Man De Irulegi: Artefacto arqueolóxico vascón

A man de Irulegi (en éuscaro: Irulegiko eskua) é un obxecto arqueolóxico atopado nun poboado da Idade de Ferro, século -I, situado ao pé das ruínas do castelo de Irulegi en Lakidain, no concello de Aranguren, preto de Pamplona, en Navarra.

Man de Irulegi
Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación
Material:Bronce
Peso:35,9 gr
Medidas:143,1 x 127,9 x 1,09 mm
Ano da descuberta:2021
Lugar:Aranguren, Navarra Navarra
Data:século -I
Civilización:Vascóns

Trátase dunha placa de bronce en forma de man estendida en cuxo dorso figura unha inscrición de catro liñas escrita, segundo os expertos, en antigo aquitano (tamén chamado vascónico), xa que a primeira palabra puido traducirse por comparación coa lingua éuscara actual. Foi atopada en 2021 e presentada ao público en novembro de 2022, causando grande expectación por ser a inscrición máis antiga atopada neste idioma. O poboado, escavado e estudado pola Sociedade de Ciencias Aranzadi baixo a dirección de Mattin Aiestaran, foi incendiado no contexto da guerra sertoriana.

Achado

Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación 
Sitio arqueolóxico e castelo.

A Sociedade de Ciencias Aranzadi realizou traballos de recuperación do castelo medieval, e a partir de 2017 localizou, ao pé do castelo, un poboado da Idade de Ferro datado no século I a. C., que se atopa en territorio que as fontes clásicas atribuían aos vascóns. O poboado foi abandonado tralo incendio que sufriu no contexto da guerra de Sertorio. O sitio arqueolóxico foi escavado e estudado por Aranzadi dende ese ano, e nel atopáronse multitude de pezas arqueolóxicas.

O 14 de novembro de 2022, o Goberno de Navarra comunicou oficialmente un achado de excepción realizado en devandito lugar. Na campaña, dirixida por Mattin Aiestaran, atopouse unha peza de bronce con forma de man dereita estendida, cunha escritura no dorso realizada en caracteres paleohispánicos, anterior á chegada dos romanos á península. A lingua empregada nela foi definida polos especialistas en epigrafía paleohispánica e lingüística indoeuropea Javier Velaza e Joaquín Gorrochategui como «vascónico», e relacionada coa lingua éuscara actual.

A man de Irulegi foi atopada pola arqueóloga Leire Malkorra o 18 de xuño de 2021 baixo o adobe dos muros das vivendas derruídas tras ese feito bélico, e foi depositada no Departamento de Restauración do Goberno de Navarra. O 18 de xaneiro de 2022, no proceso de limpeza e restauración que levaba a cabo Carmen Usúa, esta atopou unha serie de raias e puntos que, examinados con detalle, deron como resultado a identificación de texto na peza de bronce.

Descrición

Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación 
Calco da peza.

A peza arqueolóxica en cuestión representa unha man dereita estendida duns 14,5 cm de lonxitude, recortada dunha lámina de bronce, cuxa pátina contén un 53,19 % de estaño, un 40,87 % de cobre e un 2,16 % chumbo, algo que é adoito en aliaxes moi antigas. Contén uns 40 signos, que corresponden a cinco palabras, distribuídos en catro liñas. É lisa polo lado da palma, mentres que no dorso presenta a forma das unllas, aínda que no se atoparon as correspondentes cos dedos anular, maior e índice. No centro do extremo achegado ao pulso hai unha perforación de 6,51 mm para clavala nunha madeira. As súas medidas son: 143,1 mm de altura, 1,09 mm de grosor, 127,9 mm de anchura e 35,9 g de peso.

Liña Escritura paleohispánica Transcrición
1 Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación  sorioneku · {n}
2 Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación  tenekebeekiŕateŕe[n]
3 Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación  oTiŕtan : eseakaŕi
4 Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación Man De Irulegi: Achado, Descrición, Interpretación  eŕaukon :

O texto pódese transcribir a partir do sistema da escritura ibérica nororiental. Porén, o signo con forma de T latina, que aparece na segunda posición da terceira liña, non é un signo ibérico nin aparece noutras inscricións ibéricas; unicamente se viu en moedas de dúas cecas vascoas, que rezan: oTtikes e uTanbaate.

Os signos do final da segunda liña aparecen amoreados, polo que se entende que o n que aparece por enriba, na primeira liña, escribiuse aí porque ao escriba xa se lle acabara o espazo na segunda liña, mais en realidade continúa a palabra [...]teŕe[n].

Interpretación

Un xeólogo, dous arqueólogos, unha restauradora e dous lingüistas explican o descubrimento e a súa importancia (en éuscaro e castelán).

A transcrición dos caracteres atopados na peza deu o resultado de poder entender a primeira palabra dende a semellanza co éuscaro actual. Dita palabra transcríbese como «SORIONEKU», relacionada co actual zorioneko, que en galego é «ditoso, avegoso ou afortunado». O resto do texto aínda está sen descifrar.

Esta palabra convértese no primeiro texto escrito en lingua vascónica e ademais escrito nun signario que é tamén vascónico, cun sistema gráfico derivado do sistema ibérico, ao que se engadiu ou adaptou algún signo para marcar algún son ou fonema vascónico que non existe no signario ibérico.

Interprétase como unha epígrafe ritual de boa fortuna colocada na entrada dunha vivenda, semellante ás existentes en moitos lugares que sobreviviron até a actualidade. Para o gravado dos caracteres utilizáronse dúas técnicas de escritura diferentes, o cal é descoñecido na epigrafía antiga do mundo occidental. O gravado realizouse mediante a técnica coñecida como «puntillado», mais antes de realizalo trazáronse esgrafiadas, incisións realizadas no bronce cun instrumento punzante.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Man De Irulegi AchadoMan De Irulegi DescriciónMan De Irulegi InterpretaciónMan De Irulegi NotasMan De Irulegi Véxase taménMan De IrulegiArangurenIdade de FerroLingua éuscaraNavarraPamplonaSéculo -I

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xeración dos 80Gabriel RufiánElvira Fernández BalboaCaquetáBala (grupo musical)TwitterPardo de CelaIndiaMarçal MolinéÁlvaro Porto DapenaRaquel Castro MartínezPablo MartinezAbrilLista de presidentes da República PortuguesaMíster EspañaEnsaio (literatura)Ricardo BeirasYouTubePortugalDiego AnidoA EstradaRevolución dos CaraveisAntón Villar PonteFernando AlonsoGran Guerra IrmandiñaMalena AlterioVáknerEsperantoMiguel SolísLista de episodios de DoraemonDiego Rivas RegoCoordenadas xeográficasLipoproteína de BraunRosario Porto OrtegaLino LópezPere Pau Ripollès AlegreNeptunopxhj6De NinghuresPapuxa das amorasIrene FerrerasHJuan Jacobo Durán LorigaSan PetersburgoDavid SuchetFalange EspañolaTeoría de númerosFernando Salgado VarelaMártires de CarralVento feridoTonhito de PoiPampallínFederico García LorcaVichelocregoMamen MendizábalRamiro CarregalAccidente de ChernóbilCabo Norte, NoruegaWikipediaThe HivesLontreiraPablo EscobarFesta dos maiosPortadaLista de palabras galegas de orixe celtaVoleibolFesta da Palabra SilenciadaToniña comúnDiáspora galegaBortziriakO GroveRefraneiro galego sobre o mes de maioPaspallásDos arquivos do trasnoBigues i Riells del Fai🡆 More