María Jesús San Segundo

María Jesús San Segundo Gómez de Cadiñanos, nada en Medina del Campo (Valladolid), o 25 de marzo de 1958 e finada en Madrid o 17 de decembro de 2010, foi economista especializada eneducación e Ministra de Educación e Ciencia de España desde o 17 de abril de 2004 ata o 11 de abril de 2006.

Infotaula de personaMaría Jesús San Segundo
María Jesús San Segundo
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1958 Editar o valor em Wikidata
Medina del Campo, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de decembro de 2010 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
María Jesús San Segundo Minister of Education and Science (en) Traducir
18 de abril de 2004 – 11 de abril de 2006
← Pilar del Castillo, Juan Costa Climent (en) TraducirMercedes Cabrera → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco
Universidade de Princeton Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , profesora universitaria , diplomática , economista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Carlos III de Madrid
Universidade do País Vasco Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria

María Jesús San Segundo cursou estudos en Burgos e en 1980 licenciouse en Ciencias Económicas na Universidade do País Vasco, con Premio Nacional de Terminación de Estudos. En 1982 completou o mestrado en Economía na Universidade de Princeton (Nova Jersey), e alí obtivo, en 1985, o Doutoramento en Economía coa tese titulada Empirical Studies of Quality of Schooling.

Á marxe da política, a súa carreira estivo vencellada ó mundo da educación. Antes de ser nomeada ministra era vicerreitora da Universidade Carlos III de Madrid, á que seguía unida, ata a súa morte, como profesora.

Na Universidade

Foi bolseira do Centro de Formación do Banco de España entre 1982 e 1984 e profesora titular de Economía nas Universidades do País Vasco e Carlos III de Madrid. Entre 1994 e 1996 desempeñou o cargo de asesora do Secretario de Estado de Universidades e Investigación e entre 2000 e xaneiro de 2004 foi vicerreitora de Estudantes na Universidade Carlos III de Madrid.

María Jesús San Segundo foi tamén vicepresidenta da Asociación de Economía da Educación (AEDE), membro do Comité Executivo da European Access Network e membro do Advisory Committee for the Centre for Research in Lifelong Learning (UK). Formou parte do Consello Asesor do Journal of Widening Participation e de Facenda Pública Española.

Foi autora de varias publicacións e numerosos artigos sobre economía da educación, financiamento da ensino, avaliación do sistema educativo, rendemento académico, igualdade de oportunidades e acceso ao ensino etc.

Carreira política

En 2002 foi designada vogal do Consello de Coordinación Universitaria, polo Congreso dos Deputados a proposta do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), e en xaneiro de 2004 foi designada membro do comité de asesoramento ao candidato á Presidencia do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, co labor de colaborar no deseño do modelo do futuro goberno socialista, no seu código ético e nas súas prioridades.

Tralas eleccións xerais de 2004, San Segundo é nomeada Ministra de Educación e Ciencia. Durante esta etapa centrou o seu labor en dúas grandes reformas educativas, a Lei Orgánica de Educación (LOE), aprobada no Congreso dos Deputados o 6 de abril de 2006, e a modificación parcial da Lei Orgánica de Universidades (LOU).

O 7 de abril de 2006 anunciouse a súa substitución do cargo por Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo por mor da remodelación do Goberno trala dimisión de José Bono. A súa substitución fíxose efectiva o 11 de abril de 2006.

Tras a súa saída do Goberno de España, María Jesús San Segundo foi nomeada embaixadora-representante permanente de España ante a UNESCO, cargo político que desempeñou ata o 16 de novembro de 2010, un mes antes do seu falecemento, cando foi substituída por Ion de la Riva Guzmán de Frutos.


Predecesor:
Pilar del Castillo
 María Jesús San Segundo 
Ministra de Educación e Ciencia de España
 
2004 - 2006
Sucesor:
Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo

Notas

Tags:

María Jesús San Segundo TraxectoriaMaría Jesús San Segundo NotasMaría Jesús San Segundo11 de abril17 de abril17 de decembro195820042006201025 de marzoEconomistaEspañaMadridMedina del CampoMinisterio de Educación e Ciencia de EspañaProvincia de Valladolid

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Mario de LangulloCentro público integradoMarta Fernández-TapiasSantiago de CompostelaJosé Pablo del Bado RivasDíptico dos Nicómaco e dos SímacoXiros idiomáticos galegosConverxencia Nacionalista GalegaTrasar de Carballo, Cartelos, CarballedoOutonín, San Cristovo de Lóuzara, SamosMichael JacksonLuis Zahera1914Nanina SantosJosé Luís Valladares FernándezChairaCamilo Díaz BaliñoFausto CercignaniFuxan os VentosEstatua de Che Guevara en OleirosImma António SoutoBelén RegueiraLingua francesaCultura castrexaLaura FalcóThe ArtistXabier MaceirasTrackbackDereitos humanosVacaMarta Darriba8ViticulturaTrigoLobishomeVenresSalgueiroMicción1936Subdivisións da IndiaPontevedraFelipe Senén LópezMarina CastañoMaría PitaAlfonso Basterra CamporroOrdoño III de LeónColin FirthLingua casteláXornalismo1994Unión EuropeaDSão Paulo1825Alexandre BóvedaNervio ópticoAdolfo GacioNacho CastañoPanteón Real da Catedral de SantiagoSuso DíazAntonio López DíazRicardo Carballo CaleroMarián Ferreiro DíazMaría CanosaJuan Carlos Rodríguez CebriánMitoloxía galegaAbraham BobaChatGPTRubén Arroxo15HomosexualidadeRomán Rodríguez GonzálezChimpínGuerra da Tripla Alianza🡆 More