectoria, Notas, Véxase tamén
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(mul) Manuel Emilio Aristóteles Beiró Martínez Editar o valor em Wikidata
10 de xaneiro de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , cartelista , ilustrador , xornalista Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioMasito Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Masito: Traxectoria, Notas, Véxase tamén Editar o valor em Wikidata

BUSC: beiro-masito-1955 Dialnet: 5674220

Traxectoria

É fillo do pintor Manuel Beiró Buxán. No ano 1963 acadou o primeiro premio de pintura infantil organizado polo xornal La Voz de Galicia e participou nunha exposición colectiva de novos valores na Coruña, no local A Terraza. Foi bolseiro da Escola de Artes Mestre Mateo e diplomouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.

Traballou como xefe de prensa do concello de Padrón e como xornalista na axencia EFE. Foi tamén correspondente do xornal El Correo Gallego dende 1986 ata 1990, foi director fundador da revista Petroglifo da Asociación Galega de Artes Gráficas, traballou en programas de radio e participou en diversos ámbitos culturais da vila padronesa.

Unha escolma da súa obra foi exposta na Bienal do Convento do Carme de Padrón, e no certame de pintura Bello Piñeiro de Ferrol. Participou en exposicións en Rianxo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Arte-Mostra Santiaguiño, O Courel e Forcarei.

Realizou a ilustración dos libros Pseudopoesía: ala Costa de la muerte: marineras (1978) de Arturo Romaní; Paixón e vida dun poeta (1981) e Almenar poético (1985) os dous de Maximino Castiñeiras; Balada do vento na ría (1987) de Xesús Santos; Diáspora.com (2002) de Xosé Manuel Lobato e mais no primeiro libro editado do certame de poesía Rosalía de Castro, con Wiki Galegolimiar de Méndez Ferrín, da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà en 1992.

Tras facer Laxeiro a portada do primeiro número, fixo a portada do seguinte número da revista Olláparo (1984) de Cedeira, con limiar de Carlos Casares. Ilustrou a portada da revista Lúa Nova da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà e para a revista Ólisbos (1990) creou o retrato do escritor Miquel Àngel Riera. Foi autor de numerosos carteis de festas, como os da Pascua de Padrón, A Anguía de Valga, Corrubedo, o Congreso do Deportivo da Coruña (1999), o Irmandamento Noirmountier (1993) etc.

Fixo ó longo da súa carreira como pintor diversas exposicións individuais, dende París a Barcelona, Noirmoutier-en-l'Île ou Buenos Aires. Malia padecer unha enfermidade dexenerativa da mácula ocular continúa a pintar.

Velaquí a presenza do home e mais da arte: este Masito Beiró que, como ben ensinado, afirma e expande todo un espírito e unha vontade: a de sermos. Velaquí o padronés que ilustra poesías e conciencias, aquel que leva como poucos o selo da súa e da nosa terra, o que soubo herdar pinceis e lapis, e tardes e noites de traballo e entrega. Védeo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Masito TraxectoriaMasito NotasMasito Véxase taménMasito10 de xaneiro1955A Trabanca, Padrón, PadrónCartelIlustración (deseño gráfico)PadrónPintorXornalista

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Moulin RougeFC Ilves (feminino)Candela PeñaEnsaio (literatura)Carlos CasaresRibeiraXabier FortesEscáncerXosé Luís BernalNacho VegasÁcido dipicolínicoDelfínEva Iglesias MiguénsLuís Pérez BarralGonzalo Pérez JácomeZeca AfonsoRataBipartito galegoCromosoma homólogoEstanislao FiguerasBlogNoiaPedro RieloRibadeoLugoSalgueiro MaiaFollas novasSonDeSeuLista de voces dos animaisProvincias de EspañaPortugalÁngel CarracedoQueiroaPontevedraRamón CabanillasCunnilingusPalauPonte 25 de AbrilAntónio de Oliveira SalazarPablo MartinezPrestigeTeoría de númerosEleccións municipais en SadaCuarzoO porco de péLista de programas de Televisión EspañolaAlberte PagánLista de estacións de tren de GaliciaBigues i Riells del FaiDoenza de Paget de mamaXabier DíazXinzo de LimiaAC-312Literatura galegaConceyu BableMaría Antonieta de AustriaMaría JamardoAgustín Fernández PazVictoria Núñez LópezEspañaTemplo expiatorio da Sagrada FamiliaClara CampoamorLuís SeoaneHorteláPecados capitais2015Ludwig van BeethovenGalaicosInstagramSubgrupoDiglosia🡆 More