Vascóns

Os vascóns (ou tamén en latín gens vasconum - pobo dos vascóns) foron un pobo da Idade Antiga cuxo territorio abranguía en tempos dos romanos dende o alto val do río Ebro e a vertente peninsular dos Pireneos occidentais, a rexión que se corresponde na época contemporánea coa práctica totalidade de Navarra e áreas do noroeste de Aragón e nordés de A Rioxa.

Vascóns
Localización da tribo dos vascóns.
·Vermello: Tribos preindoeuropeas
·Azul: Tribos celtas

Os vascóns, que alcanzaron un elevado grao de integración no mundo romano especialmente nas terras chairas, ribeiregas do río Ebro e nas áreas na contorna dos seus asentamentos de Pompaelo e Oiasso, poboaron a rexión máis norteña e montañosa, coñecida como o Vasconum Saltus, durante a crise económica e social que acompañou á descomposición do Imperium e a presión causada polas grandes migracións de pobos xermánicos e eslavos de comezos do século V, entrando posteriormente en conflito en diversas ocasións cos reinos dos visigodos e francos formados en ambas as dúas vertentes dos Pireneos.

Trala invasión musulmá da Península Ibérica a comezos do século VIII, que resultou na disolución da Hispania visigoda e a retirada parcial dos gobernadores francos ao norte de Aquitania, os descendentes vascóns, que adoptaran o cristianismo durante o baixo imperio, reorganizáronse cara ao século IX ao redor das entidades feudais do ducado de Vasconia, na área de Gascuña, e a do reino de Pamplona. A derradeira entidade daría orixe durante a Idade Media ao reino de Navarra.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Vascóns NotasVascóns Véxase taménVascónsA RioxaAragónEbroIdade AntigaImperio RomanoLingua latinaNavarraPenínsula IbéricaPireneos

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Alfonso Basterra Camporro1615María JamardoOs EoasJuan CorralBasílica de San PedroÁlex FidalgoBertizarana1352ExtremoduroGonzalo de MondoñedoAmieiroGroenlandiaMoinanteSydney SweeneyBCaravaggioLuís SeoaneGeographic Names Information SystemCastiñeiroToc TocFrancisco II da BretañaMadonnaBoyanka Kostova (grupo musical)Nacho CastañoBala (grupo musical)Unión monetariaDaniel de la TorreArzúaCastelo da PicoñaArou, Camelle, CamariñasRajadellEDUGAHindemburg Melão Jr.Mahathir bin MohamadDisco de viniloJAlbaricoqueLingua galegaCastorArgimiro Marnotes FernándezAquí no hay quien vivaCanovelles900Manuel Curros EnríquezJosé López CamposEva MejutoEcuación de PellSnookerVictoria KamāmaluDavid PerdomoAntón LamazaresAudrey HepburnCaso Asunta BasterraMarmelo (doce)800Israel376SalgueiroMúsica dos países islámicosPotaErnesto ValverdeLabios (xenitais)Chiclana de la FronteraRafael ChirbesHerba de Nosa SeñoraDistritos de PortugalXosé Neira VilasRocío Jurado🡆 More