Manuel Amor Meilán: Antropólogo, periodista, poeta, novelista, dramaturgo e historiador galego

Manuel Pascual Amor Meilán, nado na Coruña o 31 de xaneiro de 1867 e finado en Lugo o 9 de decembro de 1933, foi un antropólogo, periodista, poeta, novelista, dramaturgo e historiador galego.

Infotaula de personaManuel Amor Meilán
Manuel Amor Meilán: Traxectoria, Obras, Notas
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xaneiro de 1867 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de decembro de 1933 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropólogo , novelista , dramaturgo , poeta , xornalista , historiador Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 12786 Dialnet: 1818462

Traxectoria

Traballou como funcionario na Deputación de Lugo. Foi redactor e despois director durante vinte anos de El Regional, dirixiu a efémera La Ilustración Gallega e tamén dirixiu o xornal La Provincia. Colaborou noutras publicacións como La Ilustración Artística, Revista de España, La Ilustración Ibérica.

Investigou a existencia humana en covas (como a cova do Rei Cintolo de Mondoñedo) nas fases interglaciares cuaternarias, seguindo a investigación de José Villaamil Castro. Cría na orixe céltica de castros e mámoas, e opinaba que "modernas investigacións antropológicas certifican a raza alpina o céltica en Galicia", afirmación contida en Historia de la provincia de Lugo (1918). Outras obras inclúen a Geografía General del Reino de Galicia, xunto con numerosos artigos en galego e castelán en diversos xornais e publicacións, usando nalgún momento o alcume de Manuel Molina Mera.

Tamén ten obra literaria. Foi un dos primeiros escritores en escribir novelas en galego, ademais de publicar numerosos relatos n' O Tío Marcos da Portela e outras publicacións.

Fundador da Real Academia Galega en 1905, tamén foi membro da Academia de Belas Artes de San Fernando, da A.B.A. de Barcelona, da A.B.A. e Ciencias de Toledo e da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.

Manuel Amor Meilán: Traxectoria, Obras, Notas 
Suriña, 1913.

Obras

Manuel Amor Meilán: Traxectoria, Obras, Notas 
Geografía General del Reino de Galicia dirixida por F. Carreras y Candi. Provincia de Lugo por Manuel Amor Meilán, 1928.

En galego

  • Treboadas, 1884 (poesía)
  • Xuana, novela de costumes gallegas, 1886, O Galiciano (novela)
  • Os fillos da praia, 1887 (novela)
  • Reinar despois de morrer, 1897

En castelán

  • Mendo de Maceda o los amores de un noble, 1882 (novela)
  • Justicias y crueldades, 1883 (novela)
  • Desde la honradez de un crimen, 1884 (novela)
  • Pedro Madruga, 1887 (poesía)
  • Amante, esclava y verdugo, 1888 (novela)
  • Dolores, Álbum de mi hija, 1890
  • Sol y sombra. Cuentos y paisajes, 1893
  • El último hijodalgo, 1893, Biblioteca Gallega (relatos)
  • Gregorio Hernández (El Murillo de la escultura), 1898 (ensaio)
  • Santa Trahamunda, 1900
  • Galicia en el teatro antiguo, 1902
  • Influencia de la dominación musulmana en Galicia, 1902
  • Floralba, 1902 (poesía)
  • La cadena, 1905
  • La bella Cintia, 1907
  • Cuentos y Romances, 1907 (narrativa e poesía)
  • El obispo de Orense D. Pedro Quevedo y Quintano como patriota y como político, 1908
  • Memoria crítico-bibliográfica sobre el teatro regional gallego, 1912
  • Suriña, Biblioteca de Escritores Gallegos, 1913 (novela).
  • Romances, 1916
  • Historia de la provincia de Lugo, 1918-27, 7 volumes
  • Geografía General del Reino de Galicia (Tomo IV, provincia de Lugo; 1928)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Manuel Amor Meilán TraxectoriaManuel Amor Meilán ObrasManuel Amor Meilán NotasManuel Amor Meilán Véxase taménManuel Amor Meilán1867193331 de xaneiro9 de decembroA CoruñaAntropoloxíaGalizaLugo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Estadio Municipal de RiazorThomas Alva EdisonRaposo comúnFederico García LorcaColocación do pronome átono en galegoMoción de confianzaRibeiraBolboretaTito ValdésGalaicosXiros idiomáticos galegosBeraMiss Vaca (certame)Ferrer BassaCarlos SoberaLeninHarry StylesMilánMañónReal Club Celta de VigoEnsaio (literatura)Mártires de CarralEcce HomoFran AlonsoFigueresReino de GaliciaLista de nomes masculinos en galegoCanle (comunicación)El Pueblo GallegoEstados Unidos de AméricaReal Academia GalegaAsalto do bou EvaSan PetersburgoISBNFernando AlonsoLista de palabras galegas de orixe celtaMúsica tradicional galegaFlora invasora de GaliciaRías Baixas (serie de televisión)Mecanismo de AnticiteraSusana FortesConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesHard GZClara CampoamorJude BellinghamMamen MendizábalBronceNova YorkGuerra civil españolaEmilio Pérez TouriñoCabo Norte, NoruegaMichael JacksonHans ZimmerSupermanHistoria de GaliciaAustraliaMaruxa MalloVila Nova de CerveiraPere Pau Ripollès AlegreHomosexualidadePoesíaSistema operativoPontedeumeEditorial GalaxiaMarmelo (doce)Mauro ScaloniLuisa CarnésPili PampínÑLeninismo🡆 More